Defundimos esta valoración que enviaron as compas de Compostela que organizaron estas X Xornadas Anarquistas:
No primeiro día, luns 28, era a quenda da charla “Medios Informativos en Guerra
Social” onde as presentacións de compas da revista “Abordaxe” e dos blogues “Rebelións de las Palabras” e “El Retroceso” dos seus respectivos proxectos informativos, deu pé a falar, nun ambiente destendido e animado (tónica xeral que se repetiría todos os días destas xornadas), de seguridade na rede, de represión, da importancia da propaganda en papel, e mesmo da lingua a utilizar. Contamos con a asistencia de máis de 30 persoas, que degustamos despois, un bo prato de fabada vegana.
O martes, a temática “As Mulleres Temos a Palabra” atraeu a unhas 60 persoas, no día con maior asistencia, o que da a pensar na importancia e o interés que provocou esta proposta de charla, onde tivemos a baixa por enfermidade da compa de “A Revolta dxs Caracois” (a quen aproveitamos para desexarlle que xa estexa recuperada). As compañeiras do Grupo Anarco-Feminista Treboadas de Vigo presentaron o seu proxecto e despois deron paso às compas Anarco-feministas de A Coruña, quen propuxeron un xogo-dinámica para prantexarse como actuar nun caso de violencia de xenero entre compas que resultou moi participado e que deu pé a un interesantísimo debate. Tras isto voltou a quenda para as Treboadas que falaron da problemática da prostitución e que provocou un debate ainda máis intenso con muitas intervencións. Ao remate puidemos gozar dun saboroso prato de lentellas e fruita con chocolate.
O mércores 30, a charla “A Defensa da Terra, a Nova Loita de Clases” non foi tan concorrida como se esperaba, cicais porque Miquel Amorós ia estar tambén en catro cidades e vilas máis da Galiza. Aínda así unhas 30 persoas escuitamos os seus prantexamentos sobre a luita antidesenvolvista, á volta ao comunitarismo dos concellos como espazo de decisión, e a busca da autoxestión alimentaria. Charla que tambén derivou en debate e onde se entrou en cuestión de se o rural non é tampouco a panacea. Ao remate poidemos saborear un delicioso prato de setas con arroz.
E o último día, o xoves 31, presumimos que fomos víctimas do Samaín e da ponte, e só estivemos unhas 15 persoas escuitando o informe que os compas de Madrid nos fixeron de como ven o anarquismo e o anticapitalismo madrileño, e contaron as súas saídas para mudar o que non vai ben e fomentar unhas practicas novas que servirían para facer sair ao anarquismo dos guetos e das “especialidades” nas luitas e prantexaron como achegarse à "xente do común", recuperando o conceito de clase oprimida. Ademáis falaron do proxecto do que forman parte, o xornal gratuíto en papel “Todo por Hacer”. Aínda que estivemos poucas, o debate foi moi participativo e, entanto degustamos de paté de humus e unha crema de cabaza, fumos debatindo das diferentes maneiras de entender a acción anarquista ou de cómo facer propaganda das nosas ideas.
E rematando como comenzamos, Muitisimas grazas a todas pola participación no grato ambiente de A Ghavilla. A abondosa recepción e participación, pese as inclemencias do tempo, en feitos como este dan ánimos para seguir na loita e seguir organizando xornadas. Imos a polas XI .
Individualidades Anarquistas de Compostela
Eu non falo galego pero lo entiendo leiendolo..Graciñas y Salud.
ResponderEliminar