15 oct 2010

Sobre a axitaciòn en torno às luitas de inmigrantes:


Contextalización:

Os procesos de globalizaciòn capitalista que configuran a nosa realidade actual a todos os niveis levaron sempre aparellados, entre outros, as problemàticas asociadas à inmigraciòn. Nunha sociedade cada vez màis vixiada e controlada, e que precisa constantemente de grupos inimigos òs que criminalizar para autoxustificarse, a represiòn asociada ao colectivo imigrante non dà lugar para a sorpresa. Convertir en delito a mera existencia ou presencia de grupos “marxinais” no seo das sociedades occidentais leva como consecuencia a apariciòn nos ùltimos anos de novos e sofisticados medios de control dirixidos contra eles, entre os cales destaca a inauguraciòn masiva nas ùltimas dùas dècadas (e xestiòn por parte de entidades privadas, o que xenera novos e suculentos lucros) dun novo tipo de centros de reclusiòn para inmigrantes sin papeis, coñecidos no estado español como CIE’s (centros de internamento para inmigrantes). As diferencias entre estes e os càrceres non da lugar para o anàlise, pois o funcionamento è totalmente igual: Instituciòns totais dirixidos a encerrar, castigar, reprimir e torturar. O funcionamento varìa de un lugar a outro, pero en todos hai constancia de malos tratos, aillamento, humillaciòns e toda clase de torturas.



Pero antes de extenderse sobre os CIE’s e as luitas que os inmigrantes levaron a cabo dentro ou fora deles, quizais debamos ter en conta novos aspectos nos que o sistema variou con respecto òs fenòmenos migratorios. Se nas dècadas anteriores òs 00 e 90 as migraciòns eran dirixidas estratèxicamente como nun taboleiro de axedrez, no que as dinàmicas do capital esixìan numerosa man de obra barata e flexible en paìses de recente industrializaciòn e coa poboaciòn demasiado avellentada, na actualidade o desprazamento da maiorìa das industrias cara paìses en desenvolvemento contradìcese coa permanente afluencia de persoas de todos os continentes cara Europa occidental. Unha vez aquì, os inmigrantes convìrtense en puntos de apoio (figuradamente) para a extrema dereita, que os usa como chivo expiatorio; ou como “vìctimas” que a esquerda progresista non dubida en utilizar para os seus fins partidistas;ou como carne de cañòn para a represiòn estatal e privada, que precisa de mercancìa humana para xenerar beneficios solventes; ou ben coma descarriadas ovellas que necesiten ser devoltas ò redil; esquecendo, incluso, que grandes partes da masa de neoexluìdos en occidente xa estaban “recuperados” previamente nos seus paìses de orixe.

Estes ùltimos exemplos ilustran moi ben unha realidade non tan lonxana no tempo, fai apenas unha dècada, nas que as regularizaciòns masivas de papeles respondìan a unha necesidade puntual do mercado. Que foi dos afectados pola gran maiorìa de denegacions do permiso de residencia? Pois se non estaban sendo perseguidos pola policìa para que fosen deportados ou encerrados estaban canalizando as sùas reivindicaciòns (papeis xa!) por medio de todos os intermediarios que o estado puxo à sùa disposiciòn: entidades relixiosas, ONG’s, asistentes e educadores sociais.. que hàbilmente encauzaron a luita ata a negociaciòn: un embauco do que non hai saìda. Ata que, por fortuna, e como non podìa ser doutro xeito, surxen os incontrolables...

EXPERIENCIAS DA ACCIÒN DIRECTA NO TERRENO

- O ASALTO A CEUTA E MELILLA:

Como saberedes a maiorìa dos lectores,Ceuta e Melilla son as ùnicas vias terrestres para acceder a Europa dende Àfrica que existen. Lembremos que è mais ou menos a partir de 1994 que as chegadas masivas de africanos en patera cara Ceuta, Melilla, Canarias ou calquer punto do Mediterràneo non paran de medrar. En Melilla è construìdo en 1998 un centro de internamento peculiar, chamado CETI, no que os inmigrantes poden ser encerrados por tempo ilimitado, a diferencia dos CIES, fundados en 1985, nos que a estancia màxima è de 40 dìas. Asì mesmo,esta cidade è dotada dunha valla anti-pobres que a separa do resto do continente, como Ceuta en 1997. Son vallas de 8km en Ceuta e 10 en Melilla, dobles, de 3 a 6 m dependendo do lugar, de ferro reforzado (contra alicates) composta de 30 torres que incorporan càmaras tèrmicas e infravermellos, ademais de ser Jpatrulladas constantemente por policìas dos dous paìses. Por si isto no fora pouco, hai que evitar tamèn o dispositivo de seguridade coñecido coma SIVE, creado en 1998 e que funciona dende 2002 para toda a costa levantina e os territorios ocupados en Àfrica. En Càdiz atòpase o centro operativo, dende o que se coordinan as sofisticadas armas a usar contra os obxectivos potenciales. Vìdeo, satèlites, radares, lectores automàticos de matrìculas, detectores de pulsaciòns cardìacas e patrullaxe de lanchas e helicòpteros.. Para coordinar os esforzos con Marrocos e tralas tensiòns da illa Perexil no 2002, Zapatero promete 71 millòns de euros para extender o SIVE às costas africanas.

En 2005, e con motivo da visita de Juanka, a policìa marroquì desmantela os espontàneos campamentos de aspirantes organizados en torno a Ceuta , detendo a decenas deles. Empuxados pola policìa cara as montañas, reorganìzanse do lado de Melilla e o dìa 29 de agosto 300 espartanos lànzanse o asalto das alambradas, aìnda que fracasan, deixando un morto e varios feridos graves nos enfrontamentos coa Garda Civil, ainda que se manteñen os intentos nas semanas posteriores. Mentres, a policìa marroquì persiste co asedio e detèn a 1100 personas en Casablanca, Rabat e Fez para ser deportadas posteriormente.

Mentres, a vida nos campamentos era autoorganizada salvando as diferencias producidas polas distintas linguas alì encontradas, facendo frente comùn às necesidades materiais, sanitarias ou convivenciais que se presentaran. O actividade principal na cotidianeidade do campamento consistìa en coordinar grupos de asalto e equiparse co material necesario para emprender a avalancha libertaria as veces que fixera falta: escaleiras, guantes, vendas, armas ...

O 29 de setembro lànzanse 800 personas contra as vallas: Pasan casi 300 (Melilla). Na mesma noite, ataque contra as vallas de Ceuta: 500 personas divididas en dous flancos ao mesmo tempo. 5 mortos por disparos policiais (españois e marroquìs) e 225 que consiguen entrar.

O 3 de outubro nova avalancha en Melilla: intentan pasar 650, consìgueno 300 pero a represiòn policial ataca sen piedade: 135 feridos, 5 deles graves.. ainda que con 7 axentes feridos a pedradas.

Mentres, nos arredores de Ceuta son detidas 130 personas para ser deportadas.
O 5 de outubro 500 personas en dous grupos ataca o dispositivo militar de Melilla. Tras duros enfrontamentos, consiguen pasar 65.

O 6 de outubro vòlveo intentar un grupo de 500, aìnda que sen èxito, sendo asasinados 6 inmigrantes màis pola Garda Civil.

Como resposta os asaltos, as acciòns dispostas para as deportaciòns en masa son articuladas ràpidamente. Calcùlase que 3000 personas son abandonadas no medio do deserto, nas fronteiras con Arxelia ou Mauritania. E mentres, o sistema de vixilancia da fortaleza europea segue sofisticàndose dia a dia con fondos da UE: ata 60 millòns de euros custaron as melloras nas vallas, coñecidas agora como Muralla Intelixente Radical (parece de coña).

Pero isto non impide que o 21 e o 22 de xuño de 2008 se volvan a producir escaramuzas na fronteira. O dia 21 un grupo de 70 persoas armadas con paus e pedras enfròntanse à policìa, conseguindo pasar 50 deles. O dìa seguinte prodùcese outro intento, aìnda que sen èxito... quizais non sexa o ùltimo.

-CRONOLOXÌA DE FEITOS: AXITACIÒN INTERNACIONAL NOS CIE’S

AUSTRALIA:

-Xuño de 2000: Fuga de 700 refuxiados nos CIE’s de Woomera, Curtin e Port Hedland (xestionados pola empresa Group4Falk, nº1 mundial en materia de seguridade). Posteriores disturbios.
- Agosto de 2000: Motìn en Woomera. Incendio de 3 edificios.
-Xaneiro de 2001: 200 refuxiados atacan òs carceleiros en Woomera.
-27 Febreiro de 2001: 40 refuxiados atacan ò carceleiros en Woomera.
-3 Abril de 2001: 200 refuxiados se amotinan en Curtin.
- Agosto de 2001: Deportaciòn dun buque con 460 afganos ao pequeno estado de Nauru. Este paìs, acepta condonar a sùa dèbeda con Australia a cambio de permitir a instalaciòn de CIE’s no seu territorio.
-19 de outubro de 2001: Australia rexeita un buque que chega as sùas costas con 424 persoas, dos que sò sobreviven 45, encontrados por pescadores.
-Novembro de 2001: Novo motìn en Woomera. 3 edificios son arrasados polo lume.
- Xaneiro de 2002: 350 refuxiados inician unha folga de fame en Woomera. Sucèdense as fugas individuais, as autolesiòns, as malleiras e os suicidios.
-Marzo de 2002: Disturbios fora dos muros de Woomera. Os manifestantes colaboran na fuga de 35 personas encerradas.
- 27 de xuño de 2002: 50 personas se fugan de Woomera.
-27 de decembro de 2002: Motìn e incendio en Baxter. O centro queda totalmente destruìdo.
-30 de decembro de 2002: Motìns e incendios nos CIE’s de Port Hedland, Woomera e Illas Christmas . Os 3 centros quedan totalmente destruìdos, as perdas suben de 4 milòns de euros. Motìn en Perth.
-31 de decembro de 2002: Motìn e incendio en Sydney.

INGLATERRA:

-20 de agosto de 1997: Motìn no CIE de CampsfieldHouse durante o transcurso dunha manifestaciòn en solidaridade cos internos na porta da prisiòn. 100.000 libras en perdas
-10 de decembro de 2001: Folgas de fame e bandexas no CIE de Yarl`s Wood.
-14 de febreiro de 2002: Motìn, incendio e disturbios en Yarl`s Wood. Perdas valoradas en 100 millòns de libras.
-Maio de 2004: 220 internos no CIE de Harmndsworth inician unha folga de fame contra a violencia dos carceleiros.
- Xuño de 2004: Motìn en Campsfield House.
-19 de xullo de 2004: Aparece aforcado na sùa celda de Harmonsworth un rapaz albanokosovar de 31 anos, sumando mais de 16 en 5 anos. Empeza un motìn e quèimase o centro. Perdas valoradas en 22 millòns de libras.
-28 a 29 de novembro de 2006: Motìn e incendio en Harmondsworth. Danos por millóns de libras.
- Marzo de 2007: Motìn e incendio en Campsfield House.
- Agosto de 2007: Incendio e fuga de 26 solicitantes de asilo en Campsfield House.
- Deembro de 2007: Motìn de 120 internos en Campsfield House.
- 18 de xuño de 2008: Fuga de 7 internos. 4 son detidos posteriormente.
- 14 de xullo de 2008: Incendio de Campsfield House.

FRANCIA:

-18 de setembo de 2006: Fuga de 7 internos en Cornebarrieu.
-Decembro de 2006: Folgas de fame coordinadas en Vincennes, Lyon e Marsella.
- Xaneiro de 2007: 2 incendios en Vincennes.
-27 de xullo de 2007: Incendio en Mesnil- Amelot
-23 de xaneiro de 2008: Incendio en Vincennes.
-27 de xaneiro de 2008:Novo incendio en Vincennes.
-12 de febreiro en 2008: Novo incendio en Vincennes.
-16 de marzo de 2008: Fuga de 5 internos do CIE de Canet.
-6 de abril de 2008: Incendio e motìn en Vincennes.
-22 de xuño de 2008: Un incendio provocado durante un motìn en protesta pola morte de un tunecino destrùe completamente o CIE de Vincennes.
-20 de xullo de 2008: Incendio do CIE de Nantes .
-2 de agosto de 2008: Incendio en Mesnil-Amelot.

BÉLXICA

-Xullo de 1998: Fuga de 31 persoas durante unha manifestaciòn às portas dun CIE. Os manifestantes cortaron as alambradas durante un enfrontamento entre os inmgrantes e os carceleiros.
- Setembro do 98: Asasinato de Semira Adamu (coñecida pola sùa combatvidade), afogada con unha almohada, durante un traslado. A presiòn popular consigue fechar o CIE 127bis de Steenokkerzel.
Calma relativa entre o 2000 e o 2007. O estado aproveita para sofisticar os seus centros e asemella-los às prisiòns de màxima seguridade.
-Xaneiro de 2007: Motìn simultàneo no CIE e na prisiòn de Merksplas. Queimados e destruìdas grande parte das instalaciòns.
-Febreiro de 2007: Motìn no CIE de Vottem durante unha concentraciòn de apoio no exterior. Destruìdo o comedor e a sala de recreo.
-Marzo e abril de 2007: Màis de 40 fugas en diversos centros.
-25 de abril de 2007: Motìn no CIE 127bis de Steenokkerzeel. Diversos destrozos de consideraciòn.
- 9 de xuño de 2007: Novo motìn no CIE 127bis.
-30 de xullo de 2007: A explosiòn nunha central elèctrica do lado do CIE de Merksplas deixa sen luz o centro. Motìn no patio.
-29 de setembro de 2007: Novo motìn no CIE 127bis tra-la morte de un inmigrante. Numerosos destrozos de gran cuantìa. Màis de 80 fugados dos 5 cie’s belgas en 2007.
-6 de xaneiro de 2008: Motìn en Merksplas para evitar a deportaciòn de un compañeiro. 40.000 euros en perdas.
-Febreiro de 2008: Folgas de fame en varios centros, respaldadas por màis de 150 reclusos.
-1 de maio de 2008: Motìn en Merkplas tra-la morte de un inmigrante na sùa cela.
-21 de xullo: Motìn no 127bis de Steenokkerzeel aproveitando o dia da festa nacional. Disturbios e danos o interior do centro.
-24 de agosto: Un incendio provocado en 8 puntos diferentes no CIE de Steenokkeerzel reduce a sùa capacidade a menos do 30%

ITALIA

-Abril de 2008: Motìn nun CPT en Milàn. Os presos suben ao tellado e automutìlanse. Sucèdense motìns en Turìn, Bolonia, Roma e Crotone. Denùnciase a complicidade da Cruz Vermella e de centos de empresas que se encargan e lucran coa xestiòn dos centros.
-9 de outubro de 2008: Comeza xuìzo contra os anarquistas de Lecce (12) acusados de “asociaciòn ilìcita con fins terroristas” debido a sùa constante luita contra os CPT (Centri di permanenza temporale).
Sucèdense as acciòns anònimas contra os CPT e en solidaridade cos anarquistas encausados.
-18 de febreiro de 2009: Incendio e motìn no CPT de Lampedusa.

Este artigo pretende ser unha sìntese do dossier titulado "Extranjeros: de todas partes?" aparecido na Revista Anarquista Internacional "A Corps Perdu" nº1 de Agosto do 2009.


UNHA EXPERIENCIA RECENTE... NO BORDER CAMP 2010 (BÈLXICA)

Asì presentaban esta campaña os organizadores...


E asì se sucederon as convocatorias..

No hay comentarios:

Publicar un comentario