11 mar. 2014

[Ucraína] - Asesinato do anarquista Sergei Kemskiy no Maidan a mans da policía.

Recebemos dous comunicados nos que, por primeira vez, faise mención do asesinato a mans policiais do anarquista ucraniano Sergey Kemskiy, un comunicado asinado por Secours Rouge/APAPC, a fracción belga do SRI(Socorro Rojo Internacional) e outro da Alternativa Libertaria francesa (organización comunista libertaria fundada en 1991), aos que damos pulo, a forza de ser redundentes.

Dicer previamente que apenas temos dados do Sergey, quen foi asasinado nos confrontos ocorridos entre o 18 e o 20 de febreiro no Maidan, e morreu no hospital por feridas de bala na noite do día 20, atopamos na rede esta reflexón dunha súa compañeira, Svetlana Andreychuka, o respeito da súa morte: "Sergei hoxe foi morto, morto aínda que non puido loitar, non puido atirar ... El dixera que si se distribuian armas, el ia saír en primeira liña ... mais non o fixo. (...) el morreu por ti e pola liberdade!".

Sergey nascera en Kerch (cidade portuaria na costa oriental de Crimea), era perito do Instituto de riscos e oportunidades políticas e económicas, experto ​​en temas de traballo científico de auto-organización de base e do movimento sindical. Antes do comenzo dos acontecementos que acabaran con a súa vida, era editor da web "NarFor" -Foro dos Pobos, criada a partir dos contidos xerados polxs usuarixs (o Chuza! ucraíno). Ademais tiña subido á canle youtube varios videos, como este en homenaxe a Nestor Makhno:



Colamos os dois Comunicados aos que faciamos referencia:

1) Comunicado da Alternativa Libertaria francesa:

Estivemos relativamente cautelosos e silenciosos ao respeito dos acontecementos que axitan a Ucraína dende novembro. A ocupación da praza Maidan, presentada como un movemento "pro- UE" polos “mass media” deixounos escépticas ata o inicio da sanguenta represión do Estado ucraíno.

Nós entenderamos máis que lexítimas as demandas do pobo ucraíno contra o poder corrupto dos oligarcas, interpretado por Yanukovich, quen saqueaban a riqueza da poboación entanto esta era explotada de forma metódica e afrontando a represión policial. Pero a evidencia dun número crecente dos nosos compañeiros anarquistas, sindicalistas e antifascistas do lugar (incluíndo os do sindicato independente de Kiev) criticando o papel central da oposición pro- fascista e nacionalista no movemento Maidan, con súas milicias financiadas praticando métodos tan escuros e autoritarios (como impedir o acceso ao lugar de esquerdistas revolucionarios e anarquistas), que todo iso levounos á prudencia, reforzada ante o apoio incondicional dos líderes europeos a actuar con cautela.

Por desgraza, hoxe en día, parece que estabamos certos.

Dende a saída repentina de Yanukóvich negociada por diplomáticos europeos e americanos, os fascistas asumiron amplamente o novo goberno, prohibindo o primeiro Partido Comunista stalinista pro-ruso e ucraíno, perseguindo os seus membros e ocupando militarmente os edificios do goberno en Kiev sen sequera tocar os intereses dos oligarcas contra os que o pobo loitara.

A maior parte do leste ucraíno, de fala rusa, levantouse a súa vez, tras unha demostración de forza do PCU e a península de Crimea afirma a súa independencia, baixo a protección de Rusia, que enviou paracaidistas para tomar pola forza a cidade de Sebastopol e os seus arredores. Ante isto, o novo goberno "Pro- UE" necesita reactivar o seu arsenal nuclear e mobiliza o exército, á súa vez. Estas tensións poden levar a un gran conflito.

Estamos certos de que –obviamente- non vai traer nada bo para o pobo ucraíno. Tampouco estamos enganados por cuestións xeopolíticas e do intervencionismo dos estados da Unión Europea e Rusia no conflito en preparación. A Ucraína é un país importante na carreira polo poder trabada pola burguesía e os países occidentais e rusos. Por iso, é un punto de tránsito vital para a economía do gas para o oeste europeo e unha base militar importante para Rusia. Non é baixo a supervisión de un ou outro que vai mellorar a vida dos Ucraínos. Tamén é triste ver a grandes medios de comunicación volcados nunha revolta liderada por nacionalistas en Ucraína, mentres que as revoltas anti-capitalistas en Bosnia e no resto dos Balcáns son totalmente silenciadas e ignoradas.

É igualmente patético ver como os medios occidentais están a facer todo o que poden para ocultar o ascenso da ultradereita e a súa integración nas institucións a través da súa alianza cos dereitistas pro-UE no goberno de transición.

Todos os nosos pensamentos e solidariedade son hoxe para con xs nosxs camaradas ucraínxs, e para todxs xs que por alí se están mobilizando por unha sociedade libre e igualitaria, e que foran presxs ou mortxs, como Sergei Kemskiy anarquista asasinado en Maidan pola policía, e para con todo o pobo ucraíno, cuxo sufrimento e explotación (aínda) non rematou.

Só un movimento amplo e popular, unindo as forzas dos movementos sociais combativos do país, afrontará o intervencionismo e proporcionará unha mudanza social e económica vital para a poboación. Estamos mobilizándonos hoxe para esixir o cese das operacións militares e da intervención occidental e de Rusia, e do apoio europeo e dos EEUU ao goberno "nacionalista", cuxa lexitimidade a través das urnas e na rúa segue sen ser demostrada.

Na Ucraína como aquí, combatamos o fascismo e resistamos ao imperialismo!
Morte á guerra!
Solidariedade con xs antifascistas, sindicalistas e revolucionarixs da Ucraína!

Alternativa Libertária, 6 de marzo de 2014


2) Comunicado da Secours Rouge/APAPC belga:

Nosa web [secoursrouge.org] ten sido prudente sobre os eventos de Kiev (como tambén en relación con os de Caracas) en razón da presencia masiva, aberta e dirixente de forzas abertamente reacionarias nas manifestacións. Eses eventos foron cobertos a fartar polos medios oficiais.

Como na Siria, unha parte das forzas de esquerda recusa a xuntarse à insurreción por esta razón, querendo mesmo apoiar o regime como fixo o importante Partido Comunista Ucraniano (herdeiro do vello partido soviético) que criou unha Frente popular antifascista que (citamos) "comprende representantes de diversas organizacións sociais, unidas para luitar contra a ameaza de unha rebelión fascista no país".

Á contra, resaltando a caracteristica antipopular do rexime, unha parte das forzas de esquerda xuntouse à insurreción onde queren combater a influencia fascista (muitos incidentes opuseram os fascistas aos membros da esquerda revolucionária na praza Maidan). É sobretodo o caso dos anarquistas. Un deles, Sergei Kemskiy, foi morto por tiro no tiroteio na praza Maidan.

Noticia colada x eDu

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada