A xuiza que instrúe o caso da okupa coruñesa, aínda que desestima o recurso plantexado contra a súa providencia (pola que solicitaba o abandono do inmobre para o día 9 de decembro so pena de incurrir en desobediencia), suspende calquera medida cautelar ate que se resolva o novo recurso presentado ante instancias superiores. Isto quere dicir que semella que , polo de agora, a Casa das Atochas non atópase baixo ameaza inmediata, este tipo de recursos poden tardar un par de meses en resolverse, así que quizáis o centro social ainda dure ate o seu 3º aniversario.
Por outra banda a Casa das Atochas continúa coas súas actividades (nunca deixou de facelas), as próximas son as seguintes:
Martes 11 de xaneiro: proxeccións filme colectivo
Contra ás 21h proxeccións dos primeiros traballos feitos para o filme colectivo sobre a Casa das Atochas e o movemento de okupación na Galiza.
Algúns exemplos:
http://www.youtube.com/watch?v=UcxX-2lJH2k
http://www.blip.tv/file/4564500/
Ás 20.30h hai unha asemblea aberta no CSAtreu! (rua Sam José, 2, rês-do-châo, Monte Alto) co fin de artellar unha resposta conxunta cara a folga xeral do 27 de xaneiro.
Mércores 12 de xaneiro: Jam’on e lecturas comentadas
ás 17.00h JAM ON!
A partires de agora mesmo e ata que a flipación musical aguante, convídase *s músic*s do andergraun coruñés a xuntarse co necesario para experimentar con ton e son: instrumento, ampli se fai falla e, sobre todo, orellas.
Improvisacións sen ánimo de lucro e con ánimo psicotrópico; calqueira combinación de instrumentos pode dar froito? saxos e zambombas, pandeiretas e sintetizadores? a onde chegaremos ninguén o sabe; cada un e unha que aporte o seu estilo!
Vinde melóman*s, traede as orellas e as ideas abertas!
ás 20.30h sesión aberta de lectura colectiva de textos e debate. En breves subiremos ao blogue algún de referencia máis podedes traer o que vos suscite interese.
Xoves 13 de xaneiro: obradoiro de sexo tántrico
Contra ás 19.00h obradoiro de sexo tántrico.
Se tendes parella e está interesada é mellor vir *s dous (ou tres, ou catro ;)) ao obradoiro.
Se non, non hai problema, se farán parellas aleatorias.
É preciso un pano para tapar os ollos, tupido.
Papel, lapis de cores. Traede ropa cómoda e unha manta (imos sentar no chan).
Se non podedes conseguir o material necesario, non vos precupedes, vinde igual.
Máis información:
http://www.kamasutralesbico.net/
http://www.filestube.com/2d8a9642006a2cba03e9/go.html
11 ene 2011
Novas sobre a situación do C.S.O. Casa das Atochas (Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario