22 sept. 2014

[CP Teixeiro] Violación do direito á confidencialidade nas comunicacións con encirradxs en illamento

Ven de denunciar Esculca, da man da súa vice-presidenta, tal como se publica na súa web, que no CP de Teixeiro en 10 de setembro nunha súa entrevista profesional con A.R.P., interno no C.P., o deficiente estado do sistema de audio dos locutorios habilitados para estes fins impediu a esta avogada comunicar co seu defendido de maneira segura e confidencial: “No momento de facer a entrevista entre esta avogada e o seu defendido foi imposible a comunicación nos locutorios habilitados para dita entrevista na zona de isolamento; isto supuxo que a entrevista, que de maneira obrigatoria se establece como privada e baixo o segredo da comunicación entre avogados e defendidos, tivera que decorrer a berros para poder escoitarse, vulnerando asi o dereito á defensa, imposibiitando o seu exercicio e sendo escoitada polos funcionarios que nese momento prstaban o seu servizo na citada zona de isolamento e que en ningún momento, todo o contrario, posibilitaron que a entrevista cumprira cos principios de seguridade e confidencialidade”.

Esta avogada ven de solicitar, nun seu escrito dirixido ao Colexio de Avogacía de Ourense (ao que ela está ascrita), que reclame a inmediata reparación do sistema de forma que non resulte afectado o dereito á defensa e fique garantida a estrita confidencialidade das comunicacións.

Ver aquí o escrito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada