29 mar 2011

Novas tra-la orde de desaloxo da Casa das Atochas (Coruña)

Xa hai máis dunha semana que entrou en vigor a orde emitida polo xulgado Nº5 de A Coruña pra que a policía desaloxe pola forza o C.S.O. A Casa das Atochas. Onte os okupas souberon que a Audiencia Provincial mantiña a medida cautelar pese a admitir a trámite o recurso de nulidade que presentaron, cousa rara e contradictoria, dende logo, pero coa “xustiza” nos topamos.
A okupa, pese a todo, mantén as súas actividades, pasándose polo arco do triunfo (ou pola porta do cagadoiro) as súas ordes, autos e providencias, xa sexan estas divinas ou xudiciais; mesmo trato resérvanlles á xuíza, ó comisario e ó delegado do goberno, ós que, dende eiquí, desexámoslles unha cordial patada no cú.
Curiosamente, o Gabinete de Comunicación do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia enviou hoxe unha “nota informativa” á prensa (que mañá probablemente atoparedes fielmente reproducida en tódolos xornais comerciais e demáis follas paroquiais) na que afirmaba o que sigue:

“Según nos informa el Juzgado de Instrucción número 5 de A Coruña en relación al procedimiento de la Casa Okupa de As Atochas, los denunciados presentaron un incidente de nulidad de actuaciones que la Audiencia Provincial ha desestimado. Previamente, la Audiencia había desestimado también el recurso que los denunciantes presentaron contra el auto donde se ordena el desalojo. Esto significa que se sigue adelante con la mencionada orden de desalojo, que el Juzgado desconoce cuando se llevará a cabo.”

Pois ben, esa información é FALSA (ainda que pra o caso échenos o mesmo, pois a okupa a van desaloxar igual) posto que o incidente de nulidade SI foi admitido a trámite, aínda que, merced a estrañas piruetas xudiciais, a audiencia provincial mantén a orde de desaloxo. Entre os argumentos empregados pra non suspende-la medida cautelar aluden a posibles danos patrimoniais, que non aparecen na resolución da xuíza que instrúe o caso, así como ó “efecto perverso” da demora da execución da medida. Vai falar de perversión o máis pervertido.
Tamén dase o caso de que as distintas notificacións (a denegación do recurso á orde de desaloxo de decembro, a admisión a trámite da nulidade e a denegación da suspensión do desaloxo) chegan na mesma data (hoxe, 29 de marzo), aínda que a primeira emitíuse o 23 de febreiro e as outras o 24 de marzo.
De tódolos xeitos ó final vai ser o mesmo, e tanto ten o que digan as súas leis e sentencias que, xa dende o comezo, a Casa das Atochas decidiu transgredir e despreciar. O fin e o cabo xa o dixo Galeano: A xustiza é coma as serpes, só morde ós descalzos.

Máis información na páxina da Casa das Atochas

Aquí vai o último panfleto distribuído polos okupas:

Á Casa das atochas chegou un comunicado do grupo terrorista coñecido como "juzgado de instrucción nº5", cun apoio loxístico do concello e do seu alto mandatario Javier Losada, dos medios de comunicación (e manipulación)masiva: La Opinión, La Voz de Galicia... e todo o aparato burocrático-corrupto, comandado por unha tal xuíza dña.Elena Pastor Novo.

Dito comunicado insta xs okupantes do inmoble sito na rúa atocha alta 14, recuperado do abandono en pleno centro da especulación urbanística coruñesa, e propiedade do ben coñecido polas súas fazañas mafiosas no barrio, o sr. Juan Pérez Paz; insta a baleirar, a partires do día 22 de marzo do 2011, dito inmoble de toda iniciativa cultural libre e sen ánimo de lucro, das relacións non mercantís e non lucrativas alí
creadas, para ser reocupado polas ratas ou, no seu defecto, por plans de urbanismo absurdo (qué bonito o Campo da leña, verdade?) cuxo único fin é o lucro doutrxs ratas aínda peores, enmarcándose nas actuacións en pro da aniquilación de toda forma de crítica fronte un orde do que xa xs cidadáns estamos fartxs.

Xs líderes deste comando terrorista ameazan ca irrupción dun continxente de mercenarios das forzas do orde para o desaloxo, en vistas a reinstaurar ese orde que garantiza a nosa liberdade para mercar, para vender, para ser mercadx, para ser vendidx, para perder o tempo co fútbol e non protestar por reformas laborais e outras
fruslerías.

Dende a Casa das atochas non se plantexa sequera o diálogo nin ceder ante as esixencias do devandito grupo terrorista; seguiráse intentando traballar polo goberno do pobo, que nos inclúe a todxs, e non polo que esxs ratas teñen a jeta de chamar, co apoio das masas sometidas, dxs votantes partícipes, do que teñen a jeta de chamar democracia.

Os soños de mundos mellores seguen en pé; tumbemos o seu goberno de mentiras e intereses que camiñan por enriba das persoas.

Uns datos inquedantes sobre os índices de desemprego (segundo semestre do 2010): Túnez 14'7%, Argelia entre o 10 e o 25%, Exipto 9'7 %, España 20'09%, Coruña... porqué seguimos confiando nos políticos e en todo o seu aparato de poder?

No hay comentarios:

Publicar un comentario