30 ago 2013

[Alemania] 14 setembro: Chamado Internacional pola liberación de Sonja Suder

Sonja Suder e Christian Gauger son dous/duas compas anarquistas que o Estado francès entregou ao Estado Alemán o 14 de setembro de 2011. Ambxs estaban acusadxs de ter participado en varias accións como Célula Revolucionaria (RZ - Revolutionaren Zellen) nos anos setenta. En 1978, ao darse conta que a policía xs perseguía, refuxiáronse en Francia; no 2000 pasaron á clandestinidade pero ao final foron detidxs, pasando varios meses nos cárceres franceses. Ao final, o Estado francés decidiu que xa pasaran demasiados anos dende os feitos e xa todos estaban en "prescrición". Vivían en rexemen de liberdade vixiada. En 2007 Alemaña "acórdase" dxs dous/duas e pasa que no 2009 o Estado francés resolve "obedecer" os alemáns e finalmente se dá a entrega. O 20 de outubro 2011, Christian é posto en liberdade condicional por razóns de saúde e ten que fichar dúas veces á semana. Sonja segue a dia de hoxe presa con 80 anos de idade. A continuación colamos o Comunicado deste Chamado Internacional que traducimos e colamos de ContraInfo:

Dous anos de cárcere, son dous anos de máis!

O 14 de setembro de 2013, mobilicémonos por todas as partes para protestar contra a lexitimación da tortura no xuízo de Sonja Suder e pola súa liberación.

O 14 de setembro de 2011 Sonja e o seu compañeiro Christian foron extraditados por Francia e entregado aos madeiros alemáns para que lles encarceralaran. Christian foi liberado entón, pero Sonja segue en prisión. Fóronse de Alemaña en 1978 ao día seguinte dunha feroz represión contra o movemento revolucionario, por pertencer ao ámbito radical eran susceptibles de ser obxectivo da vinganza do Estado. Dende hai dous anos Sonja encóntrase en prisión preventiva no módulo de alta seguridade de Frankfurt-Preungesheim, e dende hai un están a xúlgala nun proceso baseado en dous testemuños: un obtido dun arrepentido a cambio dunha diminución de condena, e o outro conseguido baixo tortura en 1978 por un home acusado de pertencer a Células Revolucionarias (RZ). Mentres o arrepentido Hans-Joachim Klein testificou sen escrúpulos no tribunal de Frankfurt para dar a enésima versión dun testemuño enchido de incoherencias e de contradicións (que o xuíz non ten problema en aceptar), Herman F. non obstante mantívose sempre no que declarou nos interrogatorios aos que foi sometido: que son o resultado de catro meses de torturas fóra de todo marco legal. Tras un grave accidente, foi interrogado xusto despois da operación onde lle amputaron as dúas pernas e lle extirparon ambos os dous ollos. Os madeiros utilizaron a dor, o traumatismo, os medicamentos, o illamento, a confusión e a desorientación para encher 1300 páxinas de declaración forzosa. Detido ilegalmente nunha comisaria, sen avogado, sen asistencia médica, repentinamente cego e gravemente diminuído, o que sufriu só ten un nome: tortura.

O 13 de agosto de 2013, o xulgado de Frankfurt procedeu á lectura dos informes dos interrogatorios de Hermann do ano 1978, e van continuar nas seguintes sesións. Sonja ten 80 anos, pasaron máis de 35 anos dos feitos dos que é acusada, e pode ser condenada sobre a base desas declaracións cuxa utilización é unha lexitimación por parte da xustiza das prácticas de tortura policiais.

Sonja é perseguida pola policía e pola xustiza alemás dende finais dos anos 70. É sospeitosa de ter pertencido a Células Revolucionarias e está a ser xúlgada por tres ataques que causaron só danos materiais entre 1977 e 1978: contra a empresa MAN que participaba na construción de armamento atómico para Sudáfrica (en tempos do Apartheid), contra a empresa KSB que fabricaba bombas para centrais nucleares e do ataque ao castelo de Heidelberg contra a política de xentrificación. Ademais acúsaselle de ter participado na preparación loxística do ataque contra a OPEP en Viena o ano 1975.

Actualmente, sometida á detención, ao xuízo, á ameaza de rematar a súa vida en prisión, o Estado federal non ten só a Sonja como obxectivo; quere liquidar unha historia revolucionaria e impoñer con forza a idea de que é imposible rebelarse impunemente. A condena de Sonja será tamén a da rebeldía: rexeitando someterse e declarar, segue denunciando o Estado e a súa farsa xudicial. A súa condena será tamén a de todo movemento revolucionario. O encarceramento de Sonja é un fantasma que pretende amedrentar xs que loitan no presente. Non se trata dunha muller de 80 anos da que se queren librar, senón de todxs aqueles e aquelas que teñen a vontade de non se someter.

Sonja debe ser liberada inmediatamente!
Por unha mobilización internacional o 14 de setembro de 2013!


Se queres escreber a Sonja:

Sonja Suder
JVA Frankfurt III
Ober Kreuzäckerstrasse, 4
60435 – Frankfurt am Main
Alemania

No hay comentarios:

Publicar un comentario