11 ago. 2014

[Columbia Británica] Rebenta unha balsa nunha mina de ouro canadense orixinando unha vertedura tóxica a gran escala



Recollemos esta información do rebentón do dique de contención da balsa mineira, do blogue da Plataforma cidadá "Salvemos Cabana", só días despois de saber por un falsimedio que Edgewater, o grupo promotor da minería de Ouro en Corcoesto, non tirara a toalla do seu propósito de encher Galiza (o cinturón aurífero Malpica-Tui) de minarias contaminantes e que se incorporara en 21 de outubro de 2103 na cúpula da Cámara Mineira galega (órgano consultivo e executivo da Administración, tutelado e promovido pola Consellería de Economía e Industria) como única vocal da cadeira denominada “outros”; xusto 6 días despois de que de que Feijóo anunciara no debate sobre o estado da autonomía o arquivo definitivo do expediente de Corcoesto e cando se estaba en plena tramitación, por parte da Xunta, da reforma da lei de ordenación da minería de Galiza (ainda pendente de debate no parlamentiño), que define a estratexia do colectivo e respalda unha legalización masiva, tal como se dera a coñecer, en maio de 2013, parte do seu contido, que incluía perlas do tipo “o sector mineiro é pioneiro na protección do medio ambiente” e da a benvida ás multinacionais, onde, nun lugar destacado, dabase por feito que o proxecto de Edgewater xa se declarara “proxecto estratéxico”.

O accidente da empresa Imperial Metals Corp. propiedade do executivo petroleiro Murray Edwards, sucedeu a primeira hora da mañá do luns 4 de agosto, cando rebentou o dique de contención da balsa mineira e un aluvión de máis de cinco millóns de metros cúbicos de lodos tóxicos inundou todo ao seu paso. O mediodía do martes, a compañía afirmou que a situación estaba "estabilizada", aínda que as autoridades cortaron o acceso ao perímetro por motivos de seguridade e o subministro de auga potable á poboación próxima ás localidades de Quesnel Lake, Polley Lake, Hazeltine Creek e Cariboo Creek, ampliándoa a todos os residentes nas inmediacións do Quesnel Cariboo e outros ríos.

Imperial Metals Corp., propietaria da mina Mount Polley, afirmou descoñecer os motivos da ruptura da balsa e víuse obrigada a suspender operacións nunha explotación que pretendía producir durante este ano 47.000 onzas de ouro, 44 millóns de libras de cobre e 120.000 onzas de prata a partir dun concentrado polimetálico.

De acordo cos datos preliminares do Inventario de Medio do Consello Canadense de Emisións Contaminantes, a mina Mount Polley xerou un total de 406.122 kg de arsénico, 177.041 de chumbo e 3.114 de mercurio entre os seus refugallos tan só en 2013.

As autoridades valoraron negativamente o feito nun comunicado. "Este é un incidente grave que non debería ter acontecido", afirmou Bill Bennet, Ministro de Enerxía e Minas da Columbia Británica. Os analistas, pola súa banda, consideraron a vertedura como un feito "moi negativo" e avanzaron que podería custar á mineira máis de dosciendos millóns de dólares tan só en compensación de danos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada