Traducimos de ContraInfo (es) esta contribución ao debate en resposta ao documento escrito no cárcere “Non digas que somos poucxs, só di que estamos determinadxs” da O.R. Conspiración das Cédulas do Lume e do preso Theofilos Mavropoulos, enviado a un encuentro internacional anarquista que tuvo lugar en Zúrich en noviembre de 2012:
"Aquí, Cíclope! Bebe viño despois que comiches carne humana, para que vexas que bebida escondía a nosa nave. Tróuxencho como libación, por se te compadecías de min e me enviabas á casa, pois estás enfurecido de forma xa intolerable. Cruel!, como vai achegarse a ti en diante ningún dos numerosos homes? Pois non obraches como corresponde".
Así falei, e el tomouna, bebeu e gozou terriblemente bebendo a doce bebida. E pediume por segunda vez:
"Dáme máis de bo grao e dime agora xa o teu nome para que che ofreza o don de hospitalidade co que te vas alegrar. Pois tamén a doadora de vida, a Terra, produce para os Cíclopes viño de grandes uvas e a chuvia de Zeus failles crecer. Pero isto é unha catarata de ambrosia e néctar".
Así falou, e eu ofrecinlle de novo do vermello viño. Tres veces leveillo e tres veces bebeu sen medida. Despois, cando o viño invadira a mente do Cíclope, dirixinme a el con doce palabras:
"Cíclope, me preguntas o meu célebre nome? Voucho dicir, mais dáme ti o don de hospitalidade como me prometiches. Ninguén é o meu nome, e Ningúen chámanme a miña nai e o meu pai e todos os meus compañeiros".
Así falei, e el contestoume con corazón cruel:
"A Ningúen comereimo o último entre os seus compañeiros, e aos outros antes. Este será o teu don de hospitalidade".
Dixo, e reclinándose caeu boca arriba. Estaba tombado co seu robusto colo inclinado a un lado, e da súa garganta saltaba viño e anacos de carne humana; eructaba cargado de viño.
Entón arrimei a estaca baixo o abundante rescaldo para que se quentase e comecei a animar coa miña palabra a todos os compañeiros, non fose que alguén me escapase por medo. E cando en breve a estaca estaba a punto de arder no lume, verde como estaba, e resplandecía terriblemente, achegueime e saqueina do lume, e os meus compañeiros rodeáronme, pois sen dúbida un demón lles infundiá grande valor. Tomaron a aguda estaca de oliveira e craváronlla arriba no ollo, e eu facía forza dende arriba e dáballe voltas. Como cando un home tradea cun trépano a madeira destinada a un navío outros abaixo a atan a ambos os dous lados cunha correa e a madeira xira continua, incesantemente, así faciamos dar voltas, ben asida, á estaca de punta de lume no ollo do Cíclope, e o sangue corría pola estaca quente. Ao arder a pupila, o sopro do lume queimoulle todas as pálpebras, e as cellas e as raíces crepitaban polo lume. Como cando un ferreiro somerxe un gran machado ou unha garlopa en auga fría para temperala e esta estride grandemente -pois este é o poder do ferro-, así estridía o seu ollo en torno á estaca de oliveira. E lanzou un xemido grande, horroroso, e a pedra resoou en torno, e nós botámonos a fuxir aterrorizados.
Entón extraeuse do ollo a estaca empapada en sangue e, toleado, botouna de si coas mans. E ao punto púxose a chamar a grandes voces os Cíclopes que habitaban en derredor seu, en covas polas ventiscosas cumios. Ao oír estes os seus berros, viñan cada un dun sitio e colocáronse arredor da súa cova e preguntáronlle que lle aflixía:
"Que cousa tan grande sofres, Polifemo, para berrar dese xeito na noite inmortal e facernos abandonar o sono? É que algún dos mortais se leva os teus rabaños contra a túa vontade ou te está a matar alguén con engano ou coas súas forzas?"
E contestoulles dende a cova o poderoso Polifemo:
"Amigos, Ningén mátame con engano e non coas súas propias forzas".
E eles contestáronlle e dixéronlle aladas palabras:
"Pois se ninguén che ataca e estás só... é imposible escapar da enfermidade do gran Zeus, pero polo menos suplica ao teu pai Poseidón, ao soberano".
Así dixeron, e marcharon. E o meu corazón rompeu a rir: como os enganara o meu nome e a miña intelixencia irreprochable!
Homero. A Odisea.
Dende a antigüidade non faltou quen intuíse e cantado a potencialidade do uso do anonimato. Só se é ninguén se pódese evitar ser recoñecido polos seus inimigos. Trátase dunha sabedoría grega que polo que parece crea defecto nxs anarquistas da Conspiración das Células do Lume, alguns delxs dedican un amplo espazo ás razóns do uso do nome, da sigla, dunha identidade ben precisa coas que reivindicar accións de loita.
O seu texto é particular porque, a pesar de que formen parte do grupo armado anarquista específico quizais máis coñecido neste momento, en certo sentido acolle e fai propia gran parte da crítica máis difundida á loita armada, rexeitando toda separación, toda división de roles. Non hai compañeirxs que están en primeira liña manexando armas e compañeirxs que están na retagarda manexando papeis, porque todo medio é unha arma, pódese empuñar unha pancarta como un facho, unha pedra como a dinamita. O aceiro é a materia prima tanto das pistolas coma dos bolígrafos. Non hai ningunha xerarquía de medios, non hai ningún fetichismo técnico. Todxs xs compañeirxs teñen que ser capaces de poder usalo todo. Fin da especialización. Perfecto. Pero falta por superar a cuestión da identidade. De moverse na escuridade, e non baixo as luces de neon, estxs compañeirxs griegxs non queren nin oír falar.
Porque argumentaron as súas propias decisións, cousa que durante anos muitxs outrxs anarquistas que comparten recorrido non fixeron por non o considerar oportuno, facendo deste modo imposible calquera debate sobre a cuestión, e despois de enviar o seu texto a un encontro anarquista, é evidente a súa intención de abrir finalmente unha discusión sobre estes temas. Encantados con esta decisión súa, imos intentar aquí achegar a nosa contribución ao debate.
Comezamos pola cuestión dos medios. Despois de precisar non querer absolutamente poñer límites á iniciativa anarquista e de querer xeneralizar todo coñecemento técnico, estxs compañeirxs escriben: "cremos que o que se necesita é que a vontade pola revolta anarquista sexa apropriable e os medios non sexan máis que obxectos que só esperan que as nosas mans e desexos os descubran. Así, evitamos as distincións entre a violencia de baixa ou alta tensión e destruímos a reprodución do mito da especialización. Un exemplo característico da polimorfa acción anarquista é o experimento da FAI/FRI, que asume a responsabilidade tanto da colocación de pancartas solidarias e a sabotaxe de fechos de tendas comerciais en Perú e Bolivia, como do disparo contra un alto executivo da enerxía nuclear en Italia e o axusticiamento de tres munipas en México. É así, pois, como comezamos nos tamén, como Conspiración de Células do Lume, sen caer nunca na trampa da arrogancia dos medios e a súa xerarquía informal". Palabras claras, inequívocas, pero... acompañadas por un exemplo digamos un tanto absurdo. Porque é unha verdadeira loucura que unha única "sigla" reivindique accións tan distantes -en canto a consecuencias- como a colgar pancartas e o homicidio de policías. O primeiro é un acto común, ao alcance de calquera, a diferenza do segundo. Normalmente, xs autorxs do primeiro xesto poden ser encontradxs máis doadamente, non necesitándose para isto grandes persecucións. Pero no exemplo exposto elxs estaríanse a arriscar a pagar as consecuencias tamén do segundo xesto, en particular alí onde ambas as dúas accións se puidesen verificar no mesmo territorio. Ou é que en Perú e en Bolivia xs anarquistas da FAI/FRI se terán que limitar sempre ás pancartas e o pegamento? Ou é que para realizar semellantes actos simples deberán ter as mesmas atencións necesarias que para outras moitas formas de accións?
A estxs compañeirxs gregxs esquéceselles completamente considerar algúns mecanismos represivos, como por exemplo, o uso do delito de asociación, que paradoxalmente e involuntariamente se ven favorecidos polo seu ímpeto identitario. Para aclarar o que queremos dicir, poñamos dous exemplos históricos concretos. En España, nas últimas décadas do s. XIX, houbo moita axitación social. Na baixa Andalucía en particular, multiplicáronse os incendios de viñedos e colleitas, así como a talla ilegal de leña, o roubo de gando, mesmo os homicidios. A diferenza do anarquismo catalán, entón máis próximo a posturas legalistas, xs anarquistas andaluces/andaluzas mantiveron certa propensión cara á acción directa. Neste escenario fixo a súa aparición en 1883 a "Mano Negra", fantasmagórica organización anarquista á que as autoridades atribuíron un complot que pretendía matar a todxs xs proprietarixs terratenentes da rexión. Aínda que si é certo que esta suscitou simpatías en muitxs anarquistas andaluces/andaluzas, é tamén certo que a mesma existencia desta organización queda aínda en dúbida. Por exemplo, xs autorxs de "O incendio milenarista", os Cangaceiros franceses Delhoysie e Lapierre, escriben: "Tamén é probable que nunca existise un grupo ou unha seita secreta co nome de Mano Negra; este nome serviu para indicar un conxunto de accións e de seitas sen nome. En total, o conxunto de procesos levados a cabo contra anarquistas andaluces/andaluzas no ámbito da Mano Negra concluíu con 300 condenas de cárcere". Máis alá da dúbida de se esta "sinatura" fose unha pura invención policial ou unha decisión efectiva por parte de algunhxs compañeirxs andaluces/andaluzas é, de todos os xeitos certo, que por un lado englobou todas as accións sen nome levadas a cabo nese período e, por outro, serviu á maxistratura para distribuír penas altas a quen tivese participado nas distintas loitas sociais daquel tempo (ademais de para xustificar moitas execucións sumarias contra subversivxs). Xs autorxs de innumerables accións pequenas víronse así perseguidxs e condenadxs por ser acusadxs de participar nunha banda armada da que nunca formaran parte (e que, igual, nin sequera existía).
Algunha década despois, en Francia, produciuse un feito análogo. As accións realizadas por algunhxs compañeirxs individualistas foron atribuídas a unha "Banda Bonnot" que naceu só na fantasía dun xornalista. En realidade non houbo ningunha banda estructurada, só un ambiente de compañeirxs activo e efervescente. Individualidades singulares encontrábanse, asociábanse para unha acción, deixábanse, sen ningunha homoxeneidade. Pero o espectro dun "grupo organizado" axitábao a maxistratura e usouse para incriminar decenas de compañeirxs por delitos de asociación que prevían penas maiores, as cales tivesen sido imposible impoñer sen a creación dese fantasma organizativo colectivo.
Movemento social ou "área" de movemento específico, en ambos os dous casos as pequenas accións realizadas por compañeirxs singulares, expresión da selva escura que é a anarquía, foron fagocitadas por unha Organización, por un Grupo, xa fóra real ou ficticio. O Estado ten todo o interese de que suceda isto. Por un lado, pódese difundir a idea de que só son unhxs poucxs obcecadxs os que o combaten, que calquera intento insurreccional é só o complot de pouquísimxs subversivxs contra a vontade de muitísimxs cidadás conscientes, privando así á subversión do seu carácter social e xeralizable. Por outro lado, pode usar contra os seus inimigos a man dura, aumentando as condenas grazas ao uso do delito asociativo.
Desgraciadamente, para estxs compañeirxs gregxs, só hai un xeito de evitar todos estes problemas: o anonimato. Canto foi dito ata agora suxeriuse como precaución, como elección "estratéxica". Pero isto só é un aspecto suplementario da cuestión, na nosa opinión o menos importante. De feito, o anonimato é tamén e sobre todo o método que máis corresponde aos nosos desexos. Non só considerámolo útil e funcional, abrigo, considerámolo xusto.
O anonimato elimina o dereito de posesión dx autorx sobre o que fixo, despersonaliza a acción liberándoa da particularidade humana que a realizou. Deste xeito permite que a acción se converta potencialmente nun acto plural (e paciencia se excita a mesquindade dxs cripto-ufanatorixs). A acción anónima non ten proprietarixs, non ten patróns, pertence a ninguén. Isto significa que pertence a todxs aquelxs que a comparte.
Pola noite, todos os gatos son pardos. Ninguén está diante a guiar, ninguén está detrás a seguir. O que facemos na escuridade, só o sabemos nós. E abonda. A escuridade protéxenos de nosxs inimigxs, pero protéxenos tamén e, sobre todo, de nós mesmxs. Nada de líderes, nada de gregarismos, nada de vaidades, nada de admiración pasiva, nada de competición, nada de demostrarlle nada a ninguén. Máis ben, nuxs e cruxs, sen mediacións. Ardeu un banco, explotou un cuartel, abateuse un poste de alta tensión. Quen foi? Non importa, non ten ningunha importancia. Que o fixese Pepe ou Pepa, que diferenza hai? Pasou, pódese facer, fagámolo! Na escuridade a acción fala por si mesma. Se non é comprensible, seguro que non serán rechamantes comunicados engulidos pola máquina propagandística do Estado os que a dean un sentido. Como xa se fixo notar, unha acción seguida por un comunicado é como un chiste seguido por unha explicación. Facéndoo así non se mellora para nada o efecto, senón que se banaliza, estrágase. Se unha acción non fala por si mesma, non vai ser acumulándolle palabras por enriba como se vaia resolver o problema que, con toda evidencia, se encontra ao principio, na equivocada elección do obxectivo.
As accións de ataque non necesitan de ningunha xustificación a posteriori. Nun planeta destruído polas guerras, necesítase facer saber por que se ataca unha base militar? Nun mundo presa da especulación, necesítase facer saber por que se ataca un banco? Nunha sociedade corrompida pola política, necesítase facer saber por que se ataca os partidos? Non. As razóns están á vista de todxs e, alí onde non o estean, tócalle a todo o movemento facerse cargo de difundir aquela crítica social capaz de facelas comprensibles e, entón, compartibles e, deste xeito, reproducibles.
É tan humano, espontáneo, natural e inmediato o desexo de atacar o inimigo, como artificial e calculado o impulso de facer propaganda del, de asumir a súa paternidade, de atribuírse o mérito. Aos ollos de quen? Se xs autorxs dunha acción dan un paso adiante é porque queren ser recoñecidxs, porque se queren distinguir, ou porque queren ser admiradxs e seguidxs. Aquí comeza o espectáculo, aquí ábrese o bando para enrolarse. Quen se pon á luz remata inevitablemente falando polos demais. E entón, só pode pasar que a el/ela lle apunten todos os focos, a el/ela puxéronlle o micrófono na man. Xs demais, se non queren sentirse usadxs, estarán obrigadxs, á súa vez, a dar un paso adiante; algunhxs para seguir os pasos dxs primeirxs, outrxs para distanciarse. O final do anonimato sinala o fin da igualdade, o inicio da representación. Os media sempre están dispostos a amplificar as palabras de quen chame ás súas portas, dxs que acepten as lóxicas do espectáculo. E esta amplificación é gratificante, dá a ilusión da forza. Un acto anónimo, por moito que sexa significativo, será con toda probabilidade silenciado, mentres que un feito mesmo banal pero "asinado" será abandeirado aos catro ventos - mira!, falan de nós! Viches o fortes que somos?
Mentres, na escuridade non hai nomes, non hai identidades, hai un movemento heteroxéneo, magmático, fragmentario, convulso. Ninguén manda, ninguén obedece. Os actos, como as palabras, valen polo seu sentido, polo seu contido, polas súas consecuencias. Non pola reputación dxs autorxs. En vez de invocar o final do anonimato nas accións, habería que introducilo tamén nas palabras. Dar vida a un movemento anarquista autónomo, anónimo, decidido a atacar sen darlle ningunha explicación ao inimigo. Capaz de levar adiante a teoría e a práctica sen construír pedestais para xs ambiciosxs. As razóns das accións exprésanse nos libros, nos xornais, nos manifestos, nos panfletos, en todas as teorías levadas adiante polo movemento en todo o seu conxunto. As paixóns das ideas veñen expresadas nas manifestacións, nas sabotaxes, nos incendios, nos ataques, en todas as prácticas levadas adiante por todo o movemento no seu conxunto.
Xs compañeirxs gregxs escriben que "o nome de cada grupo no que participamos é a nosa psique". Que afirmación máis rara! Pero que hai máis segredo, máis íntimo, máis indicible que a psique? Quen querería ver a súa propia psique en primeira páxina, a súa alma vomitada polo tubo catódico? O nome é só unha identidade. Serve para facerse coñecer e para ser recoñecido. Rexeitar o nome imposto pola sociedade da mercadoría para escoller un propio non se diferencia moito. Non fai máis que lanzar outro logo. Fronte á conversa mediática, a este estrondo enxordecedor, como fronte ao inimigo, non hai dúbidas: o silencio é ouro. Os media atribuirán o significado que máis lles conveña ás accións anónimas, distorsionándoas ao seu uso e consumo? Seguro que o farán, é o seu oficio. Pero o uso dunha sigla non cambia esta situación. É máis, deste xeito non faise máis que participar nesta obra de confusionismo. Quen pensa poder falar forte e claro dentro dos media, é un/ha inxenux. En realidade, son os media os que falan a través del/dela.
E despois, ¡que dicir da idea de que os grupos informais poidan e deban discutir entre eles a través dos comunicados de reivindicación!? Pero, preguntámonos a quen se queren dirixir? Ás persoas da rúa, a xs explotadxs e por iso potenciais cómplices, que non entenden o significado da acción? O a xs compañeirxs doutros lugares para dialogar? No primeiro caso, ademais da ilusión de poder usar os media, non se entende a presenza de todas esas referencias ao que sucede no movemento: mensaxes transversais, citas, alusións, todas, cousas que fan as reivindicacións incomprensibles aos ollos da xente común. As súas reaccións non poden ser máis que a indiferenza respecto á loita destes estraños anarquistas que no momento da acción expresan un universo mental verdadeiramente estremecedor, incapaz de ir máis alá dos seus narices. Xs anarquistas contra o Estado, o Estado contra xs anarquistas: isto é toda a guerra social? No segundo caso, non se entende o motivo polo cal se recorre a un instrumento similar. Por que un diálogo, unha discusión, un debate entre compañeirxs teríase que desenvolver a través dos mass media en vez da través dos medios do movemento? Por que, para afrontar certas cuestións, non poderían abondar os xornais, os fanzines, as revistas ou, mesmo os blogs? E en que cousa estas discusións son máis interesantes e válidas se non son todxs xs compañeirxs xs que as levan adiante, quizais mesmo diariamente, senón xs "militantes de organizacións combatentes" pola realización das súas accións? Mentres se desencadea este xogo de pura auto-representación, a policía e os xornalistas len todas as nosas palabras, aprenden códigos lingüísticos, anotan similitudes, descifran referencias, fan hipótese sobre posibles relacións, deducen responsabilidades... e prepáranse.
Como fixo notar durante o encontro en Zúrich unha compañeira, durante os anos 70 en Italia as distintas organizacións armadas reivindicaron centos de accións de ataque contra o Estado. Pero fóra deste espectáculo político, que tanto contribuíu a crear unha mitoloxía revolucionaria completamente demencial que aínda hoxe continúa segando vítimas, houbo miles de accións. Os media deron un amplo espazo ás primeiras, pero fixeron de todo para silenciar as segundas. Aínda é necesario explicar o motivo?
Por isto, lemos con coidado o documento de estxs compañeirxs gregxs, e estamos encantadxs de que se expresasen claramente sobre este asunto. Pero entre a hipótese de que a acción radical anarquista se agregue en Frontes Únicos e Federacións Anarquistas (quizais mediante pactos asociativos que secundar), ou que se disemine en pequenos grupos de afinidade, nós continuamos sen ter dúbidas. E preferindo unha revolta anarquista, autónoma, anónima...
No hay comentarios:
Publicar un comentario