Construtoras como a galega Copasa y San José, a madrileña Acciona e Puentes e infraestructuras (potente construtora galega, coñecida tamén pola súa implicación directa no porto deportivo de Massó e para a que trballou o actual conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández), estánse a disputar o complexo hospitalario de Vigo, o que lles dará enormes beneficios e un canon que dura 20 anos.
Feijoo e Farjas (a conselleira de sanidade)parecen seguir os pasos da sua compañeira de militancia en Madrid, Esperanza Aguirre, que chegou a privatizar ata oito hospitais na comunidade madrileña, dos cuais dous, polo menos, estaban en mans de impuitados da famosa trama Gürtel (Constructora Hispánica que se desembolsou 9,7 millóns polo hospital de Aranjuez e Bega SA, cun canon de 16,8 millóns polo hospital de Vallecas.
A sanidade privatizada supón toda clase de perxuizos aos usuarios (peor calidade dos servizos, disminúen as camas e a atención médica, centralizan o servizo dificultando ainda máis o acceso dos habitantes do rural, etc.), en prol dos intereses privados, o que supón un importante aumento do gasto público. En fin, o que eles gañan por un lado é o que as cidadanas perdemos por outro en forma de impostos públicos.
É o xa coñecido xogo político de facer "concursos" para repartir o pastel entre os amigos.
Chegamos a ver como tramas corruptas dos políticos se fixeron públicas e ainda así non aprendemos.
A información está aí, con nomes e apelidos.
Caña contra os políticos e os seus amigos!!!
[información extraída de galicia confidencial e diario de vurgos]
11 nov 2010
A sanidade en mans de políticos e construtores
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario