18 oct 2013

Nadia Tolokonnikova (Pussy Riot) regresada ao Campo de Traballo volve poñerse en Folga de Fame

Nadia, unha das duas integrantes do grupo punk ruso Pussy Riot que permanecen encarceradas, reanudou hoxe venres a súa folga de fame tras volver a estar encirrada no campo de traballo do que denunciara as suas condicións: "Hoxe Nadia reanudou a súa folga de fame, despois de ser enviada à colonia IK-14″ "Consideramos o seu regreso à colonia como unha clara degradación da súa situación”, anunciou o seu compañeiro Piotr Verzilov, nun comunicado.

Nadejda Tolokonnikova xa estivera en folga de fame en setembro, durante oito días, para protestar polas suas condicións de detención nese mesmo campo de traballo, onde segundo dixera fora reducida a unha situación de case “escravitude”. Cando foi hospitalizada en 1º de outubro, puxera fin à folga.

O servizo de aplicación de penas confirmou a información do seu marido, indicando que Tolokonnikova “escribeu o venres unha declaración na que anunciaba que se negaba a alimentarse”.

Segundo Verzilov, as autoridades penitenciarias prometeran aos seus avogados envia-la a un outro centro: “É unha decisión política, unha venganza”.

Tolokonnikova acusara ao director adxunto deste campo, Yuri Kuprianov, de ameaza-la de morte despois de publicar unha carta na que denunciaba as suas condicións de detención. Nadia apontaba nela que as prisioneras son sistemáticamente humilladas e obrigadas a traballar 16 ou 17 horas, vivindo con unhas condicións de hixiene moi precarias. A carta despertara as lembranzas dos Gulags soviéticos e provocara unha forte polémica en Rusia sobre as condicións nos cárceres do país.

No hay comentarios:

Publicar un comentario