19 sept 2014

Tres detidos polo bombazo no metro de chile reivindicado pola "Conspiración de Celulas do Lume (Chi)"

A prensa comercial chilena informa da detención de tres persoas en relación co estoupido dunha bomba caseira que deixou catorce transeuntes feridos nun restaurante de comida rápida do metro de Santiago de Chile. Unha destas persoas sería supostamente o autor material dos feitos, ao que a policía vincularía tamén con al menos outros dous atentados sen vítimas.

Un comunicado aparecido onte en es.contrainfo.espiv.net (-AQUÍ), reivindicou esa acción no nome "dunha fracción de Conspiración de Células do Lume", así como outra bomba máis detonada no metro no 23 de xullo. Aseguran no mesmo que foi avisada a policía por medio dunha chamada teléfónica.

Antes de colgar o comunicado (traducido ó galego), solo quero reiterar, como xa dixen nesta outra entrada deste blog (-AQUÍ), que considero unha auténtica chapuza estes feitos, que só poden perxudicar a causa do anarquismo combativo alonxando del calqueira posible simpatía popular. Avisando unicamente a policía da colocación dunha bomba situada nun lugar público e cheo de xente deixas nas mans do teu inimigo a posibilidade de facer de ti un monstruo. Deste xeito o poder pode escoller entre salvar unhas poucas vidas que nada lle importan ou afondar no sentimento de histería popular contra os seus adversarios.

Non pretendo erixirme en xuiz de ninguén, pero se non facemos unha reflexión colectiva sobre certos aspectos éticos e tácticos cruciais no desenvolvemento da loita social, deixarémoslle o campo abonado ao noso inimigo e correremos o risco de tropezar mil veces cos mesmos erros. Con todo, sempre é de agradecer que a intención non fose a de causar feridos, pese a que os medios non fosen os máis axeitados e comportasen tan desastroso e lamentable resultado.

Vaia por diante o meu apoio e a miña completa solidariedade cxs compañeirxs vítimas da represión estatal así como o meu convencemento da criminal responsabilidade da policía neste desagradable asunto.

Nova redactada por C.R., único responsable da opinión vertida nela.

Aquí deixamos a traducción do comunicado:



Santiago, Chile: Reivindicación dos bombazos na estación Los Dominicos e o subcentro de Escola Militar

"a vida é tan aburrida que non temos que facer outra cousa que gastar o noso soldo na última faldra ou camisa. Irmáns e irmás, cales son os vosos desexos reais? Estar sentado nun bar, a mirada distante e baleira, aburrido, bebendo un insípido café? Ou quizais voalo e pegarlle lume? (angry brigade).

A nosa fracción da conspiración das células do lume (CCF) decidiu atacar o día 23 de xullo a estación os dominicanos do metro de Santiago. O feito causo gran balbordo político e mediático. Os burócratas e medios coordinaron os seus discursos para dicir que o ataque estaba dirixido aos pasaxeiros que a esa hora transitaban, e por isto invocouse a utilización da lei antiterrorista. Esta acción foi planificada, tomando en conta os minutos en que non houbese pasaxeiros, calculamos o momento en que o metro rematase o seu percorrido e que o carro estivera gardado. O chofer moveu o bolso co artefacto cara a outro vagón do carro, baixo un asento, como no outro lugar no que estaba instalado inicialmente, esta situación a ocultaron os medios e axentes do goberno. O anterior interpretámolo como un aproveitamento do individuo ao pensar que quizais podería encontrar algún obxecto de valor dentro do bolso, pero topouse coa nosa sorpresa que resulto como se esperaba.

Como sempre calquera acción tendiente a atacar vai ser axuizada e castigada polo poder económico dos empresarios ou membros da burguesía, polos poderes do estado coas súas leis, xuíces, políticos e policías. A principal función do estado é a protección dos intereses dos ricos e poderosos, dos acomodados ou beneficiados deste sistema de explotación e dominación. O metro día a día transporta as persoas, conseguindo millonarios beneficios a diario. Transpórtannos pola cidade que nos consume a enerxía no seu modo de vida, onde a explotación do traballo alleo marca a pauta. Atacamos directa e simbolicamente estruturas do poder no seu terreo, nos condes. A normalidade con que funciona a cidade foi o obxectivo e seguirao sendo.

Por isto mesmo o día 8 de setembro decidimos atacar o subcentro de escola militar. Un centro comercial da burguesía, situado nas condes, onde empresarios fan das súas para acomodarse e comercializar as súas mercadorías que atrapan ás persoas na estupidización do espectáculo e a aparencia. A sociedade que camiña nesta dirección é a que atacamos. A sociedade da dominación que invade todas as expresións da vida. Saiban que demos aviso ao 133 a máis de 10 minutos antes da detonación, esperando que a policía reaccionase evacuando o lugar, pero fixeron caso omiso a esta información detonando o artefacto e causando varios ferido, os cales lamentamos, deixamos en claro que o noso obxectivo non eran os consumidores e/ou traballadores, senón as estruturas, propiedades e esbirros do poder. A súa incompetencia e inoperancia contribuiu ao dano causado ás persoas lesionadas. Os grandes asasinos e terroristas sempre foron os aparatos represivos do estado.

Irmandámonos con todos os compañeiros que en todo o mundo se enfrontan a esta realidade de dominación, que ocupan todos os medios a man para atacar ao poder.

Enviamos un saúdo a todos os compañeiros que cumpren condenas nos cárceres do mundo. Marcelo Villarroel, Freddy Fuentevilla, Carlos Gutiérrez, Juan Aliste Vega, Hans Niemeyer, Tamara Sol Farías, Mónica Caballero, Francisco del Solar, Marco Camenisch, Gabriel Pombo dá Silva, Alfredo Cospito, Nicola Gai, a todos os irmáns da CCF arredor do mundo, Polydoros Giorgos, Hatzimihelakis Haris, Tsakalos Christos, Tsakalos Gerasimos, Argyrou Panagiotis, Nikolopoulos Michalis, Nikolopoulos Giorgos, Ekonomidou Olga, Bolano Damianos, Mavropoulos Theofilos. A todos os que cumpren condena por enfrontarse na práctica a toda dominación. Recordamos a todos os caídos na guerra social, a Mauricio Morais, Sebastián Overluij, a todxs os que se atreveron a actuar... ninguén está esquecido.

Facemos un chamado a todos xs insurrectxs a pasar á ofensiva, a atacar ao poder en todas as súas formas de dominación

Conspiración das Células do Lume (Chi)


Seguindo coa recopilacións de opinións sobre estes feitos que iniciamos en entradas pasadas, deixamos un enlace a http://www.hommodolars.org/web/ onde podedes atopar outra reflexión sobre os feitos (previa a aparición do comunicado) -AQUÍ

No hay comentarios:

Publicar un comentario