Nas vindeiras actividades no C.S.O. A casa das Atochas haberá proxeccións sobre desaloxos, concertos, lecturas comentadas e ceas veganas anti-nadal, entre outras moitas cousas. Porque aquí non se rinde nin deus... AS ATOCHAS RESISTE!!!!!
Data: xoves 23 de decembro
Hora: 21.00 hora
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta
CEA ANTINADAL (vegana) E PROXECCIÓNS
69 [2008] de Nikolaj Viborg
60?
Fala do duro e cuestionábel desaloxo por parte das autoridades do CSO Ungdomshuset de Copenhague en marzo do 2007. Fogar durante máis de 25 anos de diferentes colectivos, bandas musicais e proxectos artísticos.
Máis información:
http://en.wikipedia.org/wiki/Ungdomshuset
http://www.ungdomshuset.dk/
La txipa que prende la metxa [1996]
Filme sobre a okupación do Cine Princesa de Barna.
Data: luns 27 de decembro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta
concerto KNUSTE RUTER (Hardcore/punk-Oslo)
Máis información:
http://www.myspace.com/knusteruter
Data: martes 28 de decembro
Hora: 21.00 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta
concerto ATOMIZADOR (Madrid) e ESPERIT! (Madrid)
Xira galega de Esperit! e Atomizador, que veñen a presentar o seu flamante LP compartido coeditado por Afeite al Perro, Chingaste la Confianza, Enhorabona e Big Jim Records.
Atomizador é un dos múltiples proxectos de Jose (outrora guitarra e voz de A Room With a View, Ensaladilla Rusa ou Campamento Ñec Ñec), responsable do selo punk experimental Afeite al Perro, plataforma desde a cal leva publicada unha infinidade de referencias (Humor Vítreo, Sudor, Pulmón, Burro Ácrata, Eten, Biko, C-Utter?) que
documentan unha riquísima realidade de diversidade e risco sonoro. Logo de publicar numerosas referencias de noise analóxico baixo o nome de Atomizador, recupera para este LP a guitarra, o ukelele e os xogos de voces, recordando a súa habilidade para crear melodías, que xa amosara con A Room e Campamento. Dicir que Jose tamén se adica a facer debuxos, moitos dos cales se poden ver no seu prolífico zine HAZ.
Pola súa parte, Esperit! é o proxecto persoal de Mau (antes en Zeidun, Les Aus e Omega Cinco), onde exerce de multiinstrumentista e multicacharrista, colaborando en ocasións cos máis variopintos persoeiros e deixando sempre espacio para a improvisación, e resultando da mistura unha chea de sons psicodélicos de doces e
profundas melodías.
Máis información:
http://vimeo.com/groups/16596/videos/8838262
http://vimeo.com/groups/11572/videos/13435381
Data: xoves 30 de decembro
Hora: 20.30 horas
Espazo: C.S.O. Casa das Atochas
Enderezo: praça das Mulheres livres, Atocha Alta
SESIÓN ABERTA DE LECTURA COLECTIVA de textos e debate a partir do concepto violencia. En breves subiremos ao blogue algún de referencia máis podedes traer o que vos suscite interese.
ADIANTO ACTIVIDADES:
31/12/2010 ás 21.00 horas DERRADEIRA NOITEVELLA
ACTIVIDADES PERMANENTES
abertas e gratuítas
RADIO LIVRE KRIME, se tes interese en facer un programa ou en axudar en xeral escribe a contacto@casadasatochas.info
HORTA, interesad*s escribir a raquelosu@hotmail.com
LUNS
ás 20.30 horas ASEMBLEA ABERTA DA CASA
Ateneo, tenda libre e contrainformación
Unha aperta
Máis información:
http://www.casadasatochas.info
http://www.myspace.com/casadasatochas
23 dic 2010
Actividades do 23 ao 31 de decembro CSO Casa das Atochas [A Coruña]
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
google 2316
ResponderEliminargoogle 2317
google 2318
google 2319
google 2320
google 2321