9 jun 2013

Cartaz en solidariedade con Noelia

Recibimos no noso correo este cartaz en solidariedade con Noelia Cotelo, presa coruñesa participante da campaña CÁRCEL=TORTURA, en loita contra as duras condicións de encerro, e actualmente en folga de fame no cárcere de Albolote (Granada).


Aproveitamos para recordar que, tras conseguir o seu traslado ao cárcere de Albolote dende o de Brieva (en Ávila), onde se atopaba sometida a unha insoportable presión dende instancias penitenciarias (acoso, malleiras e ata intentos de violación...), viuse obrigada a iniciar unha nova folga de fame polo mal trato recibido tamén neste novo penal (irregularidades constantes coa correspondencia e as comunicacións, trato humillante por parte das carcereiras, denegación de cursos aos que ten dereito...).

Leva sen inxerir alimentos dende o 29 de maio, o que motivou unha concentración solidaria o pasado xoves nos xulgados de Granada (máis info na páxina "CÁRCEL=TORTURA" -AQUÍ)

Nova elaborada por C.R. coa info chegada ao noso correo e a atopada pola rede.

No hay comentarios:

Publicar un comentario