5 nov 2010

Cortes de tràfico e cargas policiais durante a manifestaciòn contra a visita papal (Santiago de Compostela)


Aquì reunimos un par de crònicas que,à espera de novas actualizaciòns,poden servir pra facerse unha idea do que se viveu onte na cidade compostelà.


O ambiente de agresión aos dereitos da cidadanía galega con motivo da visita a Compostela do máximo dirixente da secta cristina "Iglesia Católica Apostólica Romana", deu hoxe un salto cuantitativo. Logo da identificación masiva efectuada antonte contra as persoas participantes nunha concentración, o corpo policial estatal "Cuerpo Nacional de Policía" impediu mediante o exercicio da violencia a celebración dunha manifestación na xornada de hoxe.
As cargas policiais das que foron vítima un par de centos de cidadáns e cidadás galegas na noite de onte producíanse logo de que o corpo policial retivera esas persoas durante algo máis dunha hora, impedindo o arranque da Alameda compostelá da manifestación convocada baixo o lema "Eu non te espero". Desconvocada a mobilización, os axentes do "CNP" continuaron a limitar o dereito á libre circulación das e os asistentes, impedindo o paso pola vía pública a quen consideraren sospeitosos de participar do protesto.

Xa logo, cruzando da Alameda, os policías antidisturbios actuaban impedindo pola forza o paso cara a Zona Vella. Logo de desviar cara a Avenida de Figueroa ás persoas que se retiraban tras veren vulnerado o seu dereito á manifestación, fechaban con continxentes policiais un e outro lado da ruela e realizaban unha carga indiscriminada sen advertencia previa, que se extendeu polas rúas colindantes.

Asì describìa un participante os feitos posteriores..

"Despois foixe a porta do caminho onde pouco a pouco se xuntou xente. Cortouse a rua de sampedro cunhas vallas e o trafico no paso de zebra.Colapso e grito de consignas. Os polizias fóranse para san roque ou a saber, e cando se deron de conta do roio, baixaron ate sampedro.
A xente dispersouse, case toda pola vella, e alguns ficamos mirando dende a praza. Circulou o trafico e tal, e os pitufos sairon da grilleira para comezar un xogo do gato e do raton por as calexas alleas. Tanto é asi, que pasdo un rato, e con ánimo de tomar unha cervexa, fomos a un bar cercano, con xente na porta. O ver a concentración de persoas, veu un grupo de polizias cargando e tivemos que correr todos.
Moito medo. Moi mal."

Extraìdo de galiza.indymedia.org

Mais tarde, os cortes de tràfico sucedèronse polas rùas colindantes, mentres se volvìan repetir cargas policiais e carreiras na pza do Caminho, dispersando a pequenos grupos pola zona velha e sampedro,aìnda que unha vez despejada, volvìa reunir aos que se resignaban a disolver a concentraciòn como tentaban os madeiros. Finalmente, a concentraciòn disolveuse coa posta en liberdade dos 5 retidos para a sùa identificaciòn. Soubemos de varios feridos, algùns deles con profundas feridas na cabeza.

Seguiremos informando..

1 comentario:

  1. Lavapiés libertario5 de noviembre de 2010, 20:45

    Es increíble que este estado invite, con nuestro dinero, a semejante hijo de puta. Es increíble que la gente que vive en Compostela tengáis que soportar semejante atropello de vuestras libertades(escasas, porque ya sabemos como se las gasta este estado aunque no venga el papa). Y es increíble que todavía tengan la poca vergüenza de decir que esto es una democracia y que hay libertad de expresión (supongo que con "libertad de expresión" se referirán a: tú opina, que como opines algo que no me guste te voy a apalear, detener, torturar, encarcelar, registrar tu casa...)

    BASTA YA DE ESTADO POLICIAL!!!

    VIVA GALIZA LIBRE Y LAICA!!!

    Un abrazo solidario y revolucionario desde Lavapiés!!!

    ResponderEliminar