1 ago. 2014

[Clásicos Populares] Essenzia de Lapo

Fódanse!!
Tras varios meses parada, volta "Clásicos populares" a sección máis molona, enghettada e amiguista do noso blogue. Unha sección na que pretendemos aportar o noso grao de area á escea músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte da banda sonora da guerra social made in Galiza.



Voltamos forte, cunha banda imprescindible . Essenzia de Lapo, Punk-Rock en clave Glam aristocostrático, sen complexos, con mala ostia pero bo humor. Estes vigueses facturaron varios feixes de cancións básicas na historia do punk galego: "Ramiro Ledesma", "Hongos", "Martín el drag queen" , "A negación da personalidade" ou "la ley de la calle"... Todas dan mostras dunha gran orixinalidade. Essenzia de Lapo disolveuse no ano 2012 tras unha década de vida. Deixaron catro traballos no seu haber, todos eles moi recomendables: "Punk o muere"2003(Split con as bandas Bailando con Lokos e Kiss-T), "Más allá de las distancias"2005(Split con a banda australiana Mouthguards), "Fácil rastrero y humillante"2007(L.P.) y "No te salvarás"2011(L.P.). Nesta sección traemos o seu clasicazo "Cadenas y Disturbios". O certo e que bandas así son irrepetibles, quen disfrutou dos seus concertos e actitude pode afirmalo. Agardamos que nalgún intre se decidan a voltar as súas rastreiras i malandras aventuras.

Unha reportaxe de Emiliano Tocata para Abordaxe.
Especiais agradecementos ao Chini, sen el non habería sección.

1 comentario:

  1. Con permiso de Desvirgheitors, o mellor e mais fresco grupo de punk vigués...nin Skarnio, nin Soak...

    ResponderEliminar