Moi poucas veces veredes neste blogue un artigo de opinión que anteriormente saira publicado nun falsimedio da categoría de El Mundo, pero hai momentos en que apetece e este é un deles, onde o autor, Manuel Jabois, asinou no xornal de onte unha comparativa entre a luita viciñal en Os Praceres (Pontevedra) contra o paso dunha via de tren polo medio-medio da única praza desta vila e a do Gamonal.
E igual eu estou errado, mais penso que estas súas palabras no artigo en cuestión: "Causou estupor que se conseguise parar unha obra en Burgos mediante a violencia, pero a violencia funciona" poideran ser constitutivas de delito segundo o proxecto de reforma da lei de seguridade cidadá que, nun dos seus "novos" artigos, fala de que serán infraccións graves: "as manifestacións públicas, escritas ou verbais, efectuadas a través de calqueira medio de difusión, (...) con a finalidade de incitar a comportamentos de alteración da seguridade cidadán, violentos, (...), sempre que non sexan constitutivas de delito. Ou poida que non. Que cada quen tire as súas conclusións.
Colamos pois o artigo à íntegra:
Os Praceres, en Pontevedra, foi a finais do século XIX un lugar elitista de veraneo con praia de area branca, balneario e mansións ás que acudía a jet-set. Montero Ríos, figura central da Restauración e presidente do Goberno -breve-, tiña alí o seu Pazo e recibía a elite política de Madrid. As imaxes da época mostran aquel cultivado turismo pitiminí de peles brancas e comidas pantagruélicas. A Guerra Civil rebentou o lugar e en 1957 Franco adxudicou no medio da ría unha xigantesca fábrica de celulosa que arrasou a praia; hoxe hai veciñxs que espertan a 50 metros dunha toradora de sólidos. O impacto sobre a natureza foi similar ao de poñer un vertedoiro en metade de Cannes. A fábrica segue alí loitando por seguir aos pés do mar mentres Feijóo, tras o romance de Fraga con Ence, lle puxo data de saída: 2018. Aínda non está claro que a empresa saia nin que a Xunta o esixa.
Un día de 1999, fermoso apoxeo da democracia, xs resignadxs veciñxs de Os Praceres espertaron cunha gran noticia. Ese ano a Xunta, que autorizara un recheo xigantesco do veciño porto de Marín, adxudicou unha vía do tren en metade da praza da vila. A única praza de Os Praceres sería atravesada por un ferrocarril; naturalmente, a administración esixía que a máquina reducise a velocidade ao pasar e que houbese sinais para que as crianzas non atravesasen as vías. Todo eran vantaxes; xs veciñxs non o entenderon. Ergueuse en protesta moita xente, pero foron sobre todo mulleres as que fixeron garda. Os Praceres, na parroquia de Lourizán, é barrio de mariscadoras. Detiveron varias e o inicio dos traballos tivo que adiarse. Non houbo reforzos de ningunha parte de España, iso si o recordo, porque para entón a xente non buscaba en cada rotonda un pazo de inverno. Tampouco houbo eco na prensa española. En 2002, tras unha esgotadora loita, o tren cruzou a praza de Os Praceres ante a atónita mirada da veciñanza. Houbo xente que dixo que xamais pensou que a 200 metros dunha fábrica contaminante fronte ao mar fose a pasar un ferrocarril no medio da única praza da vila. Aí seguen.
Cada veciñx ten a súa obsesión. Sobre plano, o problema de Gamonal é diferente ao de Os Praceres salvo nunha cousa: a veciñanza rexeitan a obra. Probablemente sexa a primeira vez que un concello quere gastar un diñeiral en algo que un barrio non pediu. O lóxico é que antes da campaña se recollan peticións veciñais e que haxa bronca cando non se cumpran, pero como andará o interese xeral en Burgos que un alcalde quere gastar custe o que custe o diñeiro nunha obra repudiada. Aforro o contexto por sabido, incluído ese empresario Méndez Pozo que hai en cada cidade de España, a última na que un me dixo, aos dez minutos de coñecerme, que el non pagaba unha taxa porque para iso colocara o seu sobriño nunha concellaría do Concello. " E se a repón? ". "Teño máis sobriños".
Hai pouco un amigo que visitou Os Praceres preguntoume por que se fixo unha aberración así. Non só iso: por que ninguén se decatara. Contestei sen pensar que faltara máis violencia. Que eu vira ese aceno dos alcaldes cando se xuntan 3.000 veciñas nunha manifestación e esa outra cando 300 organizan unha barricada. E o papel fundamental e perigoso dos xornalistas buscando noticias. Causou estupor que se conseguise parar unha obra en Burgos mediante a violencia, pero a violencia funciona. É responsabilidade dxs violentxs e dxs que ceden, como o alcalde de Burgos. Tampouco hai que avergonzarse: ás veces convén un contexto. E a experiencia.
Xs veciñxs de Os Praceres, fatigadxs, decidiron obedecer á democracia e presentar denuncias. Deixen de ocupar as rúas e ocupen a lei, dixéronlles. Alí fóronse a gastar en avogados. Empezaron a gañar xuízos e a administración recorreunos todos. Por fin en 2007 o Tribunal Supremo declarou ilegal o recheo do porto e os pasos a nivel do tren de Os Praceres. Devolvan o mar e devolvan a praza. Falei con varios responsables políticos nos últimos anos e non se molestan en recoñecelo: xamais cumprirán a sentenza.
Xs veciñxs de Gamonal nin sequera teñen da súa parte a lei.
(Colado e trad x eDu)
20 ene 2014
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario