3 may 2013

O novo informe do Comité Europeo para a Prevención da Tortura (CEPT) avala a existencia de TORTURAS no estado español

Estes días sairon à luz pública en medios alternativos, duas noticias que dan pé a este titular en Abordaxe:

Beatriz Etxeberria: “No calabozo puxéronme vaselina na vaxina e o ano e despois introducíronme un pau” notícia redactada por X.M.P en Sermos Galiza, na que escrebe que o CEPT dá credibilidade e recolle nun seu informe a violación en calabozos españois desta moza vasca detida en 2011 baixo a acusación de pertencer a ETA. Ademais fala que que un estudo cifra en 3.000 os e as vascas torturadas en comisarías e cuarteis desde a transición até a actualidade.

Madrid escusa que a Garda Civil ocultase os calabozos ao CEPT noticia escrita por Ramón Sola en Naiz.Info, na que da conta de que o informe do CEPT sobre a sua visita ao Estado español en 2011 deixa un outro episodio revelador: a Guarda Civil intentou impedir à delegación o aceso ao cuartel de Guzmán el Bueno, en Madrid, que é xusto no que estivera incomunicada Beatriz Etxebarria, quen fora alá violada e que como tal figura no informe. Ademais di que a CPT tivera que entrar pola porta traseira que foi aberta por un empregado da limpeza, pero o Goberno defende à Guarda Civil.

Así podemos dicer sen errar que O CPT vén de dar unha lección contra a impunidade non só o goberno español, senón tamén aos medios de comunicación do Estado español, dado que este organismo considera “críbel e consistente” as torturas e vexacións denunciadas por estes detidos vascos, entre elas unha especialmente repugnante: Unha violación.

Ademais este dictamen refire na sua páxina 10 que «durante algo máis dunha hora, oficiais da Guarda Civil negaronlles o aceso à zona de detención do cuartel de Guzmán el Bueno, aducindo que o edificio estaba fora de uso», se ben é sabido que prácticamente todas as persoas detidas às que se lle aplica incomunicación son trasladadas a estas dependencias. O «sainete» aumenta ao comprobar que a Guarda Civil indicara aos enviados europeos que non había chaves do edificio e finalmente, o Comité explica que «a delegación consiguira encontrar unha porta traseira, que lles abriu dende dentro un encargado da limpeza».

Como dixemos dende Madrid xa se respondeu a ese informe da CEPT dicindo que todo era unha gran mentira e que no Estado español non se tortura. O organismo europeo retrucoulle pedindo que se investiguen as denuncias e os feitos.

Noticia redactada por eDu

Enlaces as notícias à ìntegra:

- Beatriz Etxeberria: “No calabozo puxéronme vaselina na vaxina e o ano e despois introducíronme un pau”

- Madrid escusa que a Garda Civil ocultase os calabozos ao CEPT

No hay comentarios:

Publicar un comentario