Onte ás 6 da mañá foron ocupados os talleres de Duro Felguera polos traballadores. Houbo enfrontamentos durísimos cos antidisturbios, que se tiveron que repregar ante a contundencia dos traballadores que defenderon as barricadas que cortaban a entrada ao Valle del Nalón con cócteles molotov, voladores (cohetes), gomeiros e unhas bocachas de construcción caseira que lanzan as pelotas recollidas e tuercas e que están a ser o terror dos maderos.
No Taller de Barros hai uns 100 traballadores de Felguera Construcciones Metálicas. Permanecerá en asemblea permanente (así é como chaman eles ao peche) ata o próximo luns.
Foi unha medida tomada a raiz da sospeita de que a empresa desmantele o taller, e por un ERE prantexado que deixaría a empresa sen 60 traballadores.
Durante esta semana houbo cortes de ferrocarril, cortes na autovía de Langreo con centos de veículos colapsados, calcináronse duas sucursais de Cajastur, barricadas en Nalón, Xixún e Uviéu.
Este sábado hai unha concentración de apoio diante do Taller de Barros ás 18h.
Video en: RTPA
[info extraída de Klinamen]
21 ene 2011
Os traballadores de Duro Felguera ocupan o Taller de Barros e enfróntanse coa policía
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario