28 nov 2010

¡¡¡ALARMA!!! Orden de desaloxo para o C.S.O. “A Casa das Atochas” (A Coruña)


A xuíza que instrúe o caso da okupa coruñesa A Casa das Atochas xa mandou a temida carta de requerimento de desaloxo para o vindeiro 9 de decembro.
Este centro social okupado no céntrico barrio de monte alto convertiuse por dereito propio nun referente contracultural e de loita social no plano local e incluso galego. Dous anos e medio de incesantes actividades á marxe do capitalismo e a xerarquía avalan a súa bagaxe autónoma e autoxestionaria.
Moitos foron os proxectos, loitas e actividades antirrepresivas ou solidarias financiados gracias á okupa; moitos foron os concertos, pases de video, palestras e obradoiros que dinamizaron unha cidade antes marcada polo tedio e a apatía. Pronto chegará o momento no que faga falla a solidariedade de todos aquelxs amigxs que desexen amosar o seu apoio a tan prolífico como gamberro proxecto libertario. Todxs seremos necesarixs.

Atentxs, pois seguiremos informando.

Contra o capital e a especulación ¡Que viva a okupación!
¡A Casa das Atochas non se desaloxa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario