3 ago. 2014

Castigar - música contra as prisións

Distintos artistas do ámbito musical galego presentan conxuntamente un interesante traballo crítico coas prisións e "as relacións de poder imperantes hoxe en día nesta sociedade". O audio ven acompañado dunha pequena contextualización. Neste post adxuntamos o enlace de descarga e mais o texto de presentación.

enlace para descarga:
http://www.mediafire.com/download/067zu0cjxwq1akt/CASTIGAR-+M%C3%BAsica+contra+las+prisiones.rar

enlace de youtube:
https://www.youtube.com/watch?v=fyL9XVQ9dtU

Este audio pretende sinalar algúns trazos sobre o concepto de castigo e as relacións de poder imperantes hoxe en día nesta sociedade. Comunicálo a través da expresión dunha persoa que padeceu máis de 22 anos de experiencia carcelária e participou de forma activa e determinante, na loita pola dignidade e liberdade das persoas presas resultou un reto e tamén un punto de enfoque moi potente para axudarnos a achegar a dura realidade deste concepto á gente. A expresión é breve, pero suficientemente crua e contundente, cremos, como para convidar aos ouvíntes a realizar unha aproximación.

Santiago Cobos realizou esta letra e decidiu poñela en mans de distintos colegas que compartimos unha estreita relación coa música, concedéndonos a oportunidade de interpretala. O que pretendemos con isto é contribuír dalgunha maneira a que as persoas sexan conscientes da realidade opresiva agochada tras as relacións de poder, unha realidade oculta que se observa con medo, de forma marxinal, e que arruína e aniquila as vidas de millóns de individuxs humanos e non humanos afectando tamén ao seu entorno. Poñer de manifesto que o castigo non serve para reinsertar, que o aillamento soamente consegue anular, degradar e destruír ao individuo, e que estes son síntomas dunha civilización enferma. Esta canción soamente é un grao de area no deserto das conciencias, pero trátase dun grao carregado de solidariedade.

Letra por Santi Cobos

Arreglos por Furnier e Kike Mestura

Voz por Furnier

Melodías por DJ Tips

Perscusión por Piti Sanz

Scratches por Santi La Rock

Grabado e mesturado por DJ Tips

Masterizado por Furnier 

Realizado durante o inverno do 2014


Informa Emiliano Tocata para Abordaxe-blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada