22 mar 2011

Orde de desaloxo pra Casa das Atochas



Xa é oficial, tra-la denegación do recurso por parte da audiencia provincial, a xuíza que instrúe o caso ordena desaloxar a okupa coruñesa Casa das Atochas. Segundo a providencia enviada á policía, a partires do mércores 23 o desaloxo podería ser en calquera momento.
Estade atentos a próximas convocatorias porque nunca antes este proxecto precisou tanto da solidariedade dos seus amigos.
Primer comunicado dos okupas:


Xa está en curso (a partir de mañá mércores 23 de marzo) a medida cautelar (orde de desaloxo) decretada contra a Casa das Atochas.
Nunha decisión, dende unha perspectiva legal, polémica -semella que o ideolóxico e o técnico van desligados-, a xuíza do xulgado número 5 de instrucción da Coruña decidiu non ter en conta o escrito de Nulidade de actuación presentado, onde se amosa o abuso de dereito perpetrado pola mesma xuíza.

A Casa das Atochas, xurdida no ano 2008, hai agora máis de 3 anos, como un espazo aberto, un lugar liberado onde conviven acción e reflexión, capaz de enfrontarse con decisión aos valores e feitos que desembocaron na grave crise socioeconómica e política que hoxe domina a sociedade, está pois en perigo de desaparición.
Pese a todo, decidimos manter a actividade mañá mércores día 23 de marzo do xantador popular e a jam-session previstas, agora trasladadas ao exterior para facer visible a nova situación plantexada.
Estades tod@s convidados a este exercicio de desobediencia e celebración doutro tipo de sociedade

Os nosos soños son os seus pesadelos
A casa das Atochas non se desaloxa

No hay comentarios:

Publicar un comentario