Colamos traducido este artigo de opinión da web Tercera Cultura, onde o autor analiza un estudio recén de 3 investigadoras (1 home e 2 mulleres) que pon en cuestonamento que o patriarcado afecte máis as mulleres que ao homes, nunha teoría que afirma que en especies sociais, como a humana, non só hai control sobre as femias senón tambén control sobre outros machos individuais, o que causa a estes últimos danos de forma significativa, que som maiores canto máis "patriarcal" sexa a sociedade na que moran; teoría que, sen dúbida, dará que falar. Qué xurda pois o debate!!
"Patriarcado" entendido como un sistema social construído para beneficiar sistematicamente aos homes a expensas das mulleres é unha creación bastante recente. En ningún caso se trataría dun termo anterior á chamada "segunda ondada" do pensamento feminista dos anos 60 do século pasado, se ben a raíz ideolóxica se encontra nalgúns pensadores radicais da Ilustración. Segundo a descrición que fai Jonathan Israel sobre o pensamento de François Poulain de la Barre (1647-1723), autor de De l'egalité deas sexes (1673), "a inxusta subordinación das mulleres aos homes débese ao poder da tradición e o prexuízo aliados coa interesada tiranía que os homes impuxeron sobre as mulleres ao longo das épocas". Parece que a feminista radical Kate Millet foi a encargada de nomear a este proceso "patriarcado" no seu libro Sexual politics (1970).
A ciencia e a antropoloxía clásica falaban máis de "familia patriarcal" que de "patriarcado" neste sentido. L.H. Morgan (1818-1881), no seu Ancient society (1881), distinguía a familia patriarcal "fundada no matrimonio dun home con varios esposas, seguida en xeral pola reclusión das esposas" doutras formas de familia non patriarcais: familia consanguínea, punaluana, syndasmiana ou paritaria e monógama. Morgan vinculaba a familia patriarcal coa barbarie e recorda que foi paulatinamente substituída mesmo entre gregos e romanos pola familia monógama. É máis, Morgan subliñaba que a familia patriarcal é excepcional no rexistro antropolóxico do parentesco humano. Pola súa banda, John Hajnal (1924-2008), ao estudar a nupcialidade europea, distinguía tamén a familia propiamente patriarcal, ou "comunitaria", dos demais tipos de familia, autoritaria, nuclear absoluta e nuclear igualitaria.
O "patriarcado" como sistema social e familiar estendido ao longo do tempo e as nacións tería resultado unha formulación alieníxena neste contexto.
Non obstante, segundo algúns antropólogos e psicólogos evolucionistas o "patriarcado" de feito ten orixes no noso pasado prehomínido, tal como explicou en bastante detalle Sarah Blaffer Hrdy. De acordo coa formulación de Daniel Kruger, Maryanne Fisher e Paula Wright (2014), a última unha académica independente e administradora do grupo de Facebook "Darwinian gender studies", lonxe de contradicirse, darwinistas e feministas en realidade coincidirían ao "documentar diferenzas de poder entre os sexos, especialmente no control dos recursos, cos homes acaparando recursos e excluíndo as mulleres das decisións políticas na distribución dos recursos".
Para Kruger e as súas compañeiras, as feministas do patriarcado ignoran aspectos básicos destas dinámicas de control social, especialmente a competencia intrasexual masculina: "en especies sociais, tales como a humana, é necesario xuntar o control sobre as femias co control sobre outros machos individuais. Os homes tenderán a interferir os intentos de emparellamento coercitivo doutros homes, e isto simultáneamente podería reducir o éxito reprodutivo do competidor".
Baixo esta forma de "patriarcado" só unha minoría de homes conseguen reter o poder e o status necesario para exercer o dominio. O resto de homes resultan "desbotables" para empregar o termo de Warren Farrell e é probable que sufran as consecuencias da chamada "síndrome do macho novo" que provoca unha elevada mortaldade temperá masculina. Mesmo nas sociedades aparentemente máis avanzadas e igualitarias os homes seguen acaparando males sociais. É posible que deteñan máis poder social segundo certos criterios políticos e culturais, pero os homes suicídanse máis, sofren máis homicidios e accidentes laborais, viven menos e padecen máis trastornos do desenvolvemento que as mulleres.
As autoras do estudo, publicado en Evolutionary behavioral sciences, predín que as diferenzas en poder social estarían relacionadas cos niveis de mortaldade masculina, e os seus resultados confirmarían que os niveis de mortaldade son máis prexudiciais para os homes nas sociedades máis polígamas e onde hai máis desigualdade económica entre sexos. As autoras empregaron no seu estudo datos procedentes do "índice de polixinia", creado por Kanazawa e Still, así como o índice de "empoderamiento" feminino das Nacións Unidas ou o coeficiente de Gini. Os seus resultados mostran que en xeral canto menos "igualitaria" é unha sociedade, maior é a proporción de mortaldade masculina comparada coa feminina: "ao longo das nacións, o empoderamiento social e económico das mulleres posúe unha forte relación inversa coa disparidade entre a mortaldade masculina e feminina provocada tanto por causas externas (directamente conductuais) e internas (mediadas conductualmente), mesmo tendo en conta a desigualdade económica xeral e a prevalencia da polixinia".
Que as sociedades definidas como máis "patriarcais" son daniñas de forma significativa para os homes contradí as expectativas ideolóxicas, tanto das feministas coma dos tradicionalistas que soñan cunha volta a un pasado mellor. Unha posibilidade tentadora é etiquetar como "paradoxais" as conclusións ou mesmo eliminar o concepto mesmo de "patriarcado". Wright considera que o concepto segue sendo útil, pero necesita ser redefinido. O "patriarcado" non sería tan só o sistema de opresión milenario imaxinado pola segunda ondada de feministas, senón, segundo a súa descrición, a "forma en que homes moi poderosos controlan tanto as mulleres coma outros homes, ademais dos recursos non humanos".
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario