10 ene 2014

RECORDATORIO: XIV Marcha a prisión de Teixeiro e máis convocatorias anticarcerarias para ese día.

E como prometemos hai uns días aquí vai o programa completo para o 11 de xaneiro, día da XIV Marcha á prisión de Teixeiro, a nosa xa lonxeva cita anticarceraria anual galega que, contra vento e marea, resiste os envites do poder.

… e despois en Compostela…
15:00 Xantar vegano na biblioteca anarquista A Ghavilla rúa Puente la Reina nº8
19:30 Concentración anticarceraria na praza do Toural
21:00 Ceador vegano e foliada no CSO Casa do Vento rueiro de Figueiriñas nº15


Deste xeito a xa tradicional marcha a pé ata o cárcere de Teixeiro, prevista para as 12:00h e que ten como obxectivo visibilizar a solidariedade e achegar o noso cariño as persoas represaliadas polo sistema, súmaselle unha concentración en Compostela (as 19:30h na praza do Toural) para amosarlle a sociedade o noso frontal rexeitamento do sistema penitenciario. Tanto o xantar coma a cea e a festa nocturna, ademais de dar cobertura aos solidarios vidos dende fora de compostela, axudarán a financiar os cuantiosos gastos ocasionados pola represión das marchas anteriores.

A intensificación da represión no último ano foi brutal; os cambios
lexislativos (reforma do código penal, a "ley de seguridad ciudadana"...),
o aumento xuízos pringue e o xuízo da Resistencia Galega son unhas poucas
testemuñas.

O gran golpe foi o bombo mediático da derogación da doctrina Parot para os
casos anteriores á súa vixencia, que está provocando que a opinión pública
acepte e case esixa a cadena perpetua, que na forma revisable xa nos ven
no paquete da reforma.

Se cabe mais que nunca é o momento de berrar e manifestar que o cárcere
non o queremos para ninguén, que non soluciona nengún conflicto e que
sirve ao sistema para agochar aquilo que lle interesa agochar, e ao mesmo
tempo atemorizarnos e desmovilizarnos.

Vémonos alí.

Subido por C.R. con diversa información chegada ao noso correo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario