17 oct 2013

Machorka.- Nuevo blogue anarquista internacional (con noticias en diferentes linguas)

Recebimos este correo notificándo-nos a posta en escena na rede de Machorka, un novo blogue con variada e surtida boa información internacional de ámbeto anarquista que convidamos a coñecer. Recollemos e traducimos dele, esta entrada titulada "Máis alá do feminismo, máis alá do xénero" [Willful Disobedience]:

Co fin de crear unha revolución que poida poñer fin a todo tipo de dominación, é necesario acabar coas tendencias ás que todos nos vemos sometidos. Isto require que sexamos conscientes do papel que esta sociedade nos impón e busquemos os seus puntos débiles, co obxectivo de descubrir os seus límites e traspasalos.

A sexualidade é unha expresión esencial dos desexos e as paixóns individuais, da chama que pode acender tanto o amor coma a revolta. Así pode ser unha forza importante dos desexos de cada un de nós, que pode alzarnos máis alá da masa como seres únicos e indomables. O xénero por outro lado, é un intermediario construído pola orde social para inhibir a enerxía sexual, enclaustrala e limitala, direccionar a cara á reprodución desta orde de dominación e submisión. Deste xeito convértese nun impedimento do intento de decidir libremente como queremos vivir e relacionarnos. Non obstante, ata agora, ao home concedéuselle maior liberdade en facer valer a súa vontade dentro destes roles que á muller, o que explica de forma bastante razoable porque hai máis anarquistas, revolucionarios e xente que actúa fora da legalidade que son homes e non mulleres. As mulleres que foron fortes, que se rebelaron fórono porque superaron a súa feminidade.

Lamentablemente o Movemento de Liberación da Muller (MLM) que rexurdiu nos 60, non prosperou no desenvolvemento dunha análise profunda da natureza da dominación na súa totalidade e do papel xogado polo xénero na súa reprodución. Un movemento que apareceu ante a necesidade de liberarnos dos roles de xénero para ser así individuos completos e autosuficientes, foi transformado nunha especialización como a maior parte das loitas parciais da época. Garantindo deste xeito a imposibilidade de levar a cabo unha análise global dentro deste contexto.

Esta especialización é o feminismo actual, que comezou desenvolvéndose fóra do MLM a finais dos anos 60. O seu obxectivo, non era tanto a liberación da muller como individualidade dos límites impostos polos papeis asignados ao seu xénero, como a liberación da "muller" como categoría social. Xunto ás correntes políticas principais, este proxecto consistiu en obter dereitos, recoñecemento e protección para as mulleres como unha categoría social, recoñecida conforme á lexislación. En teoría, o feminismo radical moveuse máis alá da legalidade co obxectivo de liberar as mulleres como unha categoría social, da dominación masculina. Dado que a dominación masculina non é explorada suficientemente como parte da dominación total -inclusive polas anarcofeministas- a retórica do feminismo radical, frecuentemente adquire un estilo similar ao das loitas de liberación nacional. Pero a pesar das diferenzas no método e a teoría, a práctica do feminismo liberal (burgués, principal) e o feminismo radical a miúdo son coincidentes. Isto non é unha casualidade.

A especialización do feminismo radical consiste en centrarse por completo nos sufrimentos da muller ás mans do home. Se esta catalogación fose algunha vez completada, a especialización non seria durante máis tempo necesaria e tería chegado o momento de trasladarse mais alá da lista de ofensas sufridas, cara a un intento real e actual de analizar a natureza da opresión da muller nesta sociedade, e levar a cabo accións reais e moi meditadas para rematar con esta opresión. Así que o mantemento desta especialización require que as feministas amplíen este catalogo ao infinito, mesmo ata o punto de dar explicacións polas accións opresivas levadas a cabo por mulleres en postos de poder, como expresións de poder patriarcal, e así deste xeito liberaría estas mulleres das responsabilidades das súas accións. Calquera análise seria das complexas relacións de dominación, como as que existen actualmente, é deixada de lado a favor dunha ideoloxía na cal o home domina e a muller é a vítima desta dominación.

Pero a creación dunha identidade sobre a base da propia opresión, sobre a victimización sufrida, non proporciona a forza ou a independencia. En lugar disto crea unha necesidade de protección e seguridade que eclipsa o desexo de liberdade e independencia. No reino do teórico e psicolóxico, unha abstracta e universal "irmandade feminina" pode encontrar esta necesidade, pero co fin de subministrar unha base para esta irmandade, de "mística feminidade", a cal foi exposta nos anos 60 como unha construción cultural que apoiaba á dominación masculina, é revivida na forma de espiritualidade de muller, culto á deusa e unha variedade doutras ideoloxías feministas. O intento de liberar a muller como categoría social alcanza a súa apoteose na recreación dos roles do xénero feminino no nome dunha elusiva solidariedade de xénero. O feito de que moitas feministas radicais recorresen a policías, tribunais, e outros programas estatais de protección de mulleres (imitando así o feminismo burgués.) só serve para subliñar a falsa natureza da "irmandade" que proclaman. A pesar de que houbo intentos de moverse máis alá destes límites dentro do contexto de feminismo, esta especialización foi a súa mellor definición durante tres décadas. Na forma na que foi practicada, fallou ao presentar un desafiou revolucionario tanto contra o xénero coma contra a dominación. O proxecto anarquista de liberación global chámanos a movernos máis alá destes límites ata o punto de atacar ao xénero en se mesmo, co obxectivo de converternos en seres completos, definibles non como un conglomerado de identidades sociais, senón como únicos e completos individuos.

É un estereotipo e un erro afirmar que os homes e as mulleres sufriron iguais opresións dentro dos seus roles de xénero. Os roles do xénero masculino permitiron ao home unha gran liberdade de acción para a afirmación da súa propia vontade. Por iso a liberación da muller dos seus roles de xénero non consiste en ser máis masculina senón mais ben en ir máis alá da súa feminidade, así para os homes a cuestión non é ser máis feminino senón en ir máis alá da súa masculinidade. A cuestión é descubrir que o centro da unicidade que esta en cada un de nós, vai máis alá de todos os roles sociais e da forma en que cada un actúa, vive e pensa no mundo, tanto no dominio sexual coma en todos os outros.

Separar o xénero en función da sexualidade, dende a totalidade do noso ser, fixando características específicas segundo o xénero ao que se pertenza, serve para perpetuar a actual orde social. Como consecuencia diso, a enerxía sexual, que podería ser un extraordinario potencial revolucionario, é canalizada cara á reprodución das relacións de dominación e submisión, de dependencia e desespero. A miseria sexual que isto produciu e a súa explotación comercial esta por todos lados. A inadecuada chamada da xente a "abrazar tanto a masculinidade coma a feminidade" cae na falta de análise sobre estes conceptos, xa que ambos os dous son invencións sociais que serven aos propósitos do poder.

Así que, cambiar a natureza dos roles de xénero, aumentar o seu numero ou modificar a súa forma, é inútil dende unha perspectiva revolucionaria, xa que isto só serve para axustar mecanicamente a forma dos condutos que canalizan a nosa enerxía sexual. En lugar disto, necesitamos reapropiarnos da nosa enerxía sexual para reintegrala na totalidade dos nosos seres co fin de facernos tan extensos e poderosos como para explotar cada conduto e inundar o terreo da existencia co noso ser indómito. Isto non é unha tarefa terapéutica, senón unha revolta insolente - unha que emane dende a nosa forza e a nosa negativa a retroceder. Se o noso desexo é destruír toda dominación, entón é necesario que nos movamos máis alá de todo o que nos reprime, máis alá do feminismo, si, e máis alá do xénero, porque aquí é onde encontramos a capacidade de crear a nosa indomable individualidade que nos conducirá contra toda dominación sen vacilación. Se desexamos destruír a lóxica da submisión, este debe ser noso mínimo obxectivo.

14 Outubro 2013

No hay comentarios:

Publicar un comentario