A Feira "LIBRE LIBRE QUERO SER" segue na súa ruta de bares e lugares "tan gratos para conversar"..., e mañán xoves 22 remata o seu periplo na Tasquiña do Chucas (cruce r/río Limia con a r/ río Bubal no barrio do Vinteún). Co gallo desta fin da etapa, está prevista unha Festa con petiscos riquísimos, e as organizadoras convidan a achegarse para desmontar algúns mitos carcelarios con un Xogo do Verdadeiro ou Falso???
E deixános unha pequena intro para irmos pensando...:
-A condena a prisión perpetua non existe no estado español
-Os cárceres estan cheos de presxs perigosos e violentos. Xs delincuentes son persoas carentes de moral e compaixón
-Os cárceres son institucions cómodas e seguras. Nos cárceres non se vive mal, mantéñente gratis, tes comodidades (TV, piscina...) e saes cunha pensión
-Cada vez hai máis xente presa porque cada vez cométense máis delitos
-Delinquir é unha decisión individual, se a fas tela que pagar
-Hai cárceres para mulleres e cárceres para homes, xestionadas de forma diferenciada
-Xs presxs que cometen delitos graves están clasificadxs no réxime máis restritivo: 1º grao
-O sistema legal protexe ás vítimas
-Xs delincuentes entran por unha porta e saen pola outra. Case ninguén cumpre a súa condena íntegra.
-O mantemento das prisións so xenera gasto
-As prisións son necesarias e inevitables, sempre existiron e sempre existirán
-O consumo e o tráfico de drogas en prisión non lle interesa ao Estado porque xera violencia e inseguridade nos cárceres
- Dentro dos cárceres son habituais os malos tratos e as torturas
Agardámoste!
No hay comentarios:
Publicar un comentario