24 ene 2014

[Clásicos Populares] BITXOBOLA

Este fenicio é sen dúbida un referente da canción de autor libertaria, un deses cantautores que non fan música para durmir e soñar coa "Gran Revolución". Bitxobola fai música para espertar, cancións ou canturriadas con actitude punk que alimentan o espírito dxs guerreirxs. Lágrimas, risas, apertas, pogos e palmeos inundan o ambiente nos seus concertos, a manada ouvéa...



Bitxobola ten poucas referencias grabadas. En Abordaxe Revista temos coñecemento de que moitísimxs siareirxs estarían encantadxs de poder desfrutar dun disco seu. Así que nesta sección queremos obsequiar aos letores cunha gran primicia, trátase da canción "Compañero, compañera", realizada un pouco como conta pendente co compañeiro Xosé Tarrío, e adicada a todxs xs presxs en loita.

Se Radio Nazional de E$paña ten os seus "Clásicos Populares", nós non podiamos ficar sen aportar o noso grao de area á escena músical antiautoritaria do terruño galego. De cando en vez difundiremos esas cancións que dalgunha maneira forman parte desa banda sonora da guerra social made in Galiza.

Unha reportaxe de Emiliano Tocata para Abordaxe-blog

3 comentarios:

  1. Este comentario ha sido eliminado por un administrador del blog.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Neste espacio non estamos dispostos a consentir insultos e descalificacións gratuítas sen a mais mínima argumentación. Nin tampouco personalismos, e moito menos caluvnias sobre compañeirxs comprometidxs. Isto non é o Youtube nin o Facebook ese do que gosta tanto a xente.

      Igualmente estamos abertos a toda aportación, queixa crítica constructiva e/ou trascendental con o post en cuestión.

      Eliminar
  2. Concordo com o comentário antérior, agás num "aspecto".

    O Facebook, com tudo o "chungo que tem" (e nom é umha defensa de-lo) permite saber quem fai as críticas e/ou as calunias, entanto o 1º comentarista, como nom?, tirou do anonimato cobarde para faze-lo.

    eDu

    ResponderEliminar