14 jul 2010

Lixo no salgueiron


A situación é a seguinte:

Especuladoras da peor calaña teñen especial interese en deixar morrer o espazo natural de Punta Balea (Massó) e xs cidadáns de Cangas asistimos con carraxe e impotencia ao espectáculo de ver como o lixo e a sucidade se amorean mentres xs políticxs, con mirada de boitres, esperan que pase o tempo para que o “cadáver” deste particular sitio que cada día se parece máis a un vertedoiro caia no olvido ou que non lle importe xa a ninguén.Vanse tirando a pelota dunxs a outrxs, do concello de Cangas a capitanía marítima, pasando por Marina Atlántica, e ninguén se quere ensuciar as mans co lixo deste sitio. Os propios traballadores da recollida son cómplices de toda esta farsa, non só desatendendo o que é a súa obriga senón mofándose da xente que lles chamou a atención sobre esta situación.

Por iso nós hoxe decidimos pasar á acción directa, que é a acción sen intermediarixs. Porque non podemos esperar nada de quen son incapaces de ver máis alá da rendibilidade económica e que teñen máis interese en deixar morrer este sitio para convertelo nun estercoleiro.

O sábado 31 levaremos o lixo a onde toque.

Necesitamos a túa axuda, ven coa túa furgalla, tractor, chimpín, carretilla etc. e participa nesta caravana reivindicativa.

DESPOIS CONCERTOS:
Grupos por confirmar

TODO O NADA
etc...

No hay comentarios:

Publicar un comentario