Segundo recollemos de Tokata que se fai eco da notícia puiblicada en Los Ángeles Times, 30.000 persoas rexeitaran as comidas no inicio do que pode ser a protesta carceraria máis grande na historia dese estado.
Xs presxs en dous tercios das 33 prisións dese estado, e en catro prisións privadas de estado, rexeitaron tanto o almorzo como o xantar onte luns 8 de xullo, data de inicio da protesta, segundo declarou a portavoz de correccións Terry Thornton. Ademáis, 2.300 presxs deixaron de ir para traballar ou de asistir às suas aulas nas prisións.
O departamento de correccións non recoñecerá a folga de fambre ata que xs presidiarixs leven perdidas nove comidas consecutivas. Ata Thornton recoñeceu que as persoas que se sumaron a este inicio da protesta son muitas máis que as que se viran na mesma California hai dous anos, durante unha serie de folgas de fame que chamaran a atención internacional.
A protesta, anunciada durante meses, está organizada por un pequeno grupo de presidiarios da Prisión de Estado de Bahía de Pelícano perto da fronteira de Oregon. sua lista de demandas, reiteradas onte luns, centrase en políticas estatais que permiten que presidiarios sexan sostidos en aillamento indefinidamente, nalgúns casos durante décadas, por vínculos con bandas dentro da prisión.
A protesta implica os mesmos problemas e muitos dos mesmos presos que levaran unha serie de protestas nos cárceres de California haie dous anos. Na altura das folgas de fame de 2011, máis de 11.600 presos nalgún momento rexeitaron as comidas.
Más información en Tokata:
- El 8 De Julio Se Reanuda Una Vez Más La Lucha Contra El Confinamiento Solitario En Las Cárceles De EE.UU.
9 jul 2013
[EEUU] Éxito no primeiro día de Protesta Contra o Confinamento Solitario en California. Os propios carcereiros recoñecen que 30000 persoas presas rexeitaran as comidas.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario