5 ago 2014

[Salamanca] 14 ao 17 de agosto 7º Encontro do Libro Anarquista

Reproducimos a información que as compas de Salamanca nos foron facendo chegar a nosa caixa de correos sobre a celebración desta nova edición do Encontro:

Convite a Participar

Continúa o Encontro do libro Anarquista de Salamanca do 14 ao 17 de Agosto do 2014, con esta septima edición pretendemos continuar construíndo un espazo de acción e teoría que pouco a pouco se consolide dentro da rede anual de feiras de libros que se organizan na península ibérica e a que tu tomes parte nos actos. Invitámosvos a participar nesta septima edición da feira e que vos pasedes uns días por Salamanca, nun fenomenal ambiente: cultural, solidario e libertario.

Continuamos con interese de seguir apoiando ás distribuidoras, librarías e editoriais alternativas que axudan a poñer en contacto a grupos e persoas dispersas que necesitamos da comunicación con xs outrxs para poñer en común as nosas reflexións, accións, creacións, intercambio de material...

Seguimos sendo unha asemblea aberta horizontal, composta por persoas pertencentes a organizacións e colectivos anarquistas de Salamanca e cidades de arredor.

Entendemos a distribución anticomercial como unha ferramenta necesaria para difundir un ideal, para crear conciencia debate transformación social, de xeito autoxestionado, sen os condicionantes estéticos e ideolóxicos que impón o mercado comercial, creando nos mesmxs un espazo propio, libre da lóxica do mercado.

Non nos move o beneficio, nin o éxito, nin a competencia, e co noso traballo apoiamos as loitas sociais que poñen en cuestión a orde dominante.

Promovemos unha difusión cultural de facer as cousas cos teus propios medios e deixando os custos dos materiais o máis alcanzable posible.

Para este ano repetimos espazo, Plaza de Barcelona (xunto á estación de tren) e La Casa de la Juventud de Garrido, onde se desenvolverán todas as actividades do encontro e a feira de distribuidoras, librerias, editoriais, colectivos...

Tes unha distribuidora, libraría ou editorial, Como podes participar?:

Este Encontro desenvolverase na rúa no mes de Agosto, as presentacións de libros, recitais e comidas. Os postos das distribuidoras estarán a pe de rúa, con sombra e amplo sitio, aínda que queremos avisarvos para que non existan problemas, que agradeceriamos que teñades en conta que o material que traiades posúa algún dos seguintes criterios:, material autoeditado, material descatalogado ou antigo, de editoriais extintas ou difícil de encontrar, publicacións de editoriais que non asistan á feira ou en representación delas; e preferiblemente sexa: libros, folletos, revistas e material imprimido (tema de discos de música e camisetas non abusar) e aínda que sexas unha distribuidora que comezou con material a deposito tambien te animamos a participar. Damos este detalle para entender que os compas das edicións se asistan darlles asi a facilidade que probablemente dispoña de máis copias para mover.

Dende a organización vaise intentar conseguir o maior número de mesas posibles para montar os postos, pero se algún traedes algunha propia será ben recibida.

A feira está dirixida ás distribuidoras anticapitalistas e anarquistas, que se moven fóra das canles comerciais e que na súa gran maioría están dedicadas á distribución e autoprodución de material IMPRIMIDO, é dicir, os selos de música e postos doutro tipo de material non son grupos aos que vaia dirixida a convocotaria, iso non quita que non se poida distribuír material de audio, vídeo, téxtil, etc... pero non é a idea e en caso de falta de espazo serán os primeiros en cedelo.

As mesas iranse destinando a aquelas que vaian confirmando a súa asistencia, pois as que cheguen sen confirmar previamente estarán expostas a que non exista un lugar libre.

Poñer un posto no Encontro do Libro Anarquista, non custará nada de nada. Apelamos máis á solidariedade e ao apoio mutuo dxs participantes para poder cubrir os gastos.

Segundo se vaian confirmando iremos deixando visible na paxína web, as distribuidoras confirmadas para ser conscientes das que participaran. Para iso agradecemos que nos facilitedes toda a información posible, contacto, cantas persoas necesitais aloxamento e por cantos dias, o nome do proxecto.

Entendemos que serán varios días de convivencia nun espazo común, así que confiamos na responsabilidade de cada un para manter o espazo limpo.

As exposicións de material, serán abertas todos os días dende as 11 da mañá ata as 22 da noite a excepción do xoves 14 que será a partir das 17h.

Aloxamento:

Tendo en conta que se trata dun espazo reducido, a prioridade de aloxamento será para as distribuidoras, editoriais, librarías e relatores. É necesario que vos traiades esteiras e sacos de durmir (se tiveses algunha lesión ou causa maior que cho impedise fáinolo saber con antelación para buscarche un aloxamento axeitado).

As distribuidoras, editoriais, colectivos, particulares, etc. que estean interesados en participar, axudando a cociñar, preparar vertedeiro, colocación de cadeiras e mesas, etc... pedímosvos que nos confirmedes o antes posible, para poder ir organizándonos mellor, tanto a vosa presenza, coma as persoas de cada distribuidora que vos achegaredes. Podédelo facer en encuentrosalamanca@gmail.com

Financiamento:

O encontro é autoxestionado, é dicir non recibimos subvencións de institucións nin empresas para a súa realización, tampouco ninguén cobra por participar na organización: non buscamos o lucro persoal.

Realizaremos para cubrir o financiamento deste: comidas e ceas veganas cada unha polo custo de 4 euros, con gran parte de alimentos elaborados pol@s compañeir@s da asemblea en hortas ecologicas. Tamén poñeremos á venda un interesante DVD con moitas publicacións anarquistas históricas que dixitalizamos e que xa temos editados dous volumenes polo custo de 4 €, ao que vos invitamos a adquirir copias para difundir no voso colectivo e un par de modelos de camisetas por 6 €.

Cuñas do encontro para as radios

Elaboramos un par de cuñas para difundir polas radios libres, podcast, e demais formatos de audio. Agradecémosvos de antemán o apoio e a difusión.

Para poder descargar ou escoitar pica aqui e aqui (Grazas a Uhinak Irratia por facilitarnos as súas ferramentas).

Aproveitamos tambén para invitar as radios libres a participar desta nova edición. Durante os ultimos anos xs compas de Raio QK e radio Onda expansiva, cubriron a re-tranmitiron o encontro, mesmo o ultimo ano en directo. Se algunha radio ten o interes de colaborar e participar comunicarnoslo para poder facilitarvos a comodidade de ferramenta que vos faga falta, que este na medida das nosas posibilidades.

Por ultimo agradeceriamos tambien se algun programa que se mantén en verán activo a que nos realicen entrevistas.

Programación

(Todos os actos serán na Praza de Barcelona da capital salmantina)

XOVES 14 de agosto;

ás 18:00h.
BOOKCHIN E A ECOLOXÍA SOCIAL polo seu autor Àlex Alfaro Blanco

ás 22:00.
RECITAL POETICO A CARGO Da REVISTA CAPERUCITA NEGRA (Ávila).

VENRES 15;

ás 12:00h.
A COCIÑEIRA DE DURRUTI; Relator: Os Amigos de Ascaso Editorial.

ás 18:00h.
GAMONAL: EXPERIENCIAS COMBATIVAS E AUTÓNOMAS DUN BARRIO DE BURGOS

ás 22:00h.
TEATRO: A MULLER SOA; FRANCA RAME e DARIO FO. Interpretada por Ana Plaza

SÁBADO 16;

ás 12:00.
POR QUE NON NOS DEIXAN FACER A RÚA? PRÁCTICAS DOS ESPAZOS NA CIDADE CAPITALISTA. Relator: GEA La Corrala (Granada).

ás 18:00.
GRUPOS AUTÓNOMOS: UNHA CRONICA ARMADA DA TRANSACCIÓN DEMOCRATICA. Ponente:Joni D. e protagonistas dos feitos.

ás 22:00
CONCERTO de CANTAUTORES:
Paradoxus Lumporum (Madrid)
Diego e Lucía (Salamanca)
Buterflai (Bizkaia)

DOMINGO 18;

ás 12
Presentación do Libelo: Anarquismo e loita anti-alcólica na Guerra Civil Española (1936-1939) Relator: Juan Cruz López da Editorial Piedra Papel Libros.

Todos os días haberá comidas e ceas veganas a prezo popular.

MÁIS INFORMACIÓN Encontro do libro anarquista de Salamanca:
http://www.encuentrosalamanca.blogspot.com

1 comentario:

  1. ENCUENTRO DEL LIBRO ANARQUISTA SALAMANCA6 de agosto de 2014, 11:38

    AVISO para Distris e Librerías dxs organizadorxs:

    Olá Compas:

    Vos pediríamos a quen aínda non confirmaran a asistencia a esta edición da feira, por favor o fagades canto antes, para poder organizar o aloxamento e distribución das mesas o mellor posible.

    Igualmente aquel@s que non necesitedes pernoctar no lugar habilitado pola organización, facédenolo saber.

    Calqueira consulta a encuentrosalamanca@gmail.com

    Muitas grazas e ata dentro duns días.

    ResponderEliminar