11 sept 2014

Estracto dun panfleto aínda non publicado. Perto dalgunha fronteira que queremos tirar abaixo. Contra a Cultura, contra a Civilización.


"...E todo o que suceda, todo canto aconteza dende o teu nacemento, será máis importante ca ti mesmx: Deus, Estado, inclusive a mesma Anarquía, estarán por enriba de tí. Ti serás un/ha serventx. Ante esta idea de submisión, eu digo que o máis importante na túa vida es ti mesmx: á merda a Familia, o Estado, o Partido... e á merda a Anarquía."

Un incendio deixa cinzas tras de sí. Nós non queremos deixar nada. Non botamos en falta a simbólica da destrución. Queremos A Nada. Un abismo. O baleiro absoluto. Desartellar cada poro da pel que envolve o substrato do noso pensamento dominador. O ideario da posesión subxace tras a aparencia dunha ‘normalidade’ persistente. O noso inconsciente envelenado, terra morta, aboada cos paradigmas civilizados. Non queremos crear. Non queremos seguir reproducindo ningún paradoxo do civismo alienado e alienante desta non-vida. Non sobre este pavimento. Queremos voar ata as ruínas. Dignificar a macabra danza da vida e da morte; e morrer para deixar de camiñar desangrándonos os pés e as alegrías. Abrazar a nosa iconoclasia e incendiar todos os nosos cadros, as nosas obras burguesas, o mesto veo que cobre a nosa psique. A Cultura é tan só o ornamento que decora a nosa existencia. Non a necesitamos. Non lle debemos nada. É máis, para desenvolver a nosa individualidade, debemos desfacernos dela. Cando comezará o gran baile de máscaras? Cando estalará o horrendo escaparate - esa barreira de cristal que nos impide ser, que anula a nosa esencia? Cando nos coñeceremos de veras, á marxe das relacións espectaculares e mercantís? O teatro debe cesar. As nosas accións deben facer renxer o mundo. Unha loita a morte contra nós mesmxs está a chamar por nós. A guerra é clara. Comecemos xa.

Nihilistas

1 comentario: