14 jul. 2014

[A Coruña] Mañán Martes 15 as 10h- Concentración de apoio ó noso compañeiro Peter nos Novos Xulgados en Os Mallos.

Este martes xuzgan o noso compañeiro Peter acusado de vender kleenex nun semáforo, o ano pasado. A policía despois de identifica-lo, deulle unha malleira da que todavía presenta lesións a día de hoxe, especialmente sinte dor o mover o pescozo.

O caso de Peter non é máis que un exemplo da xenofobia que teñen que padecer as persoas migrantes que tentan gañarse a vida. En Madrid, hai anos que as organizacións de defensa ós migrantes, denuncian a existencia de cupos de detención de persoas sin papeis, tanto con Rubalcaba (PSOE) como Ministro de Interior como con Jorge Fernández Díaz (PP), páganse primas ós policías para que deteñan e acosen a esas persoas migrantes indocumentadas, nas fronteiras de Ceuta e Melilla vívese un exterminio diario, á instalación de concertinas na valla, súmase asesinatos como o do pasado 6 de febreiro, no que morreron 15 persoas despois de que os gardas civís utilizasen pelotas de goma, botes de fume e todo tipo de material antidisturbios para impedir que chegaran a costa, xustificando os feitos, cun cúmulo de mentiras todas elas desmontadas polas ONG presentes en Ceuta. Tamén hai que destacar a exclusión da atención sanitaria pública a esta xente que non ten os papeis en regra e os continuas mensaxes xenófobas, cada vez máis explícitas, tanto dos políticos do PP como do PSOE.

En A Coruña, o 4 de agosto de 2011 un policía chegou a encañonar a un manteiro na rua Real, os acosos son constantes, especialmente nesta rua na que, a asociación de comerciantes da zona Obelisco, dirixida por Toncho Amor, denuncia continuamante os manteiros, provocando continuas redadas que rematan en detencións, xuizos, agresións e todo tipo de vulneracións dos seus dereitos, ante a indiferencia da meirande parte da poboación.

Non permitamos este tipo de prácticas diante da nosa faciana.

¡TODXS SOMOS PETER!

¡NINGÚN SER HUMANO É ILEGAL!

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada