O próximo martes 12 de Outubro terá lugar no C.S.O.A "A Casa das Atochas" ás 20:30 h unha palestra do escritor e pensador anarquista Miquel Amorós.
Esa mesma semana,o venres 15 ás 20:00 h, realizarase a presentación da novela: "Caminando hacia el abismo.Historia de una generación." de José M. Botana Cao, a cargo do propio autor.
Trátase dunha novela de contido social que narra a vida dun delinquente habitual de ideoloxía anarquista dende a súa xuventude ,nos derradeiros días do franquismo, ate os nosos días. O cácere e a loita contra o mesmo, así coma os movementos políticos que ficaron ó marxe da "transacción" española, mistúranse nesta ficción preñada de realidade que rinde homenaxe a toda unha xeración.
30 sept 2010
Dúas actividades na Casa das Atochas (A Coruña)
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario