23 oct. 2013

A dispersión, ou a vinganza do Estado


Para centos de familias a fin de semana convertiuse nunha desagradable rutina. Unha mesma historia que se repite para moitas das persoas que teñen un ser querido entre reixas. Principalmente, para aqueles/as compañeiros/as de persoas encarceradas por accións motivadas polas súas conviccións políticas. Porque aínda que o Estado español non recoñeza o estatus de preso/a político/a, a relidade é ben distinta, ao recibir estes/as un trato diferenciado respecto ao resto de persoas presas, confirmado a través dos feitos que a motivación do delito cometido inflúe en determinados aspectos da estancia en prisión.

Pero regresando á realidade das familias, éstas, despois de cinco días currando, non teñen outra saída máis que apurar as fins de semana para percorrer centos de kilómetros co propósito de compartir media hora, ou tal vez unha enteira, se hai sorte, cun/unha irmán/irmá, neto/a, noiva/o, amigo/a, pai ou nai. Kilómetros de estrada, unha noite nun hostal, visita ao cárcere e volta para casa. Así semana tras semana. Áta que remate a condea. Neste caso unha doble condea que non só cumpre a persoa presa, senón tamén a súa realidade social e familiar. Unha doble condea que reflicte as ansias de vinganza da nosa clase política e xudicial.

A dispersión, é dicir, o traslado dunha persoa presa a unha prisión alonxada do seu entorno, é unha práctica habitual no Estado español dende os anos 80. E aínda que a Ley Orgánica General Penitenciaria recolle no seu artigo 12.1 que “se debe evitar el desarraigo social de los penados”, esta política penitenciaria do Estado en materia de loita antiterrorista foi conducida na dirección oposta.

Por se non fose suficiente castigo estar preso/a levando en conta non só o que isto implica senón tamén as condicións e políticas habituais nas prisións españolas (illamento, abusos de autoridade, vulneración da intimidade, trapicheos, medicación, etc.), o Estado deseñou unha estratexia para incrementar o illamiento social e afectivo daquelas persoas que nalgún momento plantaron cara. Este sufrimento engadido sen xustificación algunha só contribúe a engadir un plus de castigo ao entorno da persoa presa.

Etxerat, unha asociación de familiares e amigas/os de presos/as políticos/as vascos/as, tratou de cuantificar esta realidade, recollendo datos que nos permitan entrever o que implica realmente a dispersión para o entorno da persoa presa, e aínda que a información queda limitada exclusivamente para o colectivo de presas/os vascas/ os, a realidade non difire moito para o resto de presos/as políticos/ as, xa sexan vinculados/as ás loitas de liberación nacional doutras comunidades da península, ou sexan anarquistas ou comunistas.

Según Etxerat, máis do 90% de presas/os políticas/os vascas/os atópanse fora de Euskal Herria, e aproximadamente un 70% atópase a máis de 500 kilómetros do seu fogar. Isto obriga ás familias a percorrer unha media duns 1300 kilómetros cada semana para ver ao seu ser querido. En térmos económicos, a asociación cifrou no gasto medio semanal por familia entre 350 e 400 euros, incluíndo gasolina (ou billetes de transporte), aloxamento, comida, etc., unha cifra considerable difícil de asumir, e máis no contexto actual.

Tamén, dende esta asociación denunciouse en máis dunha ocasión o trato vexatorio que moitas familias e amigas/os teñen que soportar, como verse obrigadas/os a sufrir cacheos íntegros como condición para acceder ao cárcere ou enterarse de que a persoa presa foi trasladada ou sancionada sen visitas xusto o día que se atopaban programadas, tras realizar a viaxe.

Pero a consecuencia máis crítica da dispersión son as víctimas mortais que se producen en accidentes de tráfico nos desprazamentos, pois é inevitable que en tantas viaxes na estrada todas as fins de semana ocorran accidentes de todo tipo, tanto leves como de tráxicas consecuencias. Etxerat cuantifica o número de mortos/as entre 15 e 20 persoas nas dúas últimas décadas (lembremos que as súas cifras limítanse ao entorno vasco).

Dentro das iniciativas de loita contra esta práctica atópanse diferentes realidades. En Euskal Herria levan moitos anos traballando esta cuestión, conseguindo convertir o mapa de EH coas flechas en todo un símbolo que adorna murais, balcóns, paredes, etc., como alcanzar cifras de asistencia espectaculares a manifestacións polo reagrupamento dos/as presos/as, e tamén, sacar o debate a esferas públicas, feito relevante vivindo nunha realidade política e social onde a cuestión penitenciaria anda silenciada e completamente olvidada. Aínda que é verdade que en máis dunha ocasión botouse en falta unha crítica á realidade penitenciaria máis global, e algunha mención aos/as chamados/as presos/as sociais.

Na Galiza a situación é ben distinta. O apoio social co que contan as/os presas/os políticas/os non é comparable, e a atenuación do conflicto vasco trouxo consigo o envío de recursos policiais, incrementándose as accións represivas na zona. Recentemente, constituíuse unha plataforma contra a dispersión co nome “Que voltem a casa”, que aínda que conta co apoio dun amplo espectro de organizacións políticas, dende o anarcosindicato CNT áta agrupacións políticas independentistas, ten un moi duro camiño que percorrer, xa que, por exemplo, recentemente, varias persoas fóron imputadas por enaltecemento do terrorismo pola Audiencia Nacional, soamente por portar fotos de presos/as, algunhas delas nun vídeo festivo difundido por Internet, e outras nunha concentración.

Para rematar, non podemos esquencernos de nomear a Noelia Cotelo, que se atopa lonxe da súa terra. Toda a nosa solidariedade e forza para as/os presas/os en loita.


Artigo tirado da publicación anarquista Todo por Hacer(Madrid,nº32, Setembro do 2013)

Traducido por Piratas Informativos

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada