Recibimos este convite e espallamos da xente do PIC (Proxecto Integral Compostela) que, para quen non saiba, dicer que, tal como escreben na sua definición (que colamos da sua web):"Somos veciñas e veciños da bisbarra de Compostela creando un proxecto integral para a nosa comarca. Queremos ser autónomxs das grandes corporacións e mercados que subsidiamos diariamente cos nosos poucos cartos. Non acreditamos nos seus valores e non queremos depender das súas crises. Queremos producir e mercar todo o que fai falta para as nosas vidas - alimentación, vestiario, vivenda, saúde, educación, servizos, tecnoloxía, ... - queremos facelo de xeito ético, local, autoxestionado e informado". Ademais cabe sinalar que, tal como apontan, "este proxecto está concebido como integral, aberto, integrador e transversal, e por iso convidámoste a participar del".
E colamos o seu convite:
O próximo sábado 22 de xuño teremos a xornada formativa e asemblea do PIC en Xixirín (Arzúa). Haberá un obradoiro de pan pola mañán, xantar comunitario e asemblea pola tarde.
Os compañeiros de Xixirín ofrecéronnos a súa casa para organizar esta xornada. Como está en Arzúa temos que organizarnos para ir en coches. En Xixirín teñen un antigo forno de leña co que fan un pan que está boisimo! Así que eles ensinarannos como fan este pan artesán e quen queira pode levar fariña para facer o seu propio bolo.
Mentres se fai o pan, poderemos dar unha volta polos arredores da casa e ó mellor pode dar tempo a facer algún outro traballiño. Como por exemplo, Paula e Javi temos pendente facer unha colmea cuns materiais que teñen en Xixirín e aproveitando que virá
Gabriel o carpinteiro coas súas ferramentas, quizais poidamos polo menos empezala.
Entón, as indicacións importantes son:
-Mandar un correo confirmando asistencia a pic@riseup.net , para saber cantas seremos e organizar os coches.
-Quen dispoña de coche para compartir que avise, enviando tamén un email.
-Quedamos ás 09:00 h. o sábado no Cruceiro de San Pedro para repartirnos nos coches.
-Quen queira facer o seu propio pan que leve fariña. Para un bolo de 1 Kg fai falta algo menos de 1 Kg de fariña. Ten que ser fariña de forza de facer pan, non vale a de repostería. O mellor é comprala directamente nunha panadería. A levadura xa a teñen en Xixirín.
-Para o xantar levade algo para compartir. Quizais tamén vasos, platos e cubertos, por se non chegan os que teñen alí.
E facede difusión para que o grupo vaia medrando!
ORDE DO DÍA DA ASEMBLEA
Moderan: Ana e Zahara
Actividades do día:
10.30-14h: Obradoiro de pan.
14.30: Xantar.
(os horarios son aproximativos, xa que dependerán do tempo que nos leve o obradoiro de pan)
16.00: Asemblea.
16.00: Xogo de presentación para acoller os novos participantes.
16.10: Reparto de funcións: quen toma nota da acta, tempos…
Repaso a última asamblea.
Elección da próxima data e lugar.
Lectura da orde do día.
16.25: Lusco e Fusco.
Mesa informativa: Decidir se imos poñer unha mesa informativa no mercado.
Espazo de Troco: Falar da proposta de integrar o espazo de Troco no PIC.
16.50: Feira de San pedro: Falar da posibilidade de facer un posto informativo en movemento.
17.00: Principios éticos (segunda parte…)
17.20:.Grupos de traballo (moeda e comunicación)
17.50.Avaliación, xogo para rematar a xornada.
Vémonos o sábado!
No hay comentarios:
Publicar un comentario