7 mar 2014

Recopilatorio Convocatorias Fin de Semana

Abordaxe viaxa ata Porto para apresentar o novo nº da nosa revista en papel, mañán sábado na Casa Viva nunha Xornada de Solidairedade con xs presxs anarquistas na que ademáis haberá concertos de rap, comida vegana, bebida a precios populares e distribuidoras de material antiautoritario. Todo isto con entrada libre na Casa Viva (praza do Marqués, nº167). A programación podedes vela nesta entrada de Abordaxe.

E dende hoxe venres tendes en A Coruña as Xornadas de Resistencia do CSO Palavea. Acá podedes ver as actividades previstas para hoxe e mañán sábado.

Ademais tendes outras opcións hoxe venres as 22:00h en Lugo, con a proxección do Documental "Emma Goldman, unha muller sumamente perigosa" no local do Ateneo Libertario "A Engrenaxe" e, a posteirori, realizarase un pequeno debate. Ver máis información

E mañán sábado, tal como anunciamos aquí hoxe mesmo, en A Guarda ás 14:00' haberá xantar vegano solidario con a vindeira II Feira do Livro Anarquista

No hay comentarios:

Publicar un comentario