12 ene 2011

Convocatoria Anticapitalista na Coruña pra a folga xeral do 27 de xaneiro


Unha asamblea aberta, reunída onte (e todo-los martes ate o día da folga) no C.S. ATreu!, decidiu constituir un Bloque Anticapitalista na folga xeral do vindeiro 27 de xaneiro na cidade da Coruña. A proposta consiste na convocatoria dunha concentración pola tarde do día en cuestión e unha serie de actividades previas que contribúan a reflexión e o debate sobre os recortes sociais que estamos a padecer coa complicidade dos sindicatos e partidos de “esquerdas”. Consideramos que a crise é causa do sistema capitalista e dende esta postura entendemos a protesta.
Por iso convocamos as seguintes actividades:

-Martes 18 ás 20:00- Asamblea aberta no C.S. ATreu! (t/Sam José 2 baixo, Monte Alto, A Corunha).
-Xoves 20 ás 20:00- Proxección do filme documental “Autonomía Obrera” no C.S.O. A Casa das Atochas (Atocha Alta 14, Monte Alto).

-Venres 21 ás 20:00- Ceador vegán e debate de lecturas comentadas con relación ós recortes sociais en xeral e a reforma das pensións en particular no C.S.O. A Casa das Atochas (Atocha Alta 14, Monte Alto).

-Martes 25 ás 20:00- Asamblea aberta no C.S. ATreu! (t/Sam José 2 baixo, Monte Alto, A Corunha).

-Xoves 27- FOLGA!!!!!! (Nos vindeiros días anunciaremos a nosa convocatoria).

2 comentarios:

  1. Bo proxecto, eu son de Santiago e non vou poder ir, espero que acuda moita xente ás reunións. Está ben saber que a xente se move. Vos apoio simbolicamente nada máis pois non vou poder participar pero moi boa iniciativa.

    Saudos dende CAS!

    ResponderEliminar