26 jun 2013

EsCULcA detecta irregularidades na vista oral da AN do 24-25 de xuño

Colamos da web de Esculca:

Á espera do relatório completo sobre o desenvolvemento da vista oral do procedemento 1/2012 que se segue na AN contra catro persoas galegas identificadas como independentistas, EsCULcA adiante algunhas irregularidades detectadas polo avogado enviado como observador que afectan ao principio procesual penal de igualdade en menoscabo de dereito de defensa.

As citadas irregularidades tiveron a sua expresión mais grave na sesión da tarde do día 25, cando o maxistrado presidente da sala tomou a insólita decisión de dar por concluída a pericial antes de os peritos da defensa teren podido concluir o seu depoimento e co suposto amparo dun acordo de policia de estrados.

A decisión do maxistrado, interrompendo a exposición dun perito da defensa, reveste extrema gravidade non só por ter resultado censurado deste xeito o depoimento da pericial de descarga senón tamén porque esa interrupción erosiona un dereito constitucional. Coa súa decisión, o maxistrado impediu a contradición da pericial da acusación ao dar por concluída a sesión antes de os letrados das persoas acusadas teren tido ocasión de articular o seu contra-interrogatorio. A esta circunstancia, que erosiona seriamente o dereito constitucional de defensa, hai que acrescentar a belixerante actitude do maxistrado presidente, que dificultou con vehemencia o dereito dos letrados a faceren constar a súa protesta para o recurso de casación.

Á espera da elaboración do relatorio completo sobre o desenvolvemento da vista oral, EsCULcA adianta a sua valoración negativa desta decisión por entender que afecta o núcleo do dereito constitucional de defensa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario