19 sept 2013

A CNT de Compostela adire á denúncia contra a brutalidade repressiva do Estado


Días atrás era assinado, por 25 organizaçons da Galiza, este Manifesto-Comunicado Coletivo de Urgência contra a Brutalidade Repressiva do Estado, a raiz da sentencia condenatoria contra 4 independentistas e do que colamos o enlace à web de CEIVAR nesta nosa entrada deste blogue de Abordaxe.

Na altura, a quem isto subscreve, chamara-me a atençom que a CNT de Compostela assinara um Manifesto que tinha como subtitular: Pola Soberanía Nacional de Galiza, mas dim por feito que o espiritu solidario num momento de "resposta urgente" fora a causa de tal assinatura, onde entroutras coisas fala-se de: "um Estado obsessionado com a sua própria “integridade territorial” e com a criminalizaçom e perseguiçom dos processos soberanistas, um instrumento repressivo de primeira ordem que levanta a veda para criminalizar e penalizar organizaçons sociais e políticas de caráter nacionalista" ou istoutro: "evidencia o triunfo das teses mas regressivas para umha abordagem em termos penais e policiais das posiçons soberanistas, é umha sentença política e pretende abrir as portas para a criminalizaçom das pessoas e organizaçons que reivindicamos legitimamente a soberania nacional do nosso país". Em definitiva, a CNT assinando um Comunicado onde destaca a retórica "proto-nacionalista" e "soberanista", e que carece de referência algumha a outras "pessoas ou organizaçons sociais e políticas" que também estám a ser criminalizadas e perseguidas.

Agora soubemos que em martes 17, a CNT de Compostela fixo publicas as suas razóns para assinar, que colamos da web da CNT-Galiza:

Xunto con outras 25 organizacións de carácter sindical e político e de diferentes ideoloxías, a CNT de Compostela adería o pasado venres ao Manifesto contra a Brutalidade Represiva do Estado, após a publicación da sentenza condenatoria a un total de 56 anos de cárcere a catro persoas galegas, primeira sentenza que asume a existenza dunha organización terrorista na Galiza e que condena a estas persoas polo simple facto de "pertenza a organización terrorista", anque na mesma sentenza se afirme que a pertenza a unha organización terrorista próbase polo simple coñecemento da mesma, e se afirme que unha organización terrorista non é unha banda armada, senón apenas un grupo estruturado ou informal que teña como finalidade subverter a orde constitucional. É evidente que, ante esta calificación, calquera persoa ou grupo que teña, por exemplo, a finalidade de rematar co sistema capitalista, imposto na Constitución Española mediante o dereito á propiedade privada, é unha persoa sospeitosa de terrorismo. Desde a CNT de Compostela temos claro que esta recente sentenza non ten outra finalidade que a persecución e a criminalización de todos cantos grupos e persoas se botan diariamente á rúa en protesta contra un sistema que día a día nos escraviza e nos empobrece. Temos claro que, a pesar da debilidade das probas, da escasa gravidade dos feitos polos que foron encausados, o tribunal de excepción que é a Audiencia Nacional procuraba a toda costa unha sentenza condenatoria por terrorismo, desde a que os póderes públicos e os corpos de represión poidan aplicar a teoría do entorno e criminalizar indiscriminadamente a un pobo que se levanta en loita contra o capitalismo.

Entendemos que a gravidade dos factos envolve ao conxunto do pobo galego consciente da actual situación socioéconómica que padecemos, cun retraemento inédito de dereiros sociais, así como de asistencias básicas e un empeoramento das nosas condicións de vida a niveis tamén inéditos. Polo mesmo, consideramos que a solidariedade coas persoas condenadas e a denuncia desta estratexia de criminalización envolve ao conxunto da clase obreira galega e ao conxunto das organizacións que, para alén das diferencias ideolóxicas e tácticas, se sitúen sen condicións pola defensa da liberdade.

Só dizer que, tal coma digem, chamara-me a atençom tal posiçonamento, e mais se o comparamos com as nota "urgente" de desvinculaçom da CNT Sabadell (e mesmo crítica destructiva já passados uns dias) emitidas quando a repressom contra xs 5 de Sabadell.

Assdo. eDu

25 comentarios:

  1. Este e o estilo da CNT de Compostela, nin sindicalismo, nin anarquismo. Plataformismo politico puro e duro. Un estilo mais propio dun partido politico.

    ResponderEliminar
  2. A min paréceme máis que correcto.

    Claro que ten interese a CNT de Compostela, levan 4 detidos nos últimos 2 anos, non se quere quedar soa cando lles volte a pasar.
    E non sei onde ves que non é un sindicato, contan os novos conflictos por ducias cada ano, fai 10 anos tocaba a 1 cada 5 anos.... Algo cambiou, e a mellor.

    ResponderEliminar
  3. Eu falo da CNT Compostela. Cantos conflictos laborais leva afrontados na última década ¿2? ¿4?
    Cantos currelas ten? non valen funcionarios eeh!!!
    porque profesores,intelectuais e estudantes si que hai de carallo...vamos todo un sindicato.
    Solo andan nas plataformas e nas movilizacións frentepopulistas haber se chupan cámara, ese é o 90% alomenos da actividade da CNT en Compostela.
    Desliganse do anarquismo e o sindicalismo revolucionario(¿?)brilla pola ausencia. o secretario da galaica CHIVATO.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Quais os conflitos sindiciais? Esta a listagens de empresas com as que a CNT de Compostela abriu conflito no último ano, desde o mês de Setembro de 2012:

      Hostal Bariloche
      Bar A da Chara II
      Coremain
      Cafetarias El Santiagués e Stella
      Claire's Accesoires
      Construcciones Isaac Fuente
      Unixest
      Cafetaria Airas Nunes
      Viva Maria
      Morea
      Vodafone
      COGAMI
      Xunta de Galicia
      TEcnocom
      SEAGA
      Vias (empresa construtora das obras do AVE)

      Eliminar
    2. vaia vaia pois vai a ser que tedes ahi a toda a clase obreira metidiña no partido...ajajajaj

      Eliminar
    3. Non sei de que te rís... Pero bueno, non es máis que un troll destes de internet, ou un hater como lles chaman agora, non se pode razoar contigo, te dedicas a botar merda pola boca, cando se demostra falsa dache a risa, non tes credibilidade ningunha e estaste a retratar perfectamente, un mentiroso intoxicador nos movementos populares, unha persoa mezquina e escura que faría o que fose, contaría as mentiras que fixesen falta con tal de dar renda solta as súas frustracións e fobias persoais.

      Estás enfermo, por sorte quedas tan reflexado que acabas por facerlle publicidade positiva ao que máis odias, a CNT.

      jajajajaja (sic)

      Eliminar
    4. ahi vai un pouco de publicidade positiva29 de septiembre de 2013, 18:36

      Enfermo eu? pois o que resposta a toda ostia es ti!!! eu soamente me divirto vendo como unha pandilla de recuperadores fan demagoxia e aproveitan a mínima nova para facerse publi "positiva" nunha ferramenta de comentarios que non sirve para nada.Jajajajaja

      Pois a verdade é que si, si que vos odio, sodes bastante detestables, pero tanto como para ser aos que mais odioo...non te columpies, non sodes tan importantes, o sinto.Ese é o voso problema que vos credes que a vosa organización é o centro do mundo, de feito, historicamente interesouvos sempre mais a organizacion que a revolucion.

      E por favor non me fales de intoxicar movementos populares, de mesquindade e de oscurantismo. Porque vos tendes para facer, non un libro negro da CNT, unha triloxía!!!!

      e os de Compos, entre expulsions,purgas e guerras de cargos propiciadas por exliberados da UPG(ao final vai a ser que os cargos en CNT si que ostentan poder porqe levades toda a vida matando por eles) manipulacions dos acordos do SOV de Compostela en Congresos nacionais(porque a vosa nación e españa) asambleas fantasma, expulsion doutras organizacions libertarias dos vosos locais por medo a acabar formando parte dunha montaxe policial. Acudir á Xustiza institucional para que vos dean un patrimonio que en todo caso non vos pertence a vos. A vosa amizade con Andresito Egibar "o vasco" antigo sindicalista e actual promotor inmobiliario a soldo de Urban, a mesma que desaloxou e pretende desaloxar varios centros sociais da cidade.O voso local non era de URBAN??Como foi a mesa de negociacion CIG,CNT,CCOO,UGT,Concello,Urban??
      Que dis do mitin do primeiro de maio na sala iago??(non na okupada, senón na empresa progre), si ese mitin no que chamastedes publicamente a xente como Amanda ou Claudio Lavazza terroristas.

      ISTO E BASURA???

      Pois aínda teño dous camións máis, e iso que soamente falo de CNT Compostela e na última década...

      Agora se queres resposta, e se non, podes probar a rir como fago eu

      Que exercicios de autocritica, comunicación ou o que sexa fixestedes para paliar todo iso??? Ningun porqe claaroo vos nunca estivestes equivocados e nunca se vos foi das mans a organización por culpa de determinados individuos.A CNT ten un pasado, se queredes unha convivencvia sana e sen "haters" comezade a falar do que facedes e fixestes mal con naturalidade, igual que o resto. Sodes unha organización de masas(sen masas) con un pasado. Enfrentadevos a el e deixade de ser un fin en si mesmo

      Eliminar
  4. e non falar de 4 detidos, un pouco de respeto. que a rapaza que detiveron en Compos non é nin de CNT.Vai inventarte mártires cos comunistas da CUT !!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  5. A min o que discutides dame igual. Que a CNT faga o que queira, non vai a deixar de seguir sendo a triste,rancia e fracasada CNT. O que me molesta mais e a súa actitude reaccionaria con distintos procesos represivose o seu apoio incondicional a outros que lle benefician politicamente. Non é so que teñan un doble raseiro, é que a súa actitude e comunicados sobre determinados procesos represivos contra antiautoritarios é como pouco deshonesta.

    ResponderEliminar
  6. Eu falo da CNT de Compostela, ducias de conflictos diferentes anuais, afiliación máis grande que nos últimos 80 anos e en constante crecemiento.
    A CNT de compostela non se presenta a eleccións polo que non ten intereses políticos, o seu interese é medrar para aglutinar a maioría da clase traballadora e ser unha forza que poda desenrolar unha revolución social. Eses son os intereses.
    Na CNT de compostela os funcionarios non chegan ao 8%, estudantes hai 2, penso, o que fai un 1.3% de estudantes, en total entre estudantes e funcionarios non chegan ao 10%. Non tes nin idea de como é a CNT de Compostela actual, unha organización seria, con conflictos constantes. Defines á CNT de fai 10 ou 15 anos, a cousa cambiou pero muito, e a mellor

    ResponderEliminar
  7. Ti dis:"A CNT de compostela non se presenta a eleccións polo que non ten intereses políticos, o seu interese é medrar para aglutinar a maioría da clase traballadora e ser unha forza que poda desenrolar unha revolución social. Eses son os intereses"

    Sei ben cal é o interese dunha organización de masas, por iso o 90% das movilizacións e actos na rúa da CNT Compostela resumense a grandes ou medianas movilizacións plataformistas e frentepopulistas, que son o único e/ou mellor escaparate ao que pode adherirse un sindicato que non resulta simpático para as masas obreiras por plantexar unha alternativa sindical estéril, a "sección sindical" resulta ser un "limbo" entra o reformismo efectivo a curto prazo e os postulados revolucianarios e integrais que promulga a autonomía obreira. Por iso recurren ao escaparatismo político, porque na "liga" dos sindicatos non son ninguen, e nos movementos antiautoritarios non están moi ben vistos, nin participan. Isto non é unha gran urbe é unha aldea, soamente hai que saír a rúa para ver como e con que regularidade se moven determinadas organizacións. Fora disto, parece que sobre os "4 detidos" esqueceusete respostar

    ResponderEliminar
  8. A ver, o 90% das movilizacions da CNT de Compostela son en conflictos sindicais, son concentracións entre 5 e 20 persoas, xa que se fan quendas. O estraño son as grandes mobilizacions, mentres por conflictos sindicais pode haber 1 ou 2 movidas á semana, grandes mobilizacións pode haber 3 ao ano, son as que ves tí, xa que son as que ve todo o mundo, as outras son un trballo de fondo desagradecido que se fai dende unha organización seria na que se quere avanzar.
    A Rapaza non é da CNT, mais fio detida nun acto da CNT, asistida pola letrada da CNT, nun piquete onde o 95% eran cenetistas e a CNT a asumiu como detida propia, xa que viu con nos dende o local as 5 da mañá, o sei pq estaba alí.

    Non sei pq te teño que dar explicacións despois de toda a basura absolutamente falsa e intoxicadora que soltas (que si poucos, que si funcionarios, que si estudantes, que si.... ) todo mentira, pero nada non deises que o teu odio irracional sexa estropeado pola estúpida realidade. Incrivel.... soltas toneladas de merda e despois dis que de explicacións xa que son 3 detidas en non 4.... e ti te quedas tan agusto polo outro.
    Cada un toma o camiño que considera máis correcto, a diferencia é que nos non estamos obsesionadas en machacar ás que non colleron o noso, por que eu coñezo ven o anarquismo Galego e podería facer críticas destructivas que realmente doan, mais non fago xa que considero que ao final, todas estamos a sacrificar parte da nosa vida privada por luitas con errors e acertos, e iso neste mundo indibidualista ten muito máis valor que as posibles cagadas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. "o interese da CNT é medrar para aglutinar a maioría da clase traballadora e ser unha forza que poda desenrolar unha revolución social"

      Cambiamos CNT por Partido Comunista e cadra malladiño, malladiño...

      "A CNT de compostela non se presenta a eleccións polo que non ten intereses políticos"

      Pois eu pensaba que querer aglutinar a todo quisque baixo unha mesma sigla e táctica é un interése político, canto menos, ortodoxo , rancio e totalitario.

      Por outra banda, o sinto, non me trago que soamente o 10% da militancia de cnt compostela sexan estudantes, e mais , me reitero, a CNT compostela é un sindicato de estudantes e funcionarios...se queres engado tamén precarios, pero currelas a minoría.

      "A Rapaza non é da CNT, mais fio detida nun acto da CNT, asistida pola letrada da CNT, nun piquete onde o 95% eran cenetistas e a CNT a asumiu como detida propia, xa que viu con nos dende o local as 5 da mañá, o sei pq estaba alí."
      Aqui xa te respostas ti mesmo. Esa persoa non é de CNT polo tanto os detidos foron 3. Pero non te emociones nin te preocupes demasiado. detencións como esas hai centos tódolos anos de moita xente que loita e non precisan que ninguen os erixan como mártires, e menos que frivolicen coa situacion de xente que esta presa con moitos anos de condea en aillamento chegando a comparar uns detidos con outros. Non te preocupes que non ides presos, sodes necesarios(sobre todo o voso secretario da galaica que é un chivato)


      "Non sei pq te teño que dar explicacións despois de toda a basura absolutamente falsa e intoxicadora que soltas (que si poucos, que si funcionarios, que si estudantes, que si.... "

      Pois dasme explicacións porque queres, pequeno padawan...

      Eliminar
  9. E veña... Salsa rosa.

    Sálvame-Abordaxe Delux.

    ResponderEliminar
  10. nada, ti ao teu, non deixes que a realidade te estropee as túas tolemias.

    E sí, somos un sindicato maioritariamente de precarixs.

    ResponderEliminar
  11. si,si amigho. Pero cando non queda que respostar recorres a:dar a razon en plan sarcastico. aaai! peqeno padawan!!!ahi quedan os argumentos

    ResponderEliminar
  12. "O que me molesta mais de CNT é a súa actitude reaccionaria con distintos procesos represivose o seu apoio incondicional a outros que lle benefician politicamente. Non é so que teñan un doble raseiro, é que a súa actitude e comunicados sobre determinados procesos represivos contra antiautoritarios é como pouco deshonesta"

    Pois mira, isto si que é interesante. Por iso hai quen o ignorou, claro...

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ok, apenas duas questoes:

      qual é o rêdito político que se pode tirar de apoiar um manifesto em protesto por uma condena a Resistência Galega?

      quais esses processos contra autoritários sobre os que a CNT de Compostela tirou algum comunicado?

      Obrigado

      Eliminar
    2. agora ven o secre a poñer orden!!!!27 de septiembre de 2013, 20:30

      As veces o silencio reiterado fala mais que mil plabras
      non?
      vos formades parte dunha confederacion de grupos e quen fica calado otorga,non?

      Eliminar
  13. As veces o silencio reiterado fala mais que mil plabras
    non?
    vos formades parte dunha confederacion de grupos e quen fica calado otorga,non?

    ResponderEliminar
  14. falade tamen destas campañas29 de septiembre de 2013, 18:51

    https://www.google.es/search?hl=gl&biw=1024&bih=707&site=imghp&tbm=isch&sa=1&q=CNT+carniceros+en+lucha&oq=CNT+carniceros+en+lucha&gs_l=img.3...50864.66255.0.66678.0.0.0.0.0.0.0.0..0.0....0...1c.1.27.img..0.0.0.Y-bxDwUIwMQ#facrc=_&imgrc=9i5jLCSyCIK4MM%3A%3BX6yeH1GCy8xa_M%3Bhttp%253A%252F%252Fwww.cnt.es%252Fsites%252Fdefault%252Ffiles%252Fhuelga_carnicas_maxidia2.jpg%3Bhttp%253A%252F%252Fwww.cnt.es%252Fnoticias%252F90-de-seguimiento-en-la-huelga-de-carnicerias%3B1200%3B800

    ResponderEliminar
  15. ¿que opinion ten a cnt compostela respecto do comunicado de cnt sabadell respecto aos 5 anarquistas detidos?
    e con respecto ao comunicado de cnt coruña, tras a detención de varios antiautoritarias durante a pasada folga?
    ¿e da detencion de Amanda(compañeira anarquista detida fai unha década acusada de fabricación e envío de paquetes bomba)?

    E da detención de Estefanía Maurette?


    Vouno a poñer fácil e non vou continuar áta o infinito, referindome soamente a ultima decada. Haber se podedes respostar sen que me teña que facer pasar por xornalista do País ou da SER

    Teredes unha opinión formada non? Estades confederados!!!!

    ResponderEliminar
  16. Non há opinion formada, cada quen pensará o que lle pete, que somos unha organización de masas non un clube de colegas que pensan igual.

    O dos carniceros, que cousa non entendes, carniceiros do "Dia" luitando polos seus dereitos.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Ok queda respostado, vos mesmos vos poñedes en evidencia con este tipo de respostas. Pois iso cada pao que aguante da súa vela. Seguide así, gracias....

      Eliminar
  17. Bueno, haber aguiluchos da CNT, non lle dar tanta importancia é que soamente era un vacile, ajajaj

    ResponderEliminar