Un de tantos cuspe-sentencias enoxado co mundo e con él mesmo, unha vella ruína de tantas batallas imaxinarias, desilusionado e escéptico na miseria do cotiá problema de vivir, dicíame que a rebelión hoxe non existe, que falar diso era anacrónico, cousa do século pasado.
O meu amigo, lembrando a súa pasada militancia e soñando cos ollos abertos, entre un vaso e outro, confesábame a intención de non facer nada. Nin agardar, simplemente non facer nada. Traballando para vivir, mirando pasar a vida. A tristeza desta afirmación ten para min, unha parte de entendible. Non fai moito tempo, un tipo (crendo facer unha crítica severa) dicíame: ¿Qué cousa grande farás?
A miña suposta inmadurez é o patrimonio máis grande que teño, a cousa máis linda da miña vida. Eu non sei qué cousa grande farei, pero quero continuar co entusiasmo do neno que descubre o mundo e non quero facerme vello elaborando xustificacións do non facer.
A acción ten sempre unha cousa de arriscado. O escepticísmo é unha das filosofías máis profundas, pero, como todo o que é elevado, perde pronto o contacto coa realidade, coas cousas sinxelas e concretas que tamén son importantes e fundamentais e que son parte da vida de todos. O escéptico non as considera. No ardor da súa propia hipótese sobre o mundo, avanza sen dúbidas, sen contradiccións. Así remata por atoparse perfecto, seguro, lonxe de todo conflicto desagradable. Pero non se decata de que é simplemente un tipo sen valor nin ánimo e que está cansado. Un feroz conservador.
A. M. Bonanno
Traducido ao galego por Luca Brassi
16 dic 2013
O ESCÉPTICO
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario