26 ene 2011

Texto do Bloque Anticapitalista ante a folga do 27 de Xaneiro (Coruña)


Texto do Bloque Anticapitalista da Coruña chamando a concentración diante do Obelisco as 18:00h do 27 de Xaneiro, día da Folga Xeral:

FOLGA XERAL: 27 DE XANEIRO

O Bloque Anticapitalista enmárcase na tendencia de autonomía e autoxestión como estratexia política para plantar cara ao capitalismo devastador que se nos impón. Somos nós quenes tomamos as nosas decisións, quenes nos organizamos e financiamos con independencia dos partidos políticos e os sindicatos maioritarios.

Chámanos a atención o feito de que os/as reponsabeis políticos continúen a afondar nun sistema económico que nos condea a crisis cíclicas, como a que padecemos, tentando de salvar as contradiccións do sistema capitalista cun capitalismo máis salvaxe e despiadado e provocando o enriquecemento das grandes fortunas a nosa costa. Por exemplo, a lei de reforma das pensións, fará aumentar os beneficios dos xestores dos fondos de pensións privados (bancos e caixas de aforro) a costa de empobrecer as nosas xa moi maltreitas pensións.

Dísenos que a crise é temporal, que todo esforzo ten recompensa, sen embargo sabemos que tódalas reformas que se fan nestos anos, non teñen data de caducidade, a precariedade é o futuro que lles agarda as vindeiras xeneracións, e este modelo económico non vai mudar, se non é pola loita popular.

Como anticapitalistas, consideramos a venda da nosa forza de traballo a cambio dun salario un feito violento. Perdemos a posibilidade de decidir sobre as condicións, os medios, ou as finalidades do propio traballo, fomentando a competición entre os/as traballadores/as en lugar do apoio mutuo e a solidaridade.

Hoxe é necesaria a folga como reacción fronte a estas recentes reformas: reformas laborais, lei de pensións, privatización da sanidade e a ensinanza… É inaceptable que os/as mesmos/as que crean os problemas queiran falsamente aportar as solucións. Manifestámonos dacordo ca urxencia e a resposta social maioritaria deste día, aínda que non entendemos as condicións da mesma. As folgas xerais teñen que ser indefinidas, sen servizos mínimos, condeando a falta de compromiso dos esquiroles con seus compañeiros/as en loita e sen pedir a autorización do goberno. Non teñe sentido pedir permiso o inimigo para loitar contra él.

Tamén queremos alertar ante a crecente represión do estado ante os/as traballadores/as en folga, chegando a decretar o “Estado de Alarma” para abortar unha folga, coa ameaza de penas de cárcere de ata 8 anos. Agora tocoulles os/as controladores/as aéreos, mañá igual nos toca a nós.

ORGANÍZATE E LOITA

BLOQUE ANTICAPITALISTA

No hay comentarios:

Publicar un comentario