15 dic 2010

Comunicados do C.S.O. A Casa das Atochas sobre o rebumbio mediático da manifa contra o desaloxo e sobre a situación da okupa.


Sobre a manifestación do 11 de decembro:

Hola,
Como ben sabedes, xs okupas somos pouco dadxs ás declaracións e comunicados, pero despois do rebumbio que ten xerado a nosa manifestación deste pasado 11 de decembro, cómpre aclarar certas cuestións.

Foron xs membrxs da asamblea do CSO Casa das Atochas quen ocultaron as caras e fixeron accións fóra da estrita legalidade vixente?
E quen o sabe? Esas persoas ían ca cara tapada, así que non se poden recoñecer.

Foi unha manifestación violenta?

Rotundamente non; a propia policía así o recoñeceu. En ningún momento se molestou nin se lle faltou ó respecto a persoa algunha. Entroutras cousas, as manifestacións fanse para que a xente de a pé se percate dun problema. Para que incomodarlxs? Tampouco permitimos que ninguén aproveite a situación para comportarse como non é debido. Desde a asamblea estamos abertxs a todo o mundo e ás críticas construtivas que se nos queiran facer para mellorar as nosas accións; por desgraza, boa parte das críticas que estamos a recibir son demagóxicas, falsas e inxustas, polo que o debate de ideas faise de todo imposible.

Atacouse axs pequenxs comerciantes?
Non. Ao contrario, sentimos gran solidaridade coxs autónomxs e os negocios familiares, que nos últimos tempos están sendo masacrados polas multinacionais, que non dubidan en vulnerar os máis elementais dereitos laborais con tal de amasaren máis cartos. É unha vergonza que xs políticxs que nos gobernan vaian da man das empresas multinacionais, que campan ás súas anchas pola cidade, destruíndo o pequeño comercio. Vergonza é o que non ten Antonio Amor, presidente da Asocición de Comerciantes do Obelisco… a quen representa?: a un grupo de comerciantes?, ou aos ideais da extrema dereita máis rancia e fanática? Sempre vas da man do poderoso e contra os máis febles… como non ías chegar a rico!? Cómpre recordar as súas propias palabras na entrevista dun xornal o ano pasado: “hai que ter coidado coas caras novas e estranxeiras”. Toda unha declaración de intencións. Este individuo –por chamarlle algo– é tristemente coñecido polos seus despiadados ataques contra xs manteirxs da rúa Real, dxs que afirma que “dan mala imaxe á rúa, prexudicando aos comercios da zona”. Mais como todo o mundo sabe, xs manteirxs levan moitos anos traballando nesa zona e a rúa segue tan transitada como sempre, demostrándose que, ao resto das persoas que habitamos a cidade, non nos amola o máis mínimo a presenza destoutras xentes. En España, condenouse a un manteiro a 8 anos de cárcere por vender cedés… e ainda tes a desvergonza de pedir máis man dura!
Señor Amor [que pouca xustiza fas ó teu apelido], gracias por lembrarte de nós nas túas absurdas queixas; o día que non che demos que dicir comezaremos a preocuparnos… algo estaremos facendo mal.
Mal que lle pese a este tipo, na cidade e nas súas rúas e prazas seguirás topando cxs manteirxs e cxs okupas.

Por que non nos manifestamos como todo o mundo? Por que non legalizamos as manifestacións?
Unha manifestación, por natureza, é conflitiva [que non violenta, non se confundan os termos]. Facémola para combater con rabia unha enorme inxustiza: que nos boten á rúa cando lle estamos dando vida a un local abandonado. Quérenlle entregar a nosa casa a un millonario especulador sen escrúpulos para que a tire abaixo e desenvolva o polígono de novas vivendas programado para a zona, roubándonos así todo polo que levamos loitando estes anos. Queren derrubar un proxecto social que leva máis de dous anos e medio de andadura, do que teñen disfrutado miles de persoas, e todo isto… para que? Pois para amorear máis cartos lixosos ós pés da sacrosanta propiedade privada. Como xa dixemos na manifestación, somos anticapitalistas; non cremos nos cartos nin na propiedade privada; sí cremos na xustiza social, a igualdade, a solidaridade e o apoio mútuo, e non sabemos expresar o noso malestar e rexeitamento cantando panxoliñas.

Por que cando botan a traballadorxs dos seus empregos podemos entender a indignación e, cando nos botan da nosa casa, non?
Pois resulta que moitxs de nós preferimos que nos boten do traballo [que ao final non nos agradan e só sirven para encher o pucheiro de garbanzos] a que nos boten dun espazo onde desenvolvemos todo o noso potencial dun xeito libre, horizontal e autoxestionado, que iso sí que nos gusta e sí que nos enche de ganas de vivir.
Nós non amolamos a ninguén nos case tres anos de incesantes actividades; amolamos agora que nos queren expulsar á rúa sen piedade. Nós protestamos polo que é noso, e non porque o poña nun papel con membrete oficial, senón porque o traballamos [“a terra para quen a traballa”] e estamos dispostxs a loitar polos nosos soños contra o voso triste e gris pesadelo.
Lamentamos de verdade si algunha persoa de a pé [que non os banqueiros, ou propietarios de múltiples xoierías como Antonio Amor, ou o subdelegado do Goberno, ou o paiaso de McDonald’s] se viran afectadxs polas nosas accións [nos globos, a pintura estaba diluida en auga, polo que se quita máis cedo que tarde]. Non queriamos amolar a esta xente, pero si axs ricxs e poderosxs, responsables dun sistema cada día máis inxusto e cada día máis edulcorado polos servos da televisión; sí queriamos amolar a quen nos meteron nunha crise sen solución a base de inflar o prezo da vivenda [como a inmobiliaria Juan Pérez Paz, S.L.] e especular cos nosos aforros en criminais movementos financieiros; si queriamos amolar a quen suben os seus soldos [mentres nos botan a nós á rúa] e que, por riba, piden cartos públicos para que xs subvencionemos. Eses son os nosos inimigos. E si críades que xs okupas só sabiamos montar actividades culturais en silencio e sen protestar… estabades moi… pero que moi… equivocadxs.
Non queriamos amolar á veciñanza e lamentamos se foi así. Mais todxs cometemos erros e correxirémolos de aquí en diante. Non confundamos un pequeno comercio cunha multinacionl ou cunha igrexa [que non só é de curas, senon tamén de militares… en fin, o colmo da depravación]; esa é unha terxiversación que só un periodista, un político ou un avogado é quen de cometer.
Calquera que viu pasar a manifestación puido ver que ésta era, en xeral, moi festiva, e que nela había persoas de toda condición… tamén cativxs [e nin xs estabamos comendo nin xs lanzabamos contra os vidros]. Tamén se puido ver que gran parte dxs viandantes rían, bailaban e mesmo apoiaban a manifestación coreando os cantares.
Ésa é a verdade e non a que fabrican na prensa. Mágoa que a verdade, ó final, remata sendo a que os periodicos inventan.

Condenamos a violencia?
Si, por suposto.
Condenamos a violencia do exército español, que tortura, viola e mata xente inocente en Iraq ou Afganistán.
Condenamos a violencia de quen nos gobernan, pola fabricación e venda de armas, por exemplo a Israel [para masacrar xs palestinxs] ou na guerra de Serra Leona [onde tanto os gobernos do PP e do PSOE se lucraron vendendo armas a ámbalas dúas faccións, alentando a sanguenta matanza que se deu].
Condenamos a violencia dos banqueiros que, despois de facerse de ouro especulando cos nosos cartos e expropiándolles as súas viviendas ás xentes máis humildes que non puideron facer fronte á súa hipoteca, siguen cobrando os seus bós soldos e, por riba, teñen a pouca vergonza de pedirlle ó Goberno unha axudiña… multibillonaria [si, con B de billón], arruinando a capacidade que puidera ter o Estado par axudar a paradxs, traballadorxs precarixs e/ou pensionistas.
Condenamos a violencia das multinacionais que arruinan xs autónomxs e axs negocios familiares co visto e prace de politicuchos sen escrúpulos.
Condenamos a violencia que se exerce sobre presxs indefensxs nas prisións, nos centros de menores e nos centros de internamento de emigrantes ó longo de todo o Estado.
Condenamos a violencia que os corpos e forzas de seguridade do Estado usan contra as persoas que libremente se manifestan.
Condenamos a violencia dxs xuizxs que nos botan dos nosos espazos, que posuimos lexítimamente.
Condenamos a violencia de boa parte dos medios de comunicación e das poucas ¿persoas? que pouco menos piden que nos linchen.
Nós non agredimos a ninguén.
Nós condenamos a violencia… e vos?

PD.1. A pesares do sinalado nalgúns medios de comunicación, ningunha das persoas da asamblea da Casa das Atochas fixo, a día de hoxe, declaracións sobre o desenvolvemento da manifestación deste pasado sábado.
PD.2. Non se fixeron identificacións nin se deteu a ningunha persoa. Si ao que víchedes lle chamades violencia… ídevos criar! O que vos queda por ver!




Asamblea do C.S.O. Casa das Atochas


Eiquí vai outro comunicado:
SOBRE A CASA DAS ATOCHAS E A INMOBILIARIA:
[refrito urbanístico… ondeneino e desordeneiro e… abuf…]

O Centro Social Okupado ‘Casa das Atochas’ usa e posúe colectivamente desde hai tres anos o inmoble da trvesía de Atocha Alta 14 que, como todxs sabedes, levaba anos abandonado.
Este inmoble, antes furado de pingueiras e cheo de lixo, suscita interese e discusión mentres se revisa o Plan Xeral de Ordenación Urbanística [PXOM] e se planexan e reparten os negocios. Unha empresa inmobiliaria denunciounos pola vía penal e pretende que nos boten sen discusión.

A Casa das Atochas [e con ela gran parte da mazá aínda habitada por veciñxs] está dentro do que chaman "polígono de actuación", xestionado por unha Xunta de Compensación, que é unha institución benéfica completamente legal, como explicou un lector de La Voz de Galicia no ano 2006 ("Agentes urbanizadores", 8/11/2006, Buzón del lector, Bernardo López, Local A Coruña, páxina 2).
Para xestionar o desenvolvemento dun futuro boom inmobiliario do polígono afectado (H4.05) (La Voz de Galicia, 8/11/2006), que se extende a toda a rúa Atocha Alta e a rúa Pintor Román Navarro, creouse unha Xunta de Compensación, na que tamén participa o Concello, xunto axs propietarixs e xunto a inmobiliaria Juan Pérez Paz S.L.

Os precedentes son duros dentro do barrio das Atochas. Despois dun proceso de expropiación para xs antigxs propietarixs das casas, o Concello e certas empresas arrebatáronlles a un risible prezo a propiedade sobre os inmobles. A xente que viviu nas Atochas viuse desprazada a outros lares, lonxe do centro especulativo da cidade, perdendo así as súas casas e vivindo moitxs delxs baixo rexime de aluguer en diversos barrios. Non sairon nos medios, eran veciñxs dun barrio obreiro, que medrou no abrente da revolución industrial do século XIX, e conformou o agora coñecido e codiciado barrio de Monte Alto.

Chamamos á libre discusión, a que a xente fale entre ela do que de verdade sinte e necesita. A inmobiliaria en cuestión nunca usou de ningún xeito o inmoble, nin se preocupou de conservalo como é o deber de quen se di propietarix dalgo. Antes ben, estaba moi ocupada mercando e facendo expropiar a mazá por medio dunha Xunta de Compensación constituida co visto bo do Concello.

Unha Xunta de Compensación é un ente benéfico formado polos propietarios dunha parte da mazá. Este ente, polo visto, pode obrigar ó resto a venderlle as súas casas e, si non queren, pode pedir ó Concello que as expropie no seu favor, cousa que a inmobiliaria Juan Pérez Paz S.L. non se privou de facer.

Curiosamente, Juan Pérez Paz S.L., que ganou o seu prestixio coa caída dunha grúa na rúa Ángel Rebollo e logo co derrubo parcial dunha casa en Orillamar no 2005, é coñecida en Monte Alto pola súa capacidade de lexítima extorsión e, como tal, temida polxs veciñxs. Ninguén tivo nunca medo de nós, xs okupas; preferimos ser veciñxs que dar medo.

O denunciante, Juan Pérez Paz, é un “axente urbanizador” con sentencias probatorias en contra por acoso inmobiliario. O seu negocio, unha inmobiliaria sita na rúa da Torre, foi protagonista de varios escándalos urbanísticos recentes como a caída dunha grúa nunha obra na rúa Ángel Rebollo, ou o derrubo ilegal dunha casa na rúa Orillamar (La Voz de Galicia,15/4/2005; La Voz de Galicia, 19/4/2005; La Voz de Galicia,22/4/2005; La Voz de Galicia, 23/4/2005; La Voz de Galicia,24/4/2005; La Voz de Galicia, 10/5/2005; La Voz de Galicia,31/7/2005), que ocasionou o desaloxo intempestivo de varias familias debido ao perigo inminente de ruina do seu bloque.

A Casa sobrevive no medio dunha mazá de casas, non todas vivas, que sin lexitimación recoñecible foi destinada a ser completamente baleirada de veciñxs, demolida e reedificada en beneficio duns poucos. Unha morea de xente, organizada nunha asamblea de iguais aberta a calquera, usa a Casa como espazo colectivo para as necesidades básicas de encontro, expresión, comunicación e apoio mútuo que están en perigo de desaparición na cidade.

De súpeto, existe un requerimento de desaloxo, inmotivado, emitido en forma de providencia e non expresado como auto. O proceso está en periodo de instrucción, logo de que fluctuase entre o civil (primeira instancia á que recurriu o denunciante) e o penal.

Son moitos os perxuizos ocasionados pola medida cautelar: ademais dos obvios e morais, de destruir un proxecto arraigado, con actividades para varios meses pechadas, unha singularidade da que hai feitos e pegadas -músicas determinadas, conferenciantes e temas, iniciativas populares como Comida Non Bombas, a estrutura aberta do lugar- que non teñen sitio en ningún outro lugar da cidade; tamén xurden problemas loxísticos derivados do inventario, traslado e almacenamento do material, así como os perxuizos pola reparación e conservación do inmoble mantida durante todo este tempo.

Agora que xs cobizosxs e xs defensorxs dos dereitos dxs poderosxs se pensan por riba de calquera necesidade humana, a Casa das Atochas faise responsable de soñar cunha cidade: de portas abertas, de hortas urbanas, de abundancia creada e posta en común, de vida colectiva organizada libremente en asambleas, de conciencia desmercantilizada, de afectos e emocións desbloqueados aos poucos. A Casa das Atochas recoñécese nos esforzos que moitas outras xentes fan por todas partes en condicións difíciles para vivir unha vida digna, alegre e creadora. Algúns teñen chamado cultura a esa vida que medra e se emancipa do sometemento, o medo e a falsa tradición. Quen teñen medo da liberdade e as súas formas libres xa decidiron. Nós seguimos atopándonos e aprendendo a vivir.

Sen cobiza nin servidumbre


CSO Casa das Atochas
7 de decembro de 2010

3 comentarios:

  1. chapó....non lles queda nada que aturar a tanto merdento fascista...toda a miña solidariedade .."vento morteira"

    ResponderEliminar
  2. Violência do Estado, violência do Capital:

    Os falsimedios e blogues relaçonados com as vivendas (http://casaspisosymas.blogspot.com/2010/12/mas-de-118000-familias-con-hipoteca-se.html) recolhiam recém a notícia facilitada pola "Agência Negociadora de Productos Bancários" onde dam conta de que neste ano 2010 (ainda nom rematado) "Mais de 118.000 familias com hipoteca ficarom sem casa".

    Cento dezaoito mil famílias!!! .

    Ponhamos por caso que como meia estas famílias tenham 4 componhentes (crio que é umha meia ajustada, dado que é bem sabido que quanto mais pobres som o progenitores mais abondosa é a sua descêndencia e mesmo seguem coidando da sua ascendência anciá, e se a meia espanhola total é de 1,54 filhos por parelha, nom crio que exagere calculando 4 membros por família) o que dá a cifra de:

    472.000 personas sem casa por nom poder pagar a hipoteca e só neste ano 2010 !!!

    Agora fagamos um exercício visual para imaginar quanta é toda esta gente:

    Ponhamo-las em ringleira umha tras outra como fichas de domino e ocupando cada quem 50 cm (qué menos, nom sim?), isso daria umha cifra de 236 Kilómetros!!!

    A autopista AP-9 na sua distância mais longa: Ferrol - Tui ocupa 219,6 kilómetros.

    Com o que as 472.000 personas (homes, mulheres, crianças, anciás) assim colocadas de umha em umha cada meio metro ocupariam todo o longo da A-9 e sobraria gente.

    Nom é para indignar-se?? Resulta mais violento tirar pintura contra umha inmobiliária ou um banco que aprovar leis ( e sentencia-las) que permitam que fiquem sem vivenda toda esta gente no estado espanhol em um só ano??

    Pero ainda seguirá quem aplauda que venham os bancos e as inmobiliárias com o parabem de governos e juizes a empurrar à primeira da fila e tumbar a todas essas mulheres, homes e crianças como quem tira fichas do domino !!

    Entom, quem som os violentos??

    ResponderEliminar
  3. Non vos preocupedes amigos! cada vez máis xente pensa que non é estrano que haxa violencia lexítima contra o poder mordedor e iracundo. xente variopinta.
    A proxima vez non vos cortedes, e sede violentos porfavor!
    Forza revolucionaria. Os nosos soños. Controversia, tension, axitacion, ... violencia? é sempre mala? e a que aturamos todolos días cotiás?
    Animo! e apoio mutuo!

    ResponderEliminar