Pese a que Marvin Harris non sexa considerado como un autor especìficamente anarquista, as sùas investigaciòns en torno ao campo da antropoloxìa puxeron de relieve numerosas cuestiòns (a apariciòn da dominaciòn e o estado no seo das sociedades humanas, entre outras) interesantes para ser usadas como ferramentas de teorìa libertaria. Se hai intererese en profundizar no tema, a obra de Piotr Kropotkin “El apoyo mutuo” foi concebida como un arma anarquista contra o darwinismo social burguès, potenciando a idea da cooperaciòn como principal factor de evoluciòn.
Pode existir a humanidade sen gobernantes nin gobernados? Os fundadores da ciencia polìtica crìan que non. “Creo que existe unha inclinaciòn xeral en todo o xènero humano, un perpetuo e desazonador desexo de poder polo poder, que sò cesa coa morte”, declarou Hobbes. Èste cria que, debido a este innato anhelo de poder, a vida anterior (ou posterior) ao Estado constituìa unha “guerra de todos contra todos”, “solitaria, pobre, sòrdida, bestial e breve”. Tiña razòn Hobbes? Aniña no home unha insaciable sede de poder que, a falta dun xefe forte, conduce inevitabelmente a unha guerra de todos contra todos? A xulgar polos exemplos de bandas e aldeas que sobreviven nos nosos dias, durante a maior parte da prehistoria a nosa especie manexouse bastante ben sen xefe supremo, e menos aìnda ese todopoderoso e leviatànico Rei Deus Mortal de Inglaterra, que Hobbes crìa necesario para o mantemento da lei e a orde entre os seus dìscolos compatriotas.
Os estados modernos organizados en gobernos democràticos prescinden de leviatàns hereditarios, pero aìnda non atoparon o xeito de prescindir das desigualdades de riqueza e poder respaldadas por un sistema penal de enorme complexidade. Con todo, a vida do home transcurriu 30.000 anos sen necesidade de reis nin reinas, primeiros ministros, presidentes, parlamentos, congresos, gabinetes, gobernadores, alguaciles, xuìces, fiscales, secretarios de xulgado, carros patrulla, furgòns celulares, cadeas nin penitenciarias. Como se arranxaban os nosos antepasados sin todo isto? As poboaciòns de pequeño tamaño dannos parte da resposta. Con 50 persoas por banda ou 150 por aldea, todo o mundo se coñecìa ìntimamente, e asì os lazos do intercambio recìproco vinculaban à xente. A xente ofrecìa porque esperaba recibir e recibìa porque esperaba ofrecer. Dado que o azar interviña de forma tan importante na captura de animais, na recolecta de alimentos silvestres e no èxito das rudimentarias formas de agricultura, os individuos que estaban de sorte un dìa, ao dia seguinte precisaba pedir. Asì, a mellor maneira de asegurarse contra o inevitable dìa adverso consistìa en ser xeneroso. O antropòlogo Richard Gould exprèsao asì: “Canto maior sexa o ìndice de risco, tanto màis se comparte”. A reciprocidade è a banca das sociedades pequenas.
No intercambio recìproco non se especifica canto ou que exactamente se espera recibir a cambio nin cando se espera conseguilo, cousa que enturbiarìa a calidade da transacciòn, equiparàndoa co troco ou à compra-venta. Esta distinciòn subxace en sociedades dominadas por outras formas de intercambio, incluso as capitalistas, pois entre parentes e amigos è habitual dar e tomar de forma desinteresada e sen cerimonia, nun espìritu de xenerosidade. Os xòvenes non pagan con diñeiro polas sùas comidas na casa ou polo uso do coche familiar, as mulleres non pasan factura òs seus maridos por cociñar, e os amigos intercàmbianse regalos de aniversario e Nadal. Non obstante, hai niso un lado escuro, a expectativa de que a nosa xenerosidade sea recoñecida con mostras de agradecimento. Alì onde a reciprocidade prevalece realmente na vida cotidiana, a etiqueta esixe que a xenerosidade se dè por sentada. Como descubriu Robert Dentan nos seus traballosa de campo entre os semais de Malasia Central, ninguèn da nunca as gracias pola carne recibida de outro cazador. Despois de arrastrar durante todo o dìa o corpo dun porco morte a travès do calor selvàtico, o cazador permite que a captura sexa dividida en partes iguais que logo distribùe entre todo o grupo. Dentan explica que expresar agraecimento pola raciòn recibida indica que se è unha persoa mesquiña que calcula o que dà e o que recibe. “Neste contexto resulta ofensivo dar as gracias, pois dase a entender que se calculou o valor do recibido e, por engadidura,que non se esperaba o doante tanta xenerosidade”. Chamar a atenciòn sobre a xenerosidade propia que equivale a indicar a outros que estàn en dèbeda permanente contigo e que esperas resarcimento. Òs pobos igualitarios repùgnalles suxerir tan siquera que foron tratados con xenerosidade.
Richard Lee còntanos como se percatou deste aspecto da reciprocidade a travès dun incidente moi revelador. Para complacer òs kung, decidiu comprar un boi de gran tamaño e sacrifica-lo como presente. Despois de pasar varios dìas buscando polas aldeas rurais bantùes o boi màis grande e fermoso da rexiòn, adquiriu un que lle pareceu perfecto. Pero os seus amigos levàrono aparte e aseguràronlle que se deixara enganar ao comprar un animal sen valor algùn. “E claro que o vamos comer, pero non nos vai saciar; comeremos e regresaremos às nosas casas con ruxir de tripas”. Pero cando sacrificaron a res de Lee, resultò estar cuberta dunha gran capa de graxa. Màis tarde os seus amigos explicàronlle a razòn pola cal tiñan manifestado menosprezo polo presente, aìnda cando sabìan mellor que èl o que habìa baixo a pel do animal:
“Cando un home novo sacrifica moita carne chega a creer que è un gran xefe ou un gran home, e imaxìnase ao resto de nòs como servidores ou inferiores seus. Non podemos aceptar isto, rexeitamos ao que alardea, pois algùn dìa o seu orgullo levarao a matar a alguèn. Por iso sempre dicimos que a sùa carne non vale nada. Asì, atemperamos o seu corazòn e facemos del un home pacìfico.
Lee observou a grupos de homes e mulleres regresar a casa todas as tardes con animais e froitas e plantas silvestres que cazaran e recolectaran. Compartìano todo por un igual, incluso cos compañeiros que se quedaran reparando o campamento ou cos que se quedaran todo o dia durmindo ou arranxando as sùas ferramentas e armas.
“Non sò xuntan as familias a producciòn do dìa, se non que todo o campamento, tanto residentes como visitantes, participaban a partes iguais do total de comida dispoñible. A cea de todas as familias componse de porciòns de comida de cada unha das outras familias presentes. Os alimentos distribùense crus ou son preparados polos recolectores e repartidos despois. Hai un trasfego constante de noces, baias, raìces e melòns de un fogar a outro ata que cada habitante recibiu unha porciòn equitativa. Ao dìa seguinte son outros os que saen en busca de comida, e cando regresan ao campamento no final do dìa, repìtese a distribuciòn comunitaria.
(...)
Extraìdo de Nuestra Especie, de Marvin Harris.
23 oct 2010
"Habìa vida antes dos xefes?" por Marvin Harris
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
Moi bó texto, demostra unha vez mais que a "civilización" e evolución tanto a nivel de relacións interpersonais dxs humanxs como a nivel de moral ou organización social non é mais que o miserábel, mórbido e irrespirábel reflexo dos intereses dun cortello de energúmenxs sen escrúpulos que "aprenderon" a valorar mais as súas pertenencias mundanas que o apoio e amor dxs seus/súas seres achegadxs.
ResponderEliminarPola evolución e o desarrollo dx individux, rematemos coa civilización.
Saúde e anarquía no voso corazón