2 ago. 2014

1700 policías no desaloxo da "Pizzería Okupada Anarquía" en Viena

A "Okupa Pizzeria Anarquía" en Viena foi violentamente desaloxada o pasado luns 28 de xullo. Un gran operativo policial foi montado pola mañán temprano, incluíndo o peche de estradas e rúas que rodean o lugar. A resistencia dende o interior da okupa e arredores non puido evitar o desaloxo deste edificio okupado fai un pouco máis de dous anos.

O Estado movilizou a uns 1.700 policías (centos deles vestidos con equipos antidisturbios, máscaras de gas, martelos e serras de cadea), un vehículo blindado, un helicóptero, deceas de vehículos e cañóns de auga. Polo menos 19 persoas foron detidas durante a operación.


2 comentarios:

  1. Italia? Querededes dicir Austria...

    ResponderEliminar
  2. Corrixido!
    Graciñas pola corrección. Un despiste, é o que ten andar traducindo varias novas ao mesmo tempo.

    ResponderEliminar