4 dic 2013

[Compostela] 5, 6 e 7 .- Xornadas Inauguración CSA Sar

Colamos esta convocatoria que nos fixeron chegar as compas de "A Ghavilla", que à súa vez a receberon dunha das persoas implicadas neste proxecto:

Estimados compañeiros : enviamos cartaz alusivo á inauguración do noso local, que pretende ser social e cultural, na rúa Curros Enriquez nº 28.

Como xa sabedes algúns, se nos cedeu unha casa de forma gratuita para que a acondicionáramos e usásemos ao noso criterio.

Tras un ano de obras, será inaugurada esta semana.

Os dois colectivos que participamos inicialmente, son os mentados no cartaz, pero temos vocación de cedelo a aquelas iniciativas que pretendan difundir a crítica e a luita social.

É noso desexo contar con vos na inauguración e no traballo e colaboración posterior.

Programa:

Xoves 5

17:00' Apertura de Portas
20:00' Magosto e Música (Ricardo Santana, Manuel e Chus)

Venres 6 (Día da Desconstitución)

18:00' Debate coas distintas Iniciativas Sociais (Desafiuzamentos, Centros Sociais, Hortas Urbanas, Cooperativismo...)
21:00' Pinchadiscos Politiqueo
23:00' Cinema Quinqui

Sábado 7:

12:00' Pasarrúas
14:00' Comida Popular
19:00' Te e Jazz (en directo)
23:00' Ciclo Cinema ("Eros e Tánatos", terror malo, porno antiguo)

No hay comentarios:

Publicar un comentario