Recebimos esta información dunha compa do CSO A Estación que mora nesta vila comercial e mariñeira, onde a súa feira e mercado receben xentes vindas de toda a comarca eumesa. a compa di así:
Mirade a xente do Mercado de Pontedeume leva máis dunha semana alí vivindo por un conflicto co Concello, porque os queren botar de alí para unha “suposta rehabilitación” do edificio. O concello de Pontedeume (PP) impón así un desaloxo e traslado forzoso aos comerciantes do mercado municipal que non ofrece garantías de continuidade para os establecementos e postos de traballo, alén de que as instalacións provisorias non cumpren os requisitos mínimos. As praceiras da vila levan desde o pasado sábado 2 de novembro encerradas no mercado para esixir unha solución.
A xente de Galiza Contrainfo fixeron este vídeo:
Parece que o alcalde vai baixando as orellas, máis aínda siguen alí e non saben mui ben que intereses ocultos hai detrás de todo isto.
O luns pasado lle fixeron unha pitada ao alcalde e ao día seguinte había 19 unidades da garda civil e unidades antidisturbios. Identificaron a 250 persoas que ameazan con multar por desobediencia.
Vos pasamos máis información, por se é do voso interese, moitas grazas e unha forte aperta:
"Por Cojones" artigo da avogada Emma González
Artigo sobre a manifestación e as multas por desobediencia
11 nov 2013
[Pontedeume] Segue a loita da xente do mercado
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario