30 jun. 2014

[Egipto] Un profesor universitario de filosofia moral propón "asasinar" os meniños da rúa como no Brasil dos 90

Non o dixo un calqueira, senón Nassar Abdullah, unha desas persoas que podería ser considerada un triunfador da vida, todo un profesor universitario de Filosofía Moral e Política na Universidade de Sohag, un intelectual que gañou o Premio Estatal de Artes en 2009 e tamén é escritor, tradutor e poeta; e colunista do xornal Al Masry al Youm.

Abdullah publicou un artigo, que logo foi retirado, no que defende o asasinato dos nenos que viven abandonados nas rúas. O autor di que sería unha medida igual que a que fixeron as forzas de seguridade brasileiras na década dos 90. Segundo consignou o portal RT, Abdullah escrebera que "as forzas de seguridade brasileiras iniciaron unha campaña para cazar e matar os nenos da rúa como cans vagabundos, para evitar os perigos" e reincidira apontando que "na década dos 90, os nenos da rúa nas principais cidades de Brasil pasaron de ser unha fonte de molestias a ser unha fonte de terror, xa que cometían cada vez máis crimes como violacións, prostitución, asasinatos, nun momento en que a situación económica de Brasil era similar á actual en Exipto", e apontillou "con esta dura solución logrouse limpar as rúas das principais cidades de Brasil de nenos na rúa. Sucedeu porque o liderado político tivo a vontade de reformar e de loitar contra a corrupción, así como a de prover postos laborais. Esta é a lección que todo o mundo debería aprender da experiencia brasileira" para agregar que a rehabilitación dos nenos da rúa é moi custosa.

O artigo, publicado o venres pasado na sección de opinión do diario Al Masry al Youm, causou unha onda de indignación no país, polo cal rapidamente foi eliminado da páxina web. O sábado, organizacións de defensa dos Direitos Humanos presentaron unha denuncia contra Abdulá por incitación ao asasinato e por poñer en perigo a vida de minores de idade. Ademais, peden unha indemnización dun millón de libras exipcias (uns 100.000 euros) para os meniños da rúa que se destinarían a un fondo para a súa protección.

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada