Hoxe martes 25 de maio ás 8:45 h. da mañá presentáronse traballadores do concello, axentes da Garda Civil e a policia local para facer desaloxo do novo centro social que se acaba de botar a andar no Salgueirón, en Cangas do Morrazo.
Intentaron entrar pola forza, arrancando a pechadura da porta principal de xeito violento, golpeando a porta e ameazando.
Logo varios axentes da garda civil, acompañados en todo momento por un traballador do concello limitáronse a merodear polos arredores da casa. Nese momento aproveitamos para comunicarlles os motivos polos que estamos aí como protesta contra a especulación nos terreos das antigas fábricas de Massó e lembrarlles o artigo 10º da Constitución española e o artigo 7º do Código Penal. Así mesmo se colgou un par de faixas e se pegou na porta da entrada unha advertencia legal.
Con este novo centro solcial reivindícase un uso social do Salgueirón e que loite ó mesmo tempo contra a especulación inmobiliaria da promotora inmobiliaria Residencial Marina Atlántica.
Esta acción non é allea ó conflito de Massó, onde se leva anos loitando contra a construción dun porto deportivo e que está directamente conectado cun macroproxecto en terra dunha gran área comercial, varios centos de vivendas e hoteis en mais de 200000m2 de terreo, con varias fábricas declaradas patrimonio industrial polo Estado, xardíns botánicos e un rico intermareal, dende hai anos no mais absoluto e consentido abandono e que pasan por ser a aútentica zona verde e de espallamento que lle queda ó pobo de Cangas á beira da ría.
http://salvemososalgueiron.blogaliza.org/
25 may 2010
O NOVO CENTRO SOCIAL DO SALGUEIRON RESISTE A DESALOXO VIOLENTO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario