27 jul 2013

Agresións e detencións a compañeiras no escrache feminista no Ministerio de Sanidade

O "Grupo de Axitación Social" infórmanos, mediante un correo electrónico, das agresións policiais contra participantes do "escrache" feminista que o pasado 23 protestaba en Madrid contra a exclusión das solteiras e as lesbianas dos programas públicos de reproducción asistida. Reproducimos a continuación o texto que recibimos:


A policía carga en Madrid tras o escrache feminista fronte ao Ministerio de Sanidade, no cal participaban as compañeiras da Marcha dos 30 anos de baladre, e detén alo menos a un compañeiro de Málaga e agrede a varias persoas, entre elas a unha do noso colectivo á que lle abriron unha brecha na cabeza e tivo que ser hospitalizada, todo o noso apoio desde aquí ás compas, non podemos aceptar que a violencia e a represión policial nos calen.

(se as protestas son pacíficas ou non pouco importa, cando a policía fai a súa aparición a violencia está presente sexa en forma de ameaza ou con toda a forza da que dispoñan).

Se tocan a unha nos tocan a todas!!
http://grupodeaxitacionsocial.blogspot.com.es/2013/07/agresions-e-detencions-companeiras-no.html

O vídeo é de "La Tuerka".
Noticia subida por por C.R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario