8 mar. 2014

Opinión: Carta Aberta ao Movemento Anarquista Español sobre o que pasa en Venezuela

Colamos traducido de El Libertario esta opinión asinada por Pedro Beltran Wells:

Dende o pasado 12 de febreiro do presente ano, toda a rexión de Venezuela e en especial os estados centrais e andinos, onde a xente anoxada polos altos niveis de violencia produto da delincuencia (25.000 mortos só en 2013), a escaseza de bens e servizos (28,3%), de inflación (56%) dos pésimos servizos básicos e dun goberno con verborrea que só sabe acusar a calquera disidencia de ser "fascista" e de "dereita", tomou as rúas de forma descentralizada, sen dirixentes e envorcando toda a súa lexítima rabia contra a autoridade establecida como os míticos "motíns de fame" que abundaron a inicios do capitalismo no vello continente.

Pero aínda que abundan os relatos, as imaxes de represión por parte do exército e de paramilitares do goberno, o movemento anarquista ibérico nas súas múltiples expresións preferiu gardar un oprobioso silencio con relación aos sucesos; o que parece ser un saúdo á esquerda autoritaria global que hoxe dá berros histéricos ante un "golpe de dereita" que ninguén pode nin poderá demostrar.

Cando o extenso Movemento Libertario Español, estaba baixo o xugo do franquismo, os seus afíns venezolanos brindaron apoio, asistencia, loxística e asilo a moitos inmigrantes ibéricos que formaban parte da CNT, FAI, FIJL e Mulleres Libres; Só basta con mencionar nomes como Víctor García, Pablo Benaiges, José Xena, Miguel Campuzano, Joaquín Ascaso ou Juan Cámpa, así como centos de militantes anarquistas conseguiron espazo nestas terras para desenvolverse e seguir a loita contra o fascismo do señorito da Coruña e os seus acólitos nacionalistas.

Dende Venezuela, colaborouse amplamente con diñeiro e loxística ao exilio ibérico, cortáronse relacións diplomáticas coa ditadura e perfís como o de Juan García Oliver ou Xerminal Esgleas paseáronse por estas costas buscando apoio que se lles brindou.

Coa chegada do pacto da Moncloa, o apoio dos poucos libertarios da rexión cos seus homólogos da Península continuou, como parte do principio de internacionalismo e de apoio mutuo que albergamos nos nosos corazóns. Non obstante, esa reciprocidade parece non existir na actualidade.

España como produtor e exportador de armas, é o principal vendedor de equipos para a contención da protesta popular en Venezuela, sen importar o falabarato ideolóxico, o goberno español - o seu adversario natural - sabe que o "proceso bolivariano" garante a continuidade da súa coroa parlamentaria.

Hoxe o seu silencio, é só comparable co mesmo que gardaron cos compañeiros cubanos silenciados, torturados e asasinados pola tiranía dos irmáns Castro, o mesmo réxime que hoxe fai das súas na máis vergonzosa das colonias da historia, a de Venezuela ante Cuba.

Como anarquistas non esperamos que os "compañeiros" ibéricos dean a loita por nós, non loitamos por que grupos opositores tomen o poder, loitamos por que estamos rabiosos, anoxados e solidarizados con o pobo que sofre as inclemencias dun proceso excluínte e totalitario. Por iso, o seu silencio e pouca solidariedade é o reflexo dunha oprobiosa complicidade cun goberno autoritario e capitalista.

Por iso... non falen de liberdade... cando ven a dos seus irmáns minguar.

5 comentarios:

  1. es confusa a intención do articulo.
    Interesante as aportacions nos comentarios de El Libertario.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Sen dúbida, confusa a súa intención, mostra(intencionadamente ou non) un absoluto descoñecemento das loitas anarquistas desta Península. Crítica parcial e chea de abstraccións. Por outra banda parece que hai xente que se esquece que daqueles tempos da CNT/FAI/JJLL/MULLERES LIBRES xa choveron case 100 anos. Mulleres libres non existe, a FAI é unha anécdota de especie de parapolicía sindical dentro da CNT, as "Julis" de Federación Ibérica ten máis ben pouco, resumense a Madrid e algún sitio de Castela. Mentres que a relación de CNT como confederación co anarquismo específico e mais ben alonxada, cando non moi tensa.

      Movemento Ibérico? Existe??Como identificar iso hoxe en día???

      Existe un problema real de solidariedade? Ou un problema de relación, pola falla de comunicación das distintas individualidades e colectivos de AMBOS territorios??

      Outra cousa moi importante é que o artigo non fai propostas de ningún tipo, ningún tipo de alternativa coa situación que critíca. Non plantexa nin sequera un mínimo de mecanismos de relación ou comunicaciónb real. A loita en Venezuela é a loita dxs venezolanos mesmxs... Deben ser xs irmás anarquistas venezolanxs quen deben propoñer un enfoque desta súa loita, incluso a nivel internacional, para que se poida establecer unha solidariedade efectiva dende outros territorios do mundo, se fose ao revés, se fose a xente de fora quen plantexase a forma de actuar, entón non se trataría de solidariedade, trataríase dunha especie de intervencionismo estéril sen plantexamentxs claros e alonxados da realidade venezolana.

      A min paréceme que detras desta reflexión hai moito "lirili" e pouco "lerele"

      Eliminar
    2. Ademáis é un texto dirixido a un suposto movemento anarquista español. Hai que darse por auldidxs? :DD

      Eliminar
  2. Eu nom vejo confussom algumha na mensagem, outra cousa é que as compas anarquistas venezolanas tenham umha ideia moi errada do que é (se é que existe tal) o movimento anarquista ibérico (que nom só espanhol) e a sua capacidade de resposta aos conflitos mais alá das suas fronteiras (nas que nom cremos). Mas acho que a sua crítica (acertada ou nom) é ao silenciamento nas nossas webs, blogues e outros medios sobre a situaçom na venezola, de donde tiram que esse silenciamento é dar por boas as actuaçons da esquerda autoritária do "chavismo maduro" contra o povo venezolano em luita.

    O resto é chorimiqueio do que figeram em Venezuela por anarquistas espanhois há case um século (suponho que nem num lado nem no outro fica gente que vivira esses sucessos) e o que nom estamos a fazer nós por elxs nesta situaçom.

    Mas a crítica nom está mal dirigida, se bem em abordaxe nom nos damos por aludidxs, dado que é um tema que tratamos em algumha entrada na que colamos informaçom de "El Libertário" e de Individualidades Anarquistas:

    http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2014/03/venezuela-declaracion-do-colectivo.html

    http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2014/02/actualizacion-express-da-situacion.html

    http://abordaxerevista.blogspot.com.es/2014/02/venezuela-resumo-expresso-da-situacom.html

    ResponderEliminar
  3. Pois eu penso que si está mal dirixida a crítica, ademáis de parecerme unha perda de tempo. Non existe silenciamento tal nas webs libertarias do Estado español, ao mellor o que si existe e falta de participación dxs compxs venezolanxs

    ResponderEliminar